Elina Molins

Pintora viguesa

Elina Molins Fernández, nada en Vigo en 1875 e finada na mesma cidade en xuño de 1956, foi unha pintora galega.

Modelo:BiografíaElina Molins

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1875 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Mortexuño de 1956 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor en Wikidata
Influencias
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Filla do comerciante Pedro Mártir Molins Pascual e de Emma Fernández Chao, sendo nena, trasladouse a Londres, a estudar na La Sainte Union Catholic School. De volta, tomou leccións de pintura con Francisco Pradilla (o seu padriño), que pasaba temporadas en Vigo por estar casado con Dolores González Villar, filla do práctico do porto da cidade. Formouse tamén co sevillano José García y Ramos e co soriano Maximino Peña.[1][2]

En 1899 casou e deixou de participar en exposicións. O marido, o comerciante Ramón Menacho Miranda (1865-1916),[3] que era propietario do chalé La Chicharra, en Rande,[4] montou un negocio de subministración de carbón para buques, na Ría de Vigo. Menacho morreu prematuramente por unha anxina de peito.

Elina finou en Vigo en xuño de 1956, aos 80 anos de idade.[5] O total da súa obra pictórica está en mans particulares, da familia.

Recoñecemento póstumo

editar

A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego exhibiu obra súa, canda a da súa curmá Blanca Chao Sedano, filla de Alejandro Chao, nunha exposición temporal, de 73 pezas (incluíndo pinturas, documentos, fotografías…), titulada Pinceladas do esquecemento, artistas viguesas no século XIX. Inicialmente prevista do 28 de xullo de 2023 ao 21 de xaneiro de 2024 e despois ampliada ata o 24 de abril, foi comisariada por José Luís Mateo Álvarez.[6][7] Nos actos asociados, o alcalde Abel Caballero manifestou a intención de dedicarlle o nome dunha rúa da cidade.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar