Crácidos
Crácidos Cracidae Rango fósil: oligoceno-actualidade 33,3 - 0 Ma [1][2][3] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Crax fasciolata, femia | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos crácidos (Cracidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes.
Conta con 55 especies propias da América tropical e subtropical, reunidas en 11 xéneros integrados en 2 subfamilias. A súa área de distribución esténdese desde o sur de Texas (onde habita unha das especies), México, América Central e o norte de Suramérica; as illas de Trinidad e Tobago contan con cadansúa especie. [4] Moitas das especies desta familia encóntranse en perigo de extinción.[5]
Características
editarSon aves de pequeno a mediano tamaño e aparencia semellante á dos pavos; a súa lonxitude vai desde os 52 aos 96 cm, e o seu peso oscila entre os 0,47 e os 4,80 kg. A súa plumaxe é parda uniforme, verde escura, azul ou negra con manchas brancas, segundo as especies. Os machos son maiores que as femias e, en moitas especies, teñen cristas e, algunhas, cascos. As ás son romas, e a cola longa e ancha.[6]
Bioloxía
editarHábitat e distribución
editarViven en selvas tropicais e subtropicais densas, bosques e matogueiras baixas nas beiras dos ríos. Distribúense polo sur de Norteamérica, América Central e o norte de Suramérica.[6]
Alimentación
editarA súa dieta comprende froitos, bagas e sementes, que ás veces complementan con insectos e outros animais pequenos.[6]
Reprodución
editarConstrúen niños xeralmente con ramiñas e vexetación en descomposición que situán en árbores, cerca do solo, ou no mesmo solo. As femias poñen de 2 a 3 ovos, ás veces 4, de cor branca ou crema e cun peso medio de 62 g; a incubación dura de 22 a 34 días, e é efectuada só pola femia.[6]
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia foi descrita en 1815 polo polímata, naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermano-italiana Constantine Samuel Rafinesque, co nome de Craxia (que non é un nome correcto de familia), na páxina 69 da súa obra Analyse de la nature: or, Tableau de l'univers et des corps organisés.[7] Talvez por iso algúns autores atribúenlle a descrición, en 1825 ao zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors.[8]
Etimoloxía
editarO nome científico da familia, Cracidae, está formado pola unión dos elementos do latín científico Crac- e -ǐdae. O primeiro está tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Crax, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.
Para a etimoloxía do xénero, véxase Crax.
Clasificación
editarA familia subdivídese en dúas subfamilias,[9] que comprenden o seguintes xéneros:
Familia crácidos (Cracidae) Rafinesque, 1815
- Subfamilia cracinos (Cracinae) Vigors, 1825 [10]
- Subfamilia penelopinos (Penelopinae) Huxley, 1868 [11]
- Aburria Reichenbach, 1853
- Chamaepetes Wagler, 1832
- Oreophasis G. R. Gray, 1844
- Ortalis Merrem, 1786
- Penelope Merrem, 1786
- Penelopina Reichenbach, 1861
Filoxenia
editarAs relacións filoxenéticas entre os xéneros dos crácidos móstranse no seguinte cladograma, baseado en Hackett et al. (2008):[12]
Crácidos |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Evolución
editarEstudos do ADN mitocondrial e ADN nuclear dos crácidos indican que o grupo puido orixinarese a finais do Cretáceo. Porén, as liñaxes máis modernas, non pasaron por un proceso de especiación até o eoceno.[2][3]
A diferenciación entre as especies dos xéneros Crax, Nothocrax, Pauxi e Mitu, e entre as dos xéneros Aburria e Pipile, foi causada, seguramente, polos cambios na paisaxe de Suramérica, principalmente debido á elevación da cordilleira dos Andes, o que determinou os cursos actuais dos ríos.[13]
Notas
editar- ↑ Family Cracidae Vigors 1825 en Fossilworks.
- ↑ 2,0 2,1 Pereira, S. L. & Baker, A. J. (2004): "Vicariant speciation of curassows (Aves, Cracidae): a hypothesis based on mitochondrial DNA phylogeny. The Auk 121: 682-694.
- ↑ 3,0 3,1 Pereira, S. L. et al. (2002): "Combined nuclear and mitochondrial DNA sequences resolve generic relationships within the Cracidae (Galliformes, Aves). Systematic Biology 51: 946-958.
- ↑ del Hoyo, Elliot & Sargatal 1994.
- ↑ Brooks, Daniel M. et al. (2000): Curassows, guans and chachalacas: status survey and conservation action plan for Cracids 2000-2004 UICN.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 VV. AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Volume IV Aves. Barcelona: Ediciones Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, p. 138.
- ↑ Bock, Walter J. (1994): "History and Nomenclature of Avian Family-Group Names". Bulletin of the American Museum of Natural History. Number 222. New York: American Museum of Natural History. pp. 135-252.
- ↑ Vigors, N. A. (1825): "Observations on the Natural Affinities that connect the Orders and Families of Birds". Transactions of the Linnean Society of London 14 (3): 395-451. Ler en liña.
- ↑ Cracidae no ITIS.
- ↑ Cracinae no ITIS.
- ↑ Penelopinae no ITIS.
- ↑ Hackett Shannon J. et al.(2008): "A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History" Science 320. Consultada o 27 de xaneiro de 2019.
- ↑ Grau, E. T. et al. (2005): "A Wanjtal. Molecular phylogenetics and biogeography of Neotropical piping guans (Aves: Galliformes): Pipile Bonaparte, 1856 is synonym of Aburria Reichenbach, 1853". Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 637-645.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crácidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Crácidos |
Bibliografía
editar- del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Chachalacas, Curassows, And Guans. Cracidae na EOL.
- IOC World Bird List. Verisión 9.1. Cracidae.
- Alan P. Peterson: Cracidae.