Diana Morant

política socialista española

Diana Morant Ripoll nada en Gandía, Valencia, o 25 de xuño de 1980 é unha política española. Iniciou a súa carreira política no Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) o 11 de xuño de 2011 e, en 2014, converteuse en Secretaria Xeral do PSPV en Gandía. Foi alcaldesa de Gandía (Valencia) desde o 13 de xuño de 2015 até que o 10 de xullo de 2021 foi nomeada Ministra de Ciencia do Goberno de España trala remodelación do Goberno de España.

Infotaula de personaExcelentísima Señora Editar o valor em Wikidata
Diana Morant

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Diana Morant Ripoll Editar o valor em Wikidata
25 de xuño de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Gandia, España Editar o valor em Wikidata
General Secretary PSPV (en) Traducir
23 de marzo de 2024 –
← Ximo Puig
Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades
12 de xullo de 2021 –
← Pedro Duque
Deputy of Valencia province (en) Traducir
xullo de 2015 – maio de 2017 (renúncia (pt) Traducir)Salvador Femenia Peiró (en) Traducir →
Alcaldesa de Gandía
13 de xuño de 2015 – 11 de xullo de 2021
← Arturo TorróJosé Manuel Prieto Part (pt) Traducir →
City councillor of Gandia (en) Traducir
11 de xuño de 2011 – 11 de xullo de 2021
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Valencia
Actividade
Ocupaciónpolítica , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Páxina webdianamorant.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: DianaMorantRipoll Twitter: DianaMorantR Instagram: diana.morant LinkedIn: dianamorantripoll Youtube: UCLb8o1A_d0x6JjThRtUVU3Q Editar o valor em Wikidata

Tamén foi deputada na Deputación de Valencia dende xullo de 2015 a maio de 2017.[1]

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Diana Morant naceu en Gandía no seo dunha familia na que é a maior de dúas irmás. Viviu durante a súa infancia dacabalo entre o barrio gandiense de Corea e a Praia de Gandía, onde pasaba longas tempadas coa súa familia. Estudou Educación Xeral Básica (EXB) no colexio Abat Solà de Gandía e, máis tarde, cursou o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) e o Curso de Orientación Universitaria (COU) no Instituto María Enríquez de Gandía. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Valencia, obtendo a titulación en 2007.

Carreira política editar

Tras varios anos exercendo a súa carreira profesional como enxeñeira, en febreiro de 2011, foi convidada polo entón alcalde de Gandía, José Manuel Orengo Pastor, a formar parte da candidatura do PSPV-PSOE de Gandía nas eleccións locais do 24 de maio de 2011. Na candidatura, ocupou o posto número 5 na lista electoral. Naquelas eleccións, o PSPV-PSOE obtivo 10 concelleiros, sendo nomeada oficialmente concelleira do concello de Gandía o 11 de xuño de 2011. Durante a lexislatura de 2011 a 2015 foi rexedora na oposición.

 
Pepa Frau, Diana Morant, Zapatero e Ximo Puig

En maio de 2014, José Manuel Orengo, entón Secretario Xeral do PSPV-PSOE de Gandía, anunciou que daba un paso atrás e renunciaba á secretaría xeral do partido. Diana Morant, entón Secretaria de Organización, anunciou a súa candidatura a liderar o partido en Gandía, sendo elixida en xuño de 2014.

En outubro de 2014, Diana Morant presentou a súa candidatura ao proceso de primarias que o PSPV puxo en marcha para elixir os seus candidatos e candidatas a alcaldes e alcaldesas.[2] A súa foi a única candidatura presentada, polo que foi proclamada candidata do PSPV-PSOE á alcaldía de Gandía para as eleccións de maio de 2015.

Nas eleccións municipais de 2015, o PP obtivo 12 edís, o PSPV-PSOE 7, a coalición Més Gandia 5 e Cidadáns 1. Tres semanas despois, o 13 de xuño de 2015, no pleno de investidura, Diana Morant obtivo os apoios dos concelleiros do PSPV-PSOE, Més Gandía e o edil de Cidadáns, logrando así a alcaldía de Gandia pondo final a catro anos de goberno en maioría absoluta do PP.[3]

En xullo de 2015, foi proposta pola comarca da Safor-Valldigna, co aval da dirección nacional do PSPV-PSOE e do seu Secretario Xeral, Ximo Puig, como Deputada Provincial, sendo máis tarde nomeada Deputada delegada de Mancomunidades e Comarcalización no novo goberno provincial presidido por Jorge Rodríguez Gramage. En maio de 2017, dimitiu como deputada para se centrar no seu traballo na alcaldía de Gandía.[4]

Durante a súa actual etapa como alcaldesa, Gandía foi nomeada Capital Cultural Valenciana, sendo esta a primeira vez que a Conselleria d'Educació, Investigació, Cultura i Esport da Generalitat Valenciana outorgaba esta distinción.[5] Unha capitalidade que tivo o seu acto inaugural o 22 de xuño de 2017 na praza Major de Gandia e para a que se programaron todo un feixe de actos repartidos ao longo do catro estacións do ano: primavera de artes plásticas; verán de artes musicais, outono de artes literarias e inverno de artes escénicas e audiovisuais.[6][7]

Diana Morant Ripoll repetiu como candidata do PSPV-PSOE á alcaldía de Gandía e nas eleccións celebradas o 26 de maio de 2019 a candidatura socialista que lideraba foi a máis votada no municipio. Os resultados foron os seguintes:[8]

Partido Votos % Concelleiros
PSOE 11.906 35,76 11 (+4)
PP 10.597 31,83 9 (-3)
Compromís Més Gandia Unida 4.740 14,24 4 (-1)
C's 1.822 5,47 1 (0)
VOX 1.465 4,40 0 (0)
Podemos 1.076 3,23 0 (0)
Els verds 1.075 3,23 0 (0)
Demòcrates valencians 355 1,07 0 (0)

O 15 de xuño de 2019, Diana Morant Ripoll foi investida alcaldesa de Gandía cunha maioría de 15 votos (11 concelleiros do PSPV máis os 4 de Compromís Més Gandia Unida). En virtude do acordo bautizado como o Pacte del Serpis,[9][10] a alcaldesa de Gandía dirixiu un goberno de 15 concelleiros, o máis amplo da historia democrática da cidade, conformada polas dúas formacións que votaron a favor seu na investidura.

Ministra editar

O 10 de xullo de 2021, o presidente do goberno español, Pedro Sánchez, informou do seu nomeamento como Ministra de Ciencia[11] en substitución de Pedro Duque trala remodelación do Goberno que fixo durante ese xullo e que involucrou varios ministros do seu Goberno. Tomou posesión o día 12 de xullo.[12]

Notas editar

  1. "Diana Morant. Diputada Delegada de Mancomunidades y Comarcalización". dival.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  2. Europa Press (15 de setembro de 2014). "Diana Morant anuncia su candidatura a las primarias para la Alcaldía de Gandia". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  3. S., S. (14 de xuño de 2015). "El gobierno más plural de Gandia". levante-emv.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  4. Aguar, Ximo (25 de abril de 2017). "Diana Morant dimite como diputada provincial para centrarse en la Alcaldía de Gandia". valenciaplaza.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  5. De la dueña, Óscar (20 de abril de 2017). "El Consell escoge Gandia para ser la primera Capital Cultural Valenciana de la historia". lasprovincias.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  6. Cuquerella, Toni (23 de xuño de 2017). "Gandia inaugura los actos como Capital Cultural Valenciana". eldiario.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  7. Diana Morant (26 de abril de 2017). "Gandia, Capital Cultural Valenciana" (en valenciano). Consultado o 26 de abril de 2017. 
  8. "Resumen del escrutinio en Valencia". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  9. Redacción (13 de xuño de 2019). "Firmado el Pacto del Serpis". valenciaextra.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  10. Redacción (13 de xuño de 2019). "Signat el Pacte del Serpis". elperiodic.com (en catalán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  11. Bodí, Enrique (10 de xullo de 2021). "Diana Morant, alcaldesa de Gandia, nueva ministra de Ciencia e Innovación". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  12. "Diana Morant toma posesión como ministra de Ciencia e Innovación". lamoncloa.gob.es (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar