Abrir o menú principal

Die ägyptische Helena (en galego A Helena exipcia) é unha ópera en dous actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal, sendo a quinta e penúltima colaboración do libretista austríaco e compositor alemán. A súa estrea tivo lugar na Semperoper de Dresden o 6 de xuño de 1928 baixo a dirección de Fritz Busch.

FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaHugo von Hofmannsthal
Fontes literariasElectra de Sófocles
Estrea6 de xuño de 1928
Teatro da estreaSemperoper
Lugar da estreaDresden
Duración2 horas 15 minutos
Música
CompositorRichard Strauss
Personaxes

Helena (soprano)
Menelas (tenor)
Hermione (soprano)
Aithra (soprano)
Altair (barítono)
Da-Ud (tenor)
Die allwissende Muschel (contralto)

Índice

LibretoEditar

A ópera está baseada na lenda grega de Helena de Troia e o seu legado, o conflito épico de dez anos coñecido como a Guerra de Troia. Helena foi "a cara que activou a mil navíos". A súa lendaria beleza e a contenda entre o seu marido grego e o seu amante troiano levaron as dúas nacións a combateren amargamente durante máis dunha década. A pesar de non haber unha única fonte dominante sobre os acontecementos da Guerra de Troia, hai aínda menos sobre que pasou con Helena e Menelao, logo de que a parella marchase de Troia. Esta ópera de Strauss e Hofmannsthal é unha de tantas versións.

TraxectoriaEditar

Como inspiración para a historia, Hofmannsthal empregou fontes como Eurípides e Estesícoro. Estreouse o 6 de xuño de 1928 na Semperoper de Dresden, sendo Fritz Busch o director da orquestra. Strauss escribira o papel titular pensando en Maria Jeritza mais, creando bastante sensación na época, a administración da ópera de Dresden rexeitou pagar os enormes honorarios de Jeritza e no seu lugar seleccionou a Elisabeth Rethberg como Helena de Troia.[1] Jeritza ao final interpretou a obra en Viena e Nova York.

Strauss fixo trocos na ópera en 1933, cinco anos despois da estrea, traballando con Lothar Wallenstein e o director Clemens Krauss.[2][3] Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só 3 representacións no período 2005-10.[4]

PersonaxesEditar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 6 de xuño de 1928
(Director: Fritz Busch)
Helena, muller de Menelas. soprano Elisabeth Rethberg
Menelas. tenor Curt Taucher
Hermione, súa filla. soprano Anneliese Petrich
Aithra, a filla do rei exipcio: unha feiticeira. soprano Maria Rajdl
Altair. barítono Friedrich Plaschke
Da-Ud, seu fillo. tenor Guglielmo Fazzini
Dous serventes de Aithra. soprano,
mezzosoprano
Erna Berger, Sigrid Rothermel
Catro elfos. dúas sopranos,
dúas contraltos
Angela Kolniak, Eva Johnn, Elfriede Haberkorn, Sigrid Rothermel
Die allwissende Muschel, a omnisciente cuncha mariña. contralto Helene Jung

ArgumentoEditar

Acto IEditar

O pasado mitolóxico

No seu pazo isleño, a feiticeira Aithra espera en van o regreso de Poseidón. A cuncha mariña omnisciente dille que aínda que Poseidón está lonxe, permanece firmemente namorado dela. A cuncha fala entón dun barco no que a muller máis fermosa do mundo, Helena de Troia, está a piques de ser asasinada polo seu home, Menelas. Para salvar a muller, Aithra conxura unha treboada instantánea para facer naufragar os pasaxeiros, que axiña chegan á beira e aparecen no pazo. Helena estivera tratando de salvar o seu matrimonio, mais Menelas non pode perdoala pola súa traizón con Paris a comezos da Guerra de Troia. Amargamente, impediu á súa filla, Hermione, coñeza a súa propia nai. En terra, Menelas novamente planea acoitelar a súa dona, pero a visión da súa beleza á luz da lúa fai que dubide. Para asegurarse de que el non a mate, Aithra invoca os elfos para o atormentaren, facéndolle crer que o seu rival Paris está presente, e el apresúrase a enfrontarse co seu espectro. Daquela, a maxia de Aithra axuda a Helena a recuperar a súa beleza xuvenil orixinal e unha bebida de loto fai desaparecer a súa ansiedade. As serventas lévana a outra habitación.

Mentres Menelas regresa, alporizándose por ter sido sorprendido, Aithra dálle unha bebida calmante. Ao escoitar as súas emocións cara á súa dona, a feiticeira tenta dicirlle que nove anos antes, cando el perdera a Helena en favor de Paris, os deuses realmente empregaron un truco para enganar a Paris e a auténtica Helena estaba agochada no castelo do pai de Aithra nas abas do Atlas. Alí permanece ela, adormecida, agardando que o seu esposo a despertar; a muller na habitación próxima é a falsa. Aithra roga para transportar a Menelas con maxia ao castelo. Sorprendido e dubidando, réndese devagar á idea de que a Helena orixinal lle será devolta. Nun pavillón ao pé da montaña, os dous poden reunirse. Aithra suxire que beba a poción de loto para manter afastados os recordos perturbadores.

Acto IIEditar

No pavillón, Helena acorda e saúda a segunda noite de vodas da parella ("Zweite Brautnacht"). Menelas, espertándose tamén, aínda desconfía dos seus sentidos. A súa muller tenta suavizalo con máis bebida de loto, pero el colle a súa espada, que revive os seus recordos. É esta muller real ou unha ilusión? Xinetes do deserto aparecen, e Altair, príncipe das montañas, inclínase fronte a Helena, ofrecendo agasallos; o seu fillo Da-ud únese alabando a súa beleza. A escena lémbralle a Menelas unha celebración troiana en honor de Helena, mais tenta ocultar os seus celos cando Altair e Da-ud o invitan a unirse a unha partida de caza. Despedíndose de Helena, e aínda inseguro da súa identidade, marcha a cazar. Aithra aparece como unha das serventas e advirte a Helena de que un dos viais que empaquetou contén unha poción do esquecemento, pero a outra ten unha poción de recordos. Contra a forte advertencia de Aithra, Helena declara que as súas lembranzas serán necesarias para salvaren o seu matrimonio; a fantasía de volver a un pasado impoluto non é unha.

A un sinal de Helena, as doncelas retíranse cando Altair regresa, cortexándoa abertamente e convidándoa a un banquete no seu honor. Mesmo cando chega a nova de que Menelas matou a Da-ud durante a caza, Altair segue co seu cortexo. Marcha, no entanto, cando traen o corpo do mozo, seguido por Menelas, quen permanece confundido, crendo que é a Paris a quen matou. Após desafiar o consello de Aithra, Helena ordena a poción de recolección preparada mentres o tempo da festa se acerca. Menelas imaxina agora que a verdadeira Helena morreu, e decide unirse a ela na morte; a Helena que está perante el seguramente sexa o espectro. Cando el colle o que cre que é a poción da morte, ve a morta Helena como a que está viva: as dúas están unidas. Altair e ás súas cohortes collen e separan a parella, mais Aithra revela unha falanxe dos soldados de Poseidón, quen están escoltando a nena Hermione. Recoñecendo a Aithra a feiticeira, Altair cede ante o seu poder. Hermione, reunida ao fin con seus pais, irá a casa con eles para comezaren a súa vida xuntos.

OrquestraciónEditar

Aínda que non é tan densa e magmática como a orquestración Elektra e Salomé, é aínda importante, requerindo de:

Músicos en escena:

6 óboes, 6 clarinetes, 4 trompas, 2 trompetas, 4 trombóns, timbais, 4 ferriños, 2 pandeiretas, máquina de vento

GravaciónsEditar

Ano Elenco
(Helena,
Menelaus,
Aithra,
Altair)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[5]
1956 Leonie Rysanek,
Bernd Aldenhoff,
Annelies Kupper,
Hermann Uhde
Joseph Keilberth,
Orquestra e Coro da Ópera Estatal de Viena
Audio CD: Opera d'Oro
Cat: OPD 1381
1970 Gwyneth Jones,
Jess Thomas,
Mimi Coertse,
Peter Glossop
Josef Krips
Wiener Philharmoniker e Coro da Ópera Estatal de Viena
(Gravado nunha representación na Ópera Estatal de Viena o 5 de decembro)
Audio CD: RCA
Cat: 74321 69429-2
1979 Gwyneth Jones,
Matti Kastu,
Barbara Hendricks,
Willard White
Antal Dorati,
Detroit Symphony Orchestra e Kenneth Jewell Chorale
Audio CD: Decca (London)
Cat: 430 381-2
2001 Vitalija Blinstrubyte,
Stephen O'Mara,
Giulia Mattana,
Johannes von Duisburg
Gérard Korsten,
Orquestra e Coro de Teatro Lirico di Cagliari
Audio CD: Dynanmic
Cat: CDS 374/1-2
2002 Deborah Voigt,
Carl Tanner,
Celena Shafer,
Christopher Robertson
Leon Botstein,
American Symphony Orchestra e New York Concert Chorale
(Gravación dunha versión de concerto no Avery Fisher Hall o 6 de outubro)
Audio CD: Telarc
Cat: CD 80605

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, New York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4

Ligazóns externasEditar

Gravacións de son: