Don Giovanni (ópera)
Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni (en galego O libertino castigado ou Don Xoán) é unha ópera en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado no personaxe literario de Don Juan.
Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni O libertino castigado ou Don Xoán | |
---|---|
Cartel da función do 23 de setembro de 1788. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Lorenzo da Ponte |
Fontes literarias | baseado no libreto de Giovanni Bertati para Giuseppe Gazzaniga dunha ópera de 1787[1] |
Estrea | 27 de outubro de 1787 |
Teatro da estrea | Teatro de Praga |
Lugar da estrea | Praga |
Duración | 2 horas 45 minutos |
Música | |
Compositor | Wolfgang Amadeus Mozart |
Orquestración | 1 clavicémbalo 1 mandolina 1 timbal 2 frautas 2 óboes 2 clarinetes 2 fagots 2 trompas 2 trompetas 3 trombóns Instr. de cordas: * violíns (primeiros e segundos) * violonchelos * violas * contrabaixos |
Personaxes | |
Historia
editarFoi estreada no Teatro da Ópera Italiana de Praga (actualmente denominado Teatro Estatal de Praga) o 29 de outubro de 1787[2] baixo a batuta do propio compositor. O libreto de Da Ponte foi considerado por moitos na época como dramma giocoso, un termo que denota unha mestura de acción cómica e seria. Mozart incluíu a obra no seu catálogo como "opera buffa". Aínda que ás veces sexa clasificada como cómica, mestura comedia, melodrama e elementos sobrenaturais.
Como obra destacada do repertorio operístico estándar, aparece como o número sete na lista Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo,[3] e a terceira de Mozart. Foi ademais un tema moi froitífero para escritores e filósofos.
Instrumentación
editar- 1 clavicémbalo (para recitativo)
- 1 mandolina
- 1 timbal
- 2 frautas
- 2 óboes
- 2 clarinetes
- 2 fagots
- 2 trompas
- 2 trompetas
- 3 trombóns
- Instr. de cordas: violíns (primeiros e segundos), violonchelos (para recitativo), violas e contrabaixos
Personaxes
editarPersonaje | Tesitura | Elenco da estrea mundial o 29 de outubro de 1787[4] Director: Wolfgang Amadeus Mozart |
Elenco na estrea en Viena o 7 de maio de 1788[5] Director: Wolfgang Amadeus Mozart |
---|---|---|---|
Don Giovanni, un xove nobre extremadamente licencioso | barítono | Luigi Bassi | Francesco Albertarelli |
Leporello, servinte de Don Giovanni | baixo | Felice Ponziani | Francesco Benucci[6] |
Il Commendatore (Don Pedro) | baixo | Giuseppe Lolli | Francesco Bussani |
Donna Anna, fixa, prometida de Don Ottavio | soprano | Teresa Saporiti | Aloysia Weber[7] |
Don Ottavio | tenor | Antonio Baglioni | Francesco Morella |
Donna Elvira, unha dama de Burgos abandonada por Don Giovanni | soprano | Katherina Micelli | Caterina Cavalieri[8] |
Masetto, un campesiño | baixo[9] | Giuseppe Lolli | Francesco Bussani |
Zerlina, prometida de Masetto | soprano | Caterina Bondini[10] | Luisa Mombelli |
Coro: campesiños, servintes, damas, músicos, demos |
Notas
editar- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 116–117. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ O teatro é mencionado como o Teatro di Praga no libreto para a estrea de 1787 (Deutsch 1965, 302–303); para o nome actual do teatro véxase "The Estates Theatre" Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. na páxina web do Teatro Estatal de Praga.
- ↑ Opera Statistics
- ↑ Elenco da estrea de Casaglia (2005)
- ↑ Deutsch 1965, 313
- ↑ Benucci foi o primeiro Fígaro en Le nozze di Figaro.
- ↑ Weber, cuñada de Mozart, cantou con frecuencia nas súas obras.
- ↑ Cavalieri foi a primeira Konstanze en Die Entführung aus dem Serail.
- ↑ O papel é frecuentemente cantado por barítonos
- ↑ Abert, Spencer, Eisen: W. A. Mozart
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |