Centros históricos de Berat e Gjirokastër

Patrimonio da Humanidade en Albania

Os centros históricos de Berat e Gjirokastër (en albanés: Qendrat historike të Beratit dhe Gjirokastrës) son un conxunto histórico que abrangue as cidades de Berat e Gjirokastër, no sur de Albania. Gjirokastër foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2005, mentres que Berat foi engadido como unha extensión do sitio en 2008.[1][2] Están inscritas como exemplos raros da arquitectura típica do período otomán.[3]

Centros históricos de Berat e Gjirokastër
Vistas de Gjirokastër.
Localización dos sitios de Berat e Gjirokastër en Albania.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Albania
LocalizaciónCondado de Vlorë
TipoCultural
Criteriosiii, iv
Inscrición2005 (XXIX sesión)
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador569

Berat é coñecida como a cidade das mil fiestras e considérase un dos tesouros arquitectónicos de Albania. Aínda son evidentes vestixios ben conservados na cidade dos ilirios, dos gregos, dos romanos, dos bizantinos e dos otománs, con castelos e mansións, antigas igrexas e mesquitas e impresionantes pinturas murais.[4][5] Ao longo dos séculos, Berat foi o lugar onde conviviron en paz diversas relixións e comunidades.

Gjirokastër, coñecida como a cidade de pedra, esténdese no lado empinado do val do río Drino, con vistas á paisaxe histórica cunha pintoresca arquitectura de pedra enmarcada por montañas a cada lado. Como a maioría das outras cidades de Albania, Gjirokastër posúe tesouros arquitectónicos de varias civilizacións que previamente conquistaron a rexión.

Galería de imaxes editar

Berat

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar