David Bruzos
David Bruzos Higuero, nado en Ourense o 9 de xuño de 1979, é un químico e político galego.
David Bruzos | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1979 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (2002) e Posgraduado en Física Aplicada pola Universidade de Vigo (2010). É profesor de Física e Química no IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño.[1] Membro fundador de Saramaganta e vencellado ao colectivo Fuga en Rede, colaborou como voluntario internacional en Cisxordania.[2] Participou no proceso constituínte de Ourense en Común e foi elixido para formar parte da candidatura de En Marea para as eleccións xerais de 2015 como cabeza de lista pola Provincia de Ourense.[3] Foi elixido deputado, sendo a primeira vez desde Senén Bernárdez que un deputado ourensán pertence a un partido distinto do PPdG ou o PSdeG.
NotasEditar
- ↑ "David Bruzos: "Sería una noticia fantástica poder sacarle un diputado al PP en la provincia de Ourense"". Faro de Vigo (en castelán). 4 de decembro de 2015.
- ↑ "Queremos conectar aos rapaces de Galicia e Palestina". La Voz de Galicia. 18 de maio de 2010.
- ↑ "En Marea apela ao 24M incluíndo nas súas listas varios membros de candidaturas cidadás". Praza Pública. 14 de novembro de 20.15