Corredor sahariano

(Redirección desde «Cursorius cursor»)

O corredor sahariano[2], tamén chamado simplemente corredor[3] ou corredeira,[4] (Cursorius cursor) é unha ave limícola da familia Glareolidae. Ambas as palabras do seu nome científico proceden do latín cursor, 'corredor',[5] debido ao seu costume de correr para cazar insectos no chan en rexións secas abertas semidesérticas de Asia e norte de África.

Corredor sahariano

Adulto en Raxastán, India
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Glareolidae
Xénero: Cursorius
Especie: Cursorius cursor
(Latham, 1787)
Distribución de C. cursor     Área reprodutora      Sedentaria todo o ano      Área non reprodutora      De paso     Probablemente extinta      Posiblemente existente (sedentaria)      Posiblemente existente (non reprodutora)
Distribución de C. cursor     Área reprodutora      Sedentaria todo o ano      Área non reprodutora      De paso     Probablemente extinta      Posiblemente existente (sedentaria)      Posiblemente existente (non reprodutora)

Distribución de C. cursor     Área reprodutora      Sedentaria todo o ano      Área non reprodutora      De paso     Probablemente extinta      Posiblemente existente (sedentaria)      Posiblemente existente (non reprodutora)
Cursorius cursor en Dibba, Emiratos Árabe Unidos
Ovo de Cursorius cursor no MHNT

Descrición editar

Teñen patas e ás longas e peteiros lixeiramente curvados cara a abaixo. A plumaxe do corpo é de cor area, que se vai facendo abrancazado na parte inferior da barriga. As plumas primarias da parte superior da á e a parte inferior da á son negros. O píleo e caluga son grises e ten unha liña ocular negra e un supercilio branco.

En voo lembra unha Glareola cos seus relaxados batidos de ás, ás bicudas e parte inferior das ás negra.

Subespecies editar

Distínguense tres subespecies, que son:[6]

Taxonomía editar

Na obra de Hayman Shorebirds trátase a forma do leste littoralis como unha raza do corredor somalí Cursorius somalensis en vez de do corredor sahariano.[7] Algunhas autoridades consideran que o C. somalensis, o C. rufus e o C. cursor son conespecíficos.

Distribución editar

É unha especie característica de ambientes áridos subdesérticos, cuxa principal área de distribución mundial é a banda do Sahel e a península de Arabia.[8] De maneira máis descontinua, tamén existen núcleos reprodutores en áreas ao norte do deserto do Sáhara, incluídas bioxeograficamente dentro da rexión Paleártica occidental.[9]

Na Península Ibérica existen algunhas citas homologadas, predominantemente primaverais, costeiras e meridionais, incluíndo un caso confirmado de reprodución en Almería durante 2001.[10]

As illas Canarias acollen unha significativa poboación residente de corredor sahariano, concentrada na súa práctica totalidade en Lanzarote e Fuerteventura.[11] Non obstante, no pasado tamén era localmente abundante no sur de Gran Canaria, pero terminou por extinguirse contra finais do século XX, debido á alteración ou completa eliminación das áreas semiesteparias desta illa. En Tenerife non hai probas claras da súa presenza como reprodutor, aínda que a especie é un visitante relativamente habitual das zonas máis áridas do sur da illa.[11]

En Galicia é unha ave accidental rara.[2]

É un migrador parcial, e os individuos do norte e noroeste invernan na India, Arabia e a marxe meridional do Sáhara. Algunhas aves tamén se reproducen nas rexións desérticas do noroesta da India e Paquistán.[12] É raro que se desprace cara ao norte da súa área, pero citouse en latitudes tan setentrionais como Finlandia, Irlanda ou Gran Bretaña.

Reprodución editar

Poñen dous ovos nun oco escarvado no chan. A estación reprodutora vai de febreiro a setembro,[13] pero poden reproducirse tamén en outono e inverno cando as condicións locais (especialmente a chuvia) son favorables.[14]

Notas editar

  1. "Cursorius cursor". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Definición de Corredor sahariano no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  5. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 125. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  6. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Sandpipers, snipes, coursers". World Bird List Version 9.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 24 June 2019. 
  7. Hayman, Peter; Marchant, John; Prater, Tony (1986). Shorebirds: An Identification Guide. Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 0-7099-2034-2. 
  8. Urban et al., 1986; Del Hoyo et al., 1996
  9. Perrins, 1998
  10. De Juana, 2006
  11. 11,0 11,1 Martín e Lorenzo, 2001
  12. Rahmani, Asad R.; Manakadan, Ranjit (1989). "Breeding records of Creamcoloured Courser Cursorius cursor cursor (Latham) from India". Journal of the Bombay Natural Historical Society 86 (3): 447–448. 
  13. Maclean, G.L. 1996. Family Glareolidae (coursers and pratincoles). In: J. del Hoyo, A. Elliott & J. Sargatal (eds), Handbook of the Birds of the World (Vol. 3 - Hoatzin to Auks), pp. 364–383. Lynx Edicions, Barcelona.
  14. Amezian, M., Bergier, P. & Qninba, A. 2014. Autumn-winter breeding by Cream-coloured Coursers Cursorius cursor is more common than previously reported. Wader Study Group Bulletin 121: 177-180.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

De Juana, E. 2006. Aves raras de España. Un catálogo de especies de presentación ocasional. Lynx Edicions. Barcelona.

Del Hoyo, J., Elliot, A. e Sargatal, J. (Eds.) 1996. Hanbook of the birds of the world, Vol. 2. Lynx Edicions. Barcelona.

Martín, A. e Lorenzo, J. A. 2001. Aves del archipiélago canario. Francisco Lemus Editor. La Laguna.

Perrins, C. (Ed.) 1998. The complete birds of the Western Palearctic on CD-ROM. Oxford University Press. Oxford.

Urban, E. K., Fry, C. H. e Keith, S. (Eds.) 1986. The birds of Africa,Vol. II. Academic Press. Londres.

Ligazóns externas editar