Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España é un departamento ministerial da XII Lexislatura, creado na presidencia de Pedro Sánchez, con competencias en ciencia, I+D+i e universidades. O seu titular é Pedro Duque.

Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
Logotipo del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.svg
Información xeral
Sitio web
http://www.ciencia.gob.es/

HistoriaEditar

Os ministerios de ciencia foron unha constante nos diferentes gobernos de España, se ben dependendo do partido no Goberno este adquiría autonomía propia ou fusionábase con outros. Desde a moción de censura contra Mariano Rajoy, e a chegada de Pedro Sánchez á presidencia, este recuperou a autonomía do ministerio. A partir de 2020, dou lugar a dous ministerios diferenciados: Ministerio de Ciencia e Innovación, e Ministerio de Universidades.

FunciónsEditar

Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a proposta e execución da política do Goberno en materia de Universidades, investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en todos os sectores.[1]

En particular, corresponderá ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades o exercicio das competencias de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en materia espacial, incluídas a representación e a participación nos organismos da Unión Europea e Internacionais.

EstruturaEditar

Esta Secretaría de Estado dispoñía como único órgano superior:[2]

Organismos adscritosEditar

Véxase taménEditar

  • Historia dos ministerios de Ciencia de España

ReferenciasEditar