Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°27′47″N 8°20′25″O / 43.46317, -8.34039

EDAR de Cabo Prioriño
EDAR de Cabo Prioriño Ferrol.jpg
Vista xeral
Concellos Ferrol, Narón e Neda
Construción Acciona, Suez Environnement
Inauguración
Poboación 200.000 habitantes
Xestión Emafesa (ACS)
Propiedade Concello de Ferrol
Tipoloxía Depósito de tormentas e regulación de caudal, pretratamento, decantación primaria e lamear, biofiltración, tratamento de lamas, desodorización
Verte ao Océano Atlántico
Estacións de bombeo A Graña (Ferrol)
A Gándara (Narón)
O Cadaval (Narón)
Páxina web
-

A EDAR de Cabo Prioriño é unha estación depuradora de augas residuais situada en Ferrol, preto do porto exterior e na entrada da ría de Ferrol. É empregada para o tratamento das augas de Ferrol, Narón e Neda.

DescriciónEditar

A planta foi construída nun desmonte da outra banda do porto exterior de Ferrol. As augas residuais da banda dereita da ría de Ferrol chegan a ela dende unha estación de bombeo na Graña por un túnel de máis de 7 km. As augas tratadas vértense ao océano por un emisario submarino.

A obra custou 36 859 331,76 euros pagados nun 85 % pola Unión Europea e o outro 15 % por Augas de Galicia[1]

En agosto de 2015 o concello de Ferrol fixo público que a EDAR despois dun ano da inauguración non era quen de tratar as augas residuais vertendo ao océano sen completar o tratamento[2].

Galería de ImaxesEditar

Imaxes da EDAR de Cabo Prioriño
Colector EDAR Cabo Prioriño na Gándara, Narón. 
Tubaxe A Gándara O Cadaval. 

NotasEditar

Véxase taménEditar