Nicolas-Louis de Lacaille
Abbe Nicolas Louis de Lacaille, nado o 15 de marzo de 1713 en Rumigny e finado o 21 de marzo de 1762 en París, foi un astrónomo francés coñecido principalmente por dedicarse a catalogar estrelas (preto de 10.000) e posúe a honra de ter nomeado 15 constelacións dun total de 88. Calculou e tabulou unha lista de eclipses para 1.800 anos.
Nicolas Louis de Lacaille | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 15 de marzo de 1713 |
Lugar | Rumigny, Francia |
Falecemento | 21 de marzo de 1762 |
Lugar | París, Francia |
Nacionalidade | francés |
Actividade | |
Campo | astronomía |
Alma máter | Collège de Lisieux e Collège de Navarre |
Premios | membro da Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Lacaille estudou teoloxía, matemáticas e astronomía no College de Lisieux de París. No ano 1739 foi axudante de Cassini no establecemento a Meridiana de París e en 1741 foi elixido membro da Academia de París. Durante os anos 1750-1754 dedicouse a estudar as estrelas e constelacións do hemisferio austral grazas ás viaxes que facía ao cabo de Boa Esperanza, a parte máis austral do continente africano. Tras este estudo publicou Coelum Australe Stelliferum a súa obra máis afamada.