Illa Trinidad
Trinidad é unha illa do mar Caribe, a maior de Trinidad e Tobago e das Antillas Menores, e aproximadamente a unha decena de quilómetros de distancia da costa oriental de Venezuela. A capital da illa e do país é Porto España, situado no noroeste, no Golfo de Paria. A segunda cidade máis importante, San Fernando, atópase situada no suroeste.
(en) Trinidad ![]() | ||||
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Santa Trindade ![]() | |||
Parte de | Illas de Sotavento Antillas Menores ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Antillas Menores ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Trinidad e Tobago ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 940 m ![]() | |||
Dimensións | 97 (![]() ![]() | |||
Punto máis alto | El Cerro del Aripo (pt) ![]() ![]() ![]() | |||
Superficie | 4.768 km² ![]() | |||
Historia
editarFoi descuberta por Cristovo Colón o 31 de xullo de 1498 na súa terceira viaxe. En 1530 foi conquistada por España baixo a dirección de Antonio Sedeño, quen é tamén o seu primeiro gobernador, cargo que asume en 1532, pero debido á tenaz resistencia dos nativos é abandonada dous anos máis tarde.
Un século máis tarde, España estableceu misións de cristianización con pais Capuchinos. Durante o período colonial español a illa, coñecida por Trinidad de Barlovento, é dependente da Real Audiencia de Santo Domingo, á súa vez dentro da xurisdición do Vicerreinado da Nova España.
No ano 1640 a illa rexeita un intento de invasión dos Países Baixos e en 1677 outro de Francia.
En 1797, durante unha de guerra entre España e o Reino Unido, unha frota inglesa ataca a illa e obtén a rendición do seu Gobernador.[1] Tras o Tratado de Amiens en 1802 anéxase a illa, e a cal unirá posteriormente á illa de Tobago nunha soa colonia denominada Trinidad e Tobago.
Notas
editar- ↑ "Railroad Map of Trinidad". World Digital Library. 1925. Consultado o 2013-10-25.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Trinidad |