Pedro Duque

político español e astronauta

Pedro Francisco Duque Duque, nado en Madrid o 14 de marzo de 1963, é un enxeñeiro aeronáutico e político e foi o primeiro astronauta español. En 2018, foi nomeado ministro de Ciencia, Innovación e Universidades de España.

Modelo:BiografíaExcelentísimo Señor Editar o valor en Wikidata
Pedro Duque

(2000) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Alacant

Deputado no Congreso dos Deputados
14 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Alacant

Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades
7 de xuño de 2018 – 11 de xullo de 2021
← sen valor – Diana Morant →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid - Licenciatura (–1986) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro, astronauta, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDeimos Imaging (2006–2011)
Axencia Espacial Europea Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Membro de
Tempo no espazo18 días, 18 horas e 46 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Familia
CónxuxeConsuelo Femenía Guardiola Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webpedroduque.es Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2117190 Facebook: pedro.duque.astronauta Twitter: astro_duque Instagram: astro_duque BNE: XX1682229 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciouse en 1986 na E.T.S.I. Aeronáuticos da Universidade Politécnica de Madrid cunha nota media de 10, sendo así a todo o segundo da súa promoción. Nese mesmo ano comezou a traballar no grupo empresarial español GMV, onde foi destinado ao ESOC en Darmstadt (Alemaña) para realizar traballos no marco da Axencia Espacial Europea (ESA). En 1992, foi seleccionado nun dos concursos que realizou a devandita axencia para buscar persoas que poidan desenvolver o labor de astronauta.

Foi adestrado na Cidade das Estrelas de Moscova (Rusia) e en Estados Unidos. A súa primeira misión espacial foi a STS-95 do transbordador espacial Discovery, entre outubro e novembro de 1998, de nove días de duración, durante a cal supervisou o módulo experimental da ESA. En outubro de 2003, Duque participou noutra viaxe, na cal foi lanzada nunha nave Soiuz TMA, realizando o labor de enxeñeiro de voo e visitando a Estación Espacial Internacional durante dez días para a realización da Misión Cervantes.

Dende novembro de 2004 traballa na Cátedra GMV da E.T.S.I. Aeronáuticos da Universidade Politécnica de Madrid. Impartiu varias conferencias para alumnos tanto da E.T.S.I. Aeronáuticos como da E.U.I.T. Aeronáuticos no marco dun curso de libre elección denominado "Ciencia e operacións no espazo".

Duque foi escollido por Pedro Sánchez como ministro de Ciencia, Innovación e Universidades do seu goberno en xuño de 2018,[1] converténdose no segundo astronauta en ocupar un ministerio no mundo, despois do canadense Marc Garneau.[2]

Honores especiais

editar
  • En marzo de 1995 recibiu a "Orde da Amizade" concedida polo Presidente Yeltsin da Federación Rusa.
  • En febreiro de 1999 recibiu a Gran Cruz ao Mérito Aeronáutico, imposta pola súa Maxestade o Rei de España.
  • En outubro de 1999, Pedro Duque recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional xunto cos astronautas Chiaki Mukai, John Glenn e Valery Polyakov. O premio foilles concedido por ser considerados representantes dos artífices da cooperación internacional na exploración pacífica do espazo.

Vida privada

editar

Está casado e ten tres fillos. Duque é afeccionado á natación, ao submarinismo e á bicicleta.

  1. García de Blas, Elsa; Gómez,, Manuel V. (6 de xuño de 2018). "Pedro Duque, ministro de Ciencia; Magdalena Valerio, de Trabajo; Isabel Celaá, de Educación". El País (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  2. "Pedro Duque, único astronauta ministro, con el canadiense Mark Garneau" (en castelán). 6 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar