Encoro das Forcadas

Coordenadas: 43°36′57″N 8°05′06″O / 43.6158981323, -8.08504009247

O encoro das Forcadas foi construído en 1966 na cunca do río Forcadas, concello de Valdoviño (Provincia da Coruña) para fornecer de auga á comarca de Ferrolterra. O encoro é propiedade do Concello de Ferrol e está xestionado por Emafesa. O concello de Ferrol paga ao de Valdoviño en concepto de Imposto de Bens Inmobles 268,79 euros anuais[1].

Presa, encoro das Forcadas.
Vista do encoro.

Hidroeléctrica de FerreríasEditar

Artigo principal: Megasa.
 
Estrada sobre a coroación do encoro.

As orixes da eléctrica de Ferrerías e o aproveitamento eléctrico do río Forcadas son de Bartolomé Freire Lago, fundador de Megasa. O elevado consumo de electricidade do forno eléctrico e a falta de subministración local fai que os irmáns Freire decidan a construción dunha central hidroeléctrica. A central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) para abastecer MEGASA constrúese no río das Forcadas por concesión do 2 de xuño de 1956 cun caudal de 1.200 l/s nun salto de 136,5 m. Unha condución de tres quilómetros de lonxitude, cun tramo intermedio de cerca de setecentos metros en túnel. A nova central ten unha potencia instalada de 1.320 kW transportada nunha nova liña eléctrica ata Xuvia.

Hidroeléctrica das Forcadas conectaríase posteriormente á rede eléctrica de FENOSA, cando ampliou as súas instalacións e conectáronse os saltos do Eume en 1960 e Belesar en 1963.

A captación de auga para a hidroeléctrica de Ferrerías está unhas ducias de metros augas abaixo do encoro das Forcadas (construído en 1960). O encoro das Forcadas tiña unha capacidade de 8 hm³, ampliado en 1980 ata os actuais 11 hm³. Este novo encoro alterou de maneira significativa a dinámica fluvial augas abaixo do encoro e as condicións de funcionamento e explotación da hidroeléctrica de MEGASA que pechou en 1965. Entón a produción media anual era duns 3.100 MWh.

O edificio da central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) é de planta rectangular e está moi preto da estrada Ferrol-Cedeira, na desembocadura do río Forcadas na ría de Cedeira. A empresa Hidrospan SA puxo de novo en funcionamento a central na década de 1980 con financiamento de SODIGA e co nome de Hidroeléctrica del Forcadas SA.

Despois dos estudos o caudal da central de Ferrerías fixouse nun m³/s para un salto bruto de 137 m. A potencia fixada foi de 1.310 kW de potencia nominal e dous grupos turbina-alternador cun total de 1.967 kW instalados nunha turbina Francis de 1.310 kW e unha turbina Pelton de 657 kW[2].

Encoro das ForcadasEditar

 
Encoro das Forcadas.
Encoro das Forcadas
Superficie do encoro 151 Ha
Capacidade do encoro 11 hm³
Altura da presa 21 m
Lonxitude da presa 182 m
Hidroeléctrica del Forcadas
Potencia 1.967 kW

Ao redor do encoro hai unha estrada de 12 km que o percorre na súa totalidade. No encoro pódese facer diversas actividades de lecer:

  • Pesca, a pé na ribeira ou en embarcacións sen motor.
  • Vela lixeira. Hai club náutico e escola de vela, piragüismo e remo.
  • Barranquismo nos ríos que fornecen o encoro.
  • Fotografía. Na contorna hai diversas especies de aves.

ServizoEditar

O encoro das Forcadas xestionado por EMAFESA fornece aos concellos de Ferrol, Narón, Fene, Neda, Valdoviño, Mugardos e Ares. Nestes concellos tamén hai captacións para usos específicos como a que fornece a Neda do río Belelle ou a do río Xuvia en Narón que non se emprega. Valdoviño ten ETAP propia no Cameleiro. A auga do encoro das Forcadas chega por 17,4 km de conducións á ETAP de Catabois (Ferrol) para ser potabilizada[3]. O ciclo da auga remata na EDAR de Cabo Prioriño (Ferrol).

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar