Eladio Marcos Rodríguez

mestre e pintor galego

Eladio Marcos Rodríguez, coñecido como Marcos da Abeleda, nado en Doade (Sober) en 1908 e finado en Ourense o 14 de xullo de 2000, foi un mestre e pintor galego.

Infotaula de personaEladio Marcos Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Doade, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xullo de 2000 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMarcos da Abeleda Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , pintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orfo aos tres meses, foi criado en Abeleda (A Teixeira) pola súa avoa materna. Un tío médico emigrado en Cuba envioulles cartos para que Eladio puidera estudar. Rematou o bacharelato en Ourense e marchou a Madrid onde traballou nun taller de decoración e foi á Escola de Artes e Oficios. Fixo o servizo militar en África e pasou un curso intensivo de Maxisterio para converterse en mestre. Foi destinado á escola de Santa Tegra de Abeleda de Castro Caldelas. Escribiu poemas que apareceron en Vida Gallega, La Región e Faro de Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído do seu cargo. Debido á súa experiencia militar como sarxento, en Ceuta, chamárono para facer de instrutor de recrutas en Ourense. Despois foi destinado a Asturias, onde coñeceu a Fina Priedes, unha rapaza que acababa de saír da cadea e coa que casou ao rematar a guerra. Con ela instalou unha academia en Monforte de Lemos. Foi pintor e debuxante, realizando varias exposición en 1945. A súa academia foi pechada por orde gobernativa en 1948. Exiliouse en Buenos Aires coa súa familia en xaneiro de 1949. Na Arxentina fixo retratos, sendo famosos o de Uxío Carré Aldao, do Centro Gallego, e o de Alberto García Ferreiro do Centro Orensano. Retornou en 1975 e conseguiu a reincorporación no ensino, sendo destinado ao Colexio Público de Ribadavia e logo a Barbantes. Ao xubilarse instalouse en Ourense.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar