Musca
Musca ou Mosca[1] é unha das constelacións menores do Sur. A constelación foi unha das doce creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre o 1595 e o 1597, e a súa primeira aparición foi na Uranometria de Johann Bayer de 1603.
Musca | |
---|---|
Nome latino | Musca |
Abreviatura | Mus |
Xenitivo | Muscae |
Simboloxía | A Mosca |
Ascensión recta | 12h 27m 36s h |
Declinación | −70° 20' 24"° |
Área | 138 graos cadrados
Rango 77° |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | α Mus
(magnitude ap. 2.69) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +10° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de maio | |
Obxectos notables
editarA transitoria suave de raios-X Nova Muscae 1991 (ou Nova de Raios-X) é un obxecto binario consistente nunha estrela e nun burato negro. Durante o 1991 tivo un arranque de actividade que permitiu descóbrela, a radiación foi producida a través dun proceso de aniquilación positrónica. Musca tamén contén unha infrecuente nebulosa planetaria NGC 5189, localizada a máis de 3,000 anos luz da Terra. É unha estrutura complexa única que se asómella en miniatura á nebulosa do cangrexo. Tamén dentro da constelación está a Nebulosa do Reloxo de Area (MyCn 18) a unha distancia de 8,000 anos luz. O comparativamente vello cúmulo globular NGC 4833 preto de Delta Muscae está a 21,200 anos luz de distancia e un tanto escurecido por nubes de po preto do plano galáctico. O cúmulo globular NGC 4372 preto de Gamma Muscae é debilitado e parcialmente escurecido por po, pero estendese máis minutos de arco.
Estrelas con nomes propios
editarEstrela | Nome | Orixe do nome | Significado |
---|---|---|---|
μ | Butain | Árabe | pequeno ventre |
35 | Krittika | Sánscrito | Pleiades |
Historia
editarMusca, no seu nome orixinal Apis – A Abella, foi introducida no século XVII para recha-los espazos sen catalogar ó redor do polo sur. Coma consecuencia do descoñecemento polas culturas antigas desta constelación non hai mitoloxía referente a mesma. En 1752, Nicolas Louis de Lacaille mudoulle o nome a Musca Australis coma contrapartida da tamén desaparecida constelación de Musca Borealis (constelación que tamén foi coñecida coma Apes ou Vespa) que existía no hemisferio norte celeste. Na actualidade o seu nome é simplemente Musca.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Musca |
Bibliografía
editar- Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4. (en inglés)
- Thomas Wm. Hamilton, Useful Star Names, Holbrook, NY, Viewlex, 1968. (en inglés)
- Shane Horvatin. "Obsolete Constellations: Apis" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03/05/2017. Consultado o 9/11/2007.
Ligazóns externas
editar- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Musca (en inglés)
- Starry Night Photography: Musca (en inglés)
- Star Tales – Musca (en inglés)
Nomes Obsoletos de Constelacións |
Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias |