STS-95

voo espacial tripulado

STS-95 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 29 de outubro de 1998 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-95
Lanzamento da misión STS-95.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento29 de outubro de 1998, 19:19 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión8,91 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos en microgravedade e observacións astronómicas.[3][6]
Regreso7 de novembro de 1998[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1998-064A

Características editar

STS-95, con sete astronautas (Curtis Brown, Steven Lindsey, Scott Parazynski, Stephen Robinson, Pedro Duque, Chiaki Mukai e John Glenn) a bordo, foi unha misión lanzada para levar a cabo varios experimentos no módulo Spacehab e facer observacións astronómicas coa plataforma Spartan-201. A misión tivo gran repercusión nos medios ao voar nela John Glenn, o primeiro estadounidense en chegar á órbita, en 1962, e o primeiro español, Pedro Duque. Durante a misión liberouse o satélite PANSAT e tamén fixéronse probas co sistema HOST (Hubble Space Telescope Orbiting Systems Test) para a seguinte misión de mantemento do telescopio espacial Hubble, así como observacións astronómicas coa carga International Extreme Ultraviolet Hitchhiker.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de novembro de 1998.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 95" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 3 March 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-82696(E)). 30 de marzo de 1999: 10. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 95" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-95" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-95" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-95" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar