IES Manuel Chamoso Lamas

instituto público en Mesego, O Carballiño

O Instituto de Ensinanza Secundaria Manuel Chamoso Lamas é un centro de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia do Carballiño. Está situado en Mesego, a carón da antiga estrada N-541.

IES Manuel Chamoso Lamas
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Oferta educativa

editar

No IES Manuel Chamoso Lamas impártese ESO (onde contan co Proxecto Abalar en 1º e 2º da ESO), Educación para adultos (ESA e Bacharelato semipresencial), Bacharelato (nas modalidades Humanísticas e Ciencias Sociais e Ciencias e Tecnoloxía) e Formación Profesional: Formación Profesional Básica, CS de Administración e Finanzas, CM de Xestión e Administración, CM de Electromecánica de Vehículos Automóbiles e CM de Instalacións Eléctricas Automáticas. Tamén alberga a Sección da EOI de Ouresne: 1º a 6º de Inglés.

O centro obtivo a Carta Erasmus de Mobilidade para alumnos de FP, este alumnado ten a posibilidade de facer as prácticas nalgún país europeo.

Tamén dispón dunha estación meteorolóxica que dá cumprida información do tempo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar