Exército de Terra de España

(Redirección desde «Ejército de Tierra de España»)

O Exército de Terra é a rama terrestre das Forzas Armadas de España, un dos exércitos en actividade máis antigos do mundo (século XV). Ten o seu Cuartel Xeral no Palacio de Buenavista de Madrid, situado na céntrica Praza de Cibeles, fronte ao Banco de España. Actualmente o Exército de Terra de España conta con aproximadamente 135.000 efectivos.

Exército de Terra de España
Ejército de Tierra
Escudo do Exército de Terra
PaísEspaña España
Tipoexército de terra

Conxuntamente coa Armada e o Exército do Aire, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.

Organización e estrutura

editar
 
Futura estrutura do Exército de Terra.

Actualmente as Forzas Armadas Españolas atópanse nun proceso de reestruturación. Con esta reestruturación preténdese adecuar a organización ao número de efectivos dispoñibles, concentrar as unidades nun número menor de localizacións, actualizar normas e procesos, reducir os niveis administrativos, suprimir estruturas redundantes e potenciar as capacidades das forzas mediante tecnoloxías avanzadas.[1]

Esta reorganización afectará a sesenta unidades, das cales trinta e tres serán disoltas e vinte e tres transformadas. Das disoltas, vinte e catro serán batallóns.[2]

Do mesmo xeito que a Armada e o Exército do Aire, o Exército de Terra está composto por:

  • O Cuartel Xeral: fórmao o conxunto de órganos que encadran os medios humanos e materiais necesarios para asistir ao xefe do Estado Maior no exercicio do mando sobre o seu exército.
  • A Forza: é o conxunto de recursos humanos e materiais que se agrupan e organizan co labor principal de prepararse para a realización das operacións militares.
  • O Apoio á forza: son aqueles órganos responsables da dirección, xestión, administración e control dos recursos humanos, materiais e financeiros, asignados ao Exército.

A Forza

editar
 
Cabo lexionario, 1946.

A nova organización da Forza ten unha estrutura máis simplificada, coas brigadas como elemento principal. Deste xeito soluciónase o problema da existencia de unidades que non contaban cun número suficiente de efectivos e medios. Esta organización é máis flexible, ten un único mando e potencia as unidades lixeiras con maior capacidade de mobilidade e proxección.

 
Entrada do Cuartel Xeral do Exército, en Madrid.

A Forza está formada polas seguintes unidades:[3]

O Apoio á forza

editar

O Apoio á forza do Exército está composto por:

  • Mando de Apoio Loxístico do Exército
  • Mando de Persoal
  • Mando de Adestramento e Doutrina
  • Inspección Xeral do Exército
  • Dirección de Asuntos Económicos

Corpos do Exército

editar

O persoal do Exército distribúese en catro corpos:

  • Corpo Xeral das Armas (CGA)
  • Corpo de Intendencia (CINT)
  • Corpo de Enxeñeiros Politécnicos (CIP)
  • Corpos de Especialistas (CE)

O Corpo Xeral das Armas divídese en especialidades fundamentais:

  • Infantaría
  • Cabalaría
  • Artillaría
  • Enxeñeiros

Corpos comúns das Forzas Armadas.

Unidades e centros con emblema específico.

Empregos

editar

No Exército de Terra español existen os seguintes empregos, de acordo coa clasificación de rangos da OTAN, á cal España pertence.

Código OTAN OF-10 OF-9 OF-8 OF-7 OF-6 OF-5 OF-4 OF-3 OF-2 OF-1 OF-D Oficial cadete
  España
 
Capitán Xeneral
 
Xeneral de Exército
 
Teniente General
 
General de División
 
General de Brigada
 
Coronel
 
Teniente Coronel
 
Comandante
 
Capitán
 
Teniente
 
Alférez
 
Alférez
 
Caballero Cadete Primer Curso
Capitán Xeneral1 Xeneral de Exército2 Tenente Xeneral Xeneral de División Xeneral de Brigada Coronel Tenente Coronel Comandante Capitán Tenente Alférez Alférez Cadete Cadete

1 Ostentado por S.M. o Rei como parte das súas funcións constitucionais.
2 Ostentado polo JEME e o JEMAD, se pertence ao Exército de Terra.

Código OTAN OR-9 OR-8 OR-7 OR-6 OR-5 OR-4 OR-3 OR-2 OR-1
  España                    
Suboficial maior Subtenente Brigada Sarxento Primeiro Sarxento Cabo Maior Cabo Primeiro Cabo Soldado de primeira Soldado

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar