Apus
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Apus (homónimos).
Apus ou Ave do Paraíso[1][2] é unha constelación do sur. Aparece por primeira vez na Uranometría de Johann Bayer do (ano 1603), pero puido ser usada por navegantes con anterioridade.
Apus | |
---|---|
Nome latino | Apus |
Abreviatura | Aps |
Xenitivo | Apodis |
Simboloxía | A Ave do paraíso |
Ascensión recta | 16 h |
Declinación | −75° |
Área | 206 graos cadrados
Rango 67º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Aps
(magnitude ap. 3.83) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +5° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo | |
Estrelas principais
editar- α Apodis, a estrela máis brillante da constelación con magnitude 3,83, unha xigante laranxa a 411 anos luz.
- β Apodis, tamén xigante laranxa de magnitude 4,23, a terceira estrela máis brillante de Apus. Unha posible compañeira de magnitude 12 atópase a 85 segundos de arco.
- γ Apodis, a segunda estrela máis brillante na constelación con magnitude 3,89, unha xigante amarelo-laranxa a 160 anos luz.
- δ Apodis, denominación compartida por dúas estrelas distintas: δ1 Apodis, xigante vermella e variable irregular, e δ2 Apodis, xigante laranxa.
- θ Apodis, xigante vermella e variable semirregular, o seu brillo oscila entre a magnitude 6,4 e 8,6 nun período de 119 días.
- R Apodis, aínda que leva a denominación de variable R, actualmente pénsase que non é unha estrela variable. A súa magnitude é 5,37.
- NO Apodis, xigante vermella e variable semirregular, o seu brillo varía entre unha magnitude 5,71 e 5,95.
Obxectos Notables do espazo profundo
editar- NGC 6101. AR: 16h 25m 48.0s Dec: -72°12'00" (Época 2000). Cúmulo globular feble, 7º ó norte de γ Apodis.
- IGC 4499, cúmulo globular a 600.000 anos luz de distancia de moi difícil observación.
Mitoloxía
editarApus refírese ó ave do paraíso que se coñeceu coma Ave da India. Outros indican que provén do grego ἄπους apus que significa "sen pés", facendo referencia o mito grego sobre paxaros que parecían non ter patas durante voo.
Notas
editar- ↑ "A Real Academia Galega aproba os nomes normalizados das constelacións". Real Academia Galega. 12 de novembro de 2020.
- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apus |
Ligazóns externas
editar- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Apus (en inglés)
- Peoria Astronomical Society - Apus (en inglés)
- NightSkyInfo.com: Constellation Apus (en inglés)
- WIKISKY.ORG: Apus on WIKISKY (en inglés)
- Star Tales – Apus (en inglés)