Patrimonio da Humanidade en Albania

artigo de listas da Wikimedia

Localización dos sitios de Albania na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Albania, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Albania ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 10 de xullo de 1989, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

No ano 2022, había catro sitios de Albania inscritos na lista e outros catro sitios máis na lista de candidaturas.[4] O primeiro sitio de Albania que se engadiu á lista foi a antiga cidade de Butrint, que foi inscrita na XVI sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1992.[5] O centro histórico de Gjirokastër foi inscrito en 2005 como Cidade-Museo de Gjirokastra.[6] En 2008, o centro histórico de Berat foi engadido ao sitio para formar os centros históricos de Berat e Gjirokastër.[7][8] En 2017, as rexións do río Gashi e Rrajcë foron incluídas como parte dos faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa, os cales se distribúen por 17 países máis.[9] En 2019, o sitio patrimonio natural e cultural da rexión de Ohrid, que é Patrimonio da Humanidade en Macedonia do Norte dende 1979, ampliouse para incluír a parte da costa albanesa.[10]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade editar

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Albania
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[11]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización (condado) Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Butrint   Vlorë 1992 570; iii (cultural) Butrint (en latín: Buthrōtum) foi unha cidade da Grecia antiga, despois unha cidade romana e sede dun bispado romano tardío. Despois dun período de abandono foi ocupada polos bizantinos, os anxevinos e polos venecianos. Finalmente foi abandonada a finais da Idade Media. Os sitios arqueolóxicos destacados inclúen un teatro grego, un baptisterio tardío, unha basílica do século IX e fortificacións dende o período da colonia grega até a Idade Media.[5]
02 Centros históricos de Berat e Gjirokastër   Berat e Gjirokastër 2005 569; iii, iv (cultural) Berat e Gjirokastër foron inscritas como exemplos raros dunha arquitectura típica do período otomán. Berat testemuña a convivencia de diversas comunidades relixiosas e culturais ao longo dos séculos. Presenta un castelo, a maior parte construído no século XIII, aínda que as súas orixes se remontan ao século -IV. A zona da cidadela ten moitas igrexas do período bizantino, principalmente do século XIII, así como varias mesquitas construídas no século XV. Gjirokastër presenta unha serie de casas de dúas plantas que foron construídas no século XVII. A cidade tamén conserva un bazar, unha mesquita do século XVIII e dúas igrexas da mesma época. Gjirokastër foi inscrita orixinalmente en 2005 e Berat engadiuse ao sitio en 2008.[7]
03 Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa*   Kukës e Elbasan 2017 1133; ix (natural) Este sitio transnacional (compartido entre 18 países europeos) abrangue o río Gashi en Tropojë, no nordeste de Albania, e os antigos bosques de faias de Rrajcë en Perrenjas, no centro de Albania. Demostran o proceso de expansión posglacial destes bosques e presentan os patróns ecolóxicos máis completos e as masas forestais puras e mixtas de faia europea a través dunha gran variedade de condicións ambientais. O sitio foi catalogado orixinalmente en 2007 e ampliouse tres veces, sendo incluídos os bosques de Albania en 2017.[9]
04 Patrimonio cultural e natural da rexión de Ohrid*   Korçë 2019 i, iii, iv, vii
(mixto)
Esta é a extensión do sitio que se inscribiu en Macedonia do Norte dende 1979.[10] A área arredor da cidade de Pogradec, nas beiras do lago de Ohrid, foi habitada polos ilirios no século -V, seguidos polos romanos e os eslavos. Os restos da vía romana Via Egnatia son evidencias dunha importante vía de paso na rexión. As ruínas da Igrexa paleocristiá de Lin xunto cos seus mosaicos de chan revelan a presenza do cristianismo. O centro histórico de Pogradec representa un exemplo da arquitectura vernácula albanesa dos séculos XIX e XX.[12]

Lista de lugares candidatos editar

Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[13] No ano 2022, Albania tiña catro lugares na súa lista de candidatos.[14]

Nome Imaxe Localización (condado) Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
Anfiteatro de Durrës   Durrës 1996 v
(cultural)
O anfiteatro romano de Durrës foi o máis grande dos Balcáns. O anfiteatro ten forma elíptica co eixo máis longo de 136 m e tiña 20 m de altura. Tiña unha capacidade de até 20.000 espectadores. Despois do século IV, o anfiteatro deixou de cumprir o seu propósito e foi abandonando progresivamente. As escavacións sistemáticas no lugar comezaron en 1966.[15]
Tumbas reais de Selca e Poshtme   Korçë 1996 iii
(cultural)
As tumbas ilirias están situadas preto da cidade de Pogradec, na aldea de Selcë e Poshtme. A maioría das tumbas creáronse no século -III e foron esculpidas na rocha. Construídas inicialmente para os reis ilirios, algunhas das tumbas foron posteriormente reutilizadas.[16]
Antiga cidade de Apolonia   Fier 2014 ii, iii, x
(mixto)
A cidade de Apolonia foi fundada probablemente no século -VI por colonos gregos de Corfú e Corinto. A cidade floreceu no século -IV e foi un importante centro comercial e económico, unha das cidades máis importantes da conca do mar Adriático. Durante a época romana, foi unha das portas da Via Egnatia. Ao longo da súa existencia, a cultura e o desenvolvemento xeral da cidade mantiveron un claro carácter grego mantendo unha estreita relación co interior ilirio. A cidade foi abandonada durante a época medieval.[17]
Fortaleza de Bashtovë   Tirana 2017 iv
(cultural)
Segundo as fontes do Imperio Otomán, o castelo foi construído polos venecianos para protexer rutas comerciais importantes. Os otománs conquistárono en 1478 e fixeron máis modificacións estruturais. O castelo tiña planta rectangular, 60 m por 90 m, e tiña tres entradas. Aínda hoxe se conservan dúas torres circulares e unha rectangular.[18]

Notas editar

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "Albania". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "Butrint" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  6. "Museum-City of Gjirokastra" (PDF). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 "Historic Centres of Berat and Gjirokastra" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  8. "UNESCO World Heritage Centre – Three new sites inscribed on UNESCO's World Heritage List". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Ancient and Primeval Beech Forests of the Carpathians and Other Regions of Europe" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  10. 10,0 10,1 "Natural and Cultural Heritage of the Ohrid Region". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2019. 
  11. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  12. "Natural and Cultural Heritage of the Ohrid Region". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  13. "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  14. "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists: Albania". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 
  15. "L'amphithéâtre de Durres" (en francés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  16. "Les tombes de la Basse Selca" (en francés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  17. "The Ancient City of Apollonia" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  18. "The Castle of Bashtova" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar