Crux
Crux, ou Cruz do Sur[1] (en contraste coa Cruz do Norte), é a constelación máis pequena (por área) das 88 constelacións modernas, pero tamén é unha das máis famosas.
Crux | |
---|---|
Nome latino | Crux |
Abreviatura | Cru |
Xenitivo | Crucis |
Simboloxía | A Cruz do Sur |
Ascensión recta | 12 h |
Declinación | −60° |
Área | 68 graos cadrados
Rango 88º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
4 |
Estrela máis brillante | Acrux (α Cru)
(magnitude ap. 0.87) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +20° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de maio | |
Pode ser moi útil para a orientación: Se se estende o seu eixe principal da cruz unhas cinco veces, acadase o polo sur no ceo.
A Cruz do Sur está rodeada sobre tres dos seus lados pola constelación Centaurus, mentres que o sur fica a Mosca (Musca). Os Gregos antigos creárona coma parte de Centaurus, pero foi definida como un patrón estelar independente no século XVI, despois da expedición de Américo Vespucio a Suramérica no 1501. Vespucio debuxou un mapa das dúas estrelas, Alpha Centauri e Beta Centauri, así coma das estrelas da Cruz. Aínda que os Gregos antigos coñecían estas estrelas, a precesión gradual foinas poñendo por debaixo horizonte europeo de modo que foron esquecidas.
Estrelas principais
editar- α Crucis (Acrux), a máis brillante da constelación con magnitude 0,87 é a duodécima máis luminosa do firmamento, é unha estrela de cor branca-azulada.
- β Crucis (Becrux ou Mimosa), de cor azul e magnitude 1,25. É unha variable tipo Beta Cephei.
- γ Crucis (Gacrux), xigante vermella de gran tamaño, de magnitude 1,59. Pensase que pode estar acompañada por unha anana branca, pero a súa existencia aínda non foi confirmada.
- δ Crucis (Decrux), de magnitude 2,79, subxigante azul e estrela variable Beta Cephei.
- ε Crucis (Juxta Crucem), de magnitude 3,56, unha xigante laranxa.
- λ Crucis, variable Beta Cephei de magnitude 4,60.
- μ Crucis, estrela dobre con 35 arcsec de separación entre as súas compoñentes, con magnitudes 4,0 e 5,1.
- HD 108147, estrela amarela cun planeta extrasolar.
Obxectos notables do espazo profundo
editar- Cúmulo estelar aberto O Xoieiro (NGC 4755) ou chamado tamén Cúmulo Kappa Crucis, que foi descuberto por Nicolas Louis de Lacaille no 1751-1752. Está a unha distancia duns 7.500 anos luz e consta dunhas 100 estrelas dispersas nunha área do redor de 20 anos luz cadrados.
- a Nebulosa Saco de Carbón, unha das máis escuras e densas, visible a simple vista coma un parche negro no sur da Vía Láctea.
Bandeiras e símbolos que incorporan a Crux
editarAs cinco estrelas máis brillantes de Crux (α, β, γ, δ, e ε Crucis) aparecen nas bandeiras de Australia, Brasil, Nova Zelandia (epsilon omitida), Papúa Nova Guinea, e Samoa, tamén nas bandeiras dos estados e territorios de Victoria, Territorio da Capital Australiana (ACT), Territorio Norte (NT), así coma na bandeira da rexión de Magallanes de Chile, e en moitas bandeiras e emblemas das provincias da Arxentina. A bandeira da zona comercial Mercosur amosa catro destas estrelas (epsilon omitida). Crux tamén aparece no escudo do Brasil. As cinco estrelas tamén están no escudo no equipo de fútbol brasileiro do Cruceiro. Tamén aparece a Crux en varias divisións do exército estadounidense destinadas no hemisferio sur (sobre todo no pacífico sur).
Outros nomes para Crux
editar- Na antiga astroloxía Hindú, Crux facía referencia a "trishanku".
- O nome Maori para Crux é "Te Punga" - " áncora". Pensase que fai referencia á áncora da canoa de Tama-rereti (a Vía Láctea), onde os punteiros fan do cabo da áncora.
- En Tonga é coñecida coma Toloa — parrulo, onde este pato voa cara ó sur cunha das súas ás (δ) ferida por que Ongo tangata — dous homes — α e Β Centauri lle lanzaran unha pedra. A nebulosa saco de carbón é coñecida coma Humu — peixe-gatillo (Balistoides viridescens), pola forma da súa figura.[2]
- Entre os tuaregs, As catro estrelas máis visibles da Crux son coñecidas coma iggaren, ex. catro árbores Maerua crassifolia.
- En Indonesia e Malaisia, é coñecida coma Buruj Pari (Pastinaca, peixe semellante a unha manta.).
- En Mapudungun ou mapuche, a lingua do pobo mapuche, a Crux é nomeada coma Melipal, que significa "catro estrelas".
- En Quechua, o idioma da civilización Inca, Crux é coñecida coma "Chakana" (Cruz en Inca).[3].
A Crux nas culturas amerindias
editarVarias culturas de América do Sur[4] consideraron a esta constelación coma un símbolo. Por exemplo, os mapuches situados no sur de Suramérica considerábana unha representación do choike (especie de avestruz cativo), animal sagrado nas súas crenzas.
Na Patagonia setentrional, cara ó século XVI e XVII, imaxinábanse que a Vía Láctea era a representación dun campo de caza de ñandúes, onde os cazadores utilizaban boleadoras representadas polo "punteiro" (α e β centauri) mentres cás Nubes de Magallanes representaban os corpos dos animais cazados e as Pléiades (coñecida na rexión coma "os sete cabritiños") eran o niño do ñandú.
Para os mocovíes, na rexión chaqueña, o punteiro e as súas estrelas próximas representaban dous cans de caza e a a cruz do sur o corpo central do ñandú atacado, mentres que as restantes estrelas preto da cruz completaban a figura do animal.
Para os bororo, no Brasil, a cruz era parte dun constelación que representaba a un avestruz, sendo a propia cruz unha das dúas patas do mesmo.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
- ↑ Kik Velt; Stars over Tonga
- ↑ "Chakana: Inca Cross". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2012. Consultado o 07 de xuño de 2008.
- ↑ http://www.cienciahoy.org.ar/hoy40/choike.htm Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Néstor Camino Departamento de Física Universidad Nacional de la Patagonia, en Revista Ciencia Hoy, Argentina, Siguiendo los rastros del Choike, V7 - Nº40 - 1997.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Crux |
Ligazóns externas
editar- Crux Australis: O Cruzeiro do Sul (en portugués)
- Letter of Andrea Corsali 1516-1989: with additional material ("the first description and illustration of the Southern Cross, with speculations about Australia ...") digitised by the National Library of Australia. (en inglés)
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Crux. (en inglés)
- The Cambridge Guide to the Constellations, Michael E. Bakich, Cambridge University Press, 1995, px. 85. (en inglés)
- Universe: The Definitive Visual Dictionary, Robert Dinwiddie, DK Adult Publishing, (2005), px. 396. (en inglés)
- Ian Ridpath e Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4. (en inglés)
- Southern Cross Starry Night Photography. (en inglés)
- Star Tales – Crux (en inglés)
- Finding the South Pole in the sky (en inglés)