Coregonus albula
Corégono branco

Coregonus albula
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Coregoninae
Xénero: Coregonus
Especie: C. albula
Nome binomial
Coregonus albula
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
Véxase o texto

Coregonus albula é unha especie de peixe osteíctio da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos e xénero Coregonus.[2][3][4]

O corégono branco frito é un alimento popular no verán en Finlandia
Sete corégonos brancos no escudo de armas de Viitasaari

Propio do norte de Europa, coñécese vularmete en galego como corégono branco.[5]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo albula.[2][3][4]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Coregonus.

O epíteto específico, albula, é unha voz do latín científico titada do latín clásico albula, feminino de albulus, "abrancazado", derivado de albus, "branco".[6]

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse polos sinónimos:[2]

  • Coregonus albula finnica Günther, 1866
  • Coregonus albula ladogae Pravdin, Golubev & Belyaeva, 1938
  • Coregonus albula ladogensis Berg, 1948
  • Coregonus albula olonensis Borisov, 1924
  • Coregonus albula perejaslawica Polyakov, 1874
  • Coregonus albula pereslavicus Berg, 1932
  • Coregonus albula pereslawicus Borisov, 1924
  • Coregonus albula topozeri Novikov, 1947
  • Coregonus albula var. norvegica Günther, 1866
  • Coregonus albula vodlosericus Lukash, 1939
  • Coregonus brevis Mäklin, 1869
  • Coregonus sardinella marisalbi Berg, 1916
  • Coregonus sardinella vessicus Dryagin, 1933
  • Cyprinus muraenula Wulff, 1765
  • Salmo albula Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Salmo maraenula Bloch, 1779
  • Salmo maraenula Bloch, 1782
  • Salmo vimba Linnaeus, 1758

Notas taxonómicas editar

Coregonus albula está moi relacionado con Coregonus sardinella e tamén con Coregonus peled, aínda que as diferenzas fenotípicas son claras.[7]

Dentro desta especie suxeríronse subdivisións taxonómicas tanto por motivos xeográficos como entre ecotipos simpátricos. FishBase considera as poboacións británicas deste corégono como unha especie separada, Coregonus vandesius,[8] pero esta distinción non é aceptada pola maioría os ictiólogos.[9]

Características editar

Coregonus albula é un peixe delgado e estilizado, que presenta unha aleta adiposa, unha pequena aleta adicional no dorso entre a aleta dorsal e a aleta caudal, como é típico na familia dos salmónidos. A súa mandíbula (maxilar inferior) é máis longa que o maxilar superior. Ten unha aparencia semellante tanto a Coregonus lavaretus, cuxo maxilar superior é máis longo que o inferior, como a Coregonus peled, cuxos maxilares son de igual lonxitude. O dorso é de cor verde azulada ou marrón, os flancos son prateados e o ventre branco.[7]

Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 48,0 cm, pero a maioría dos espécimes miden uns 20,0 cm. O máximo peso rexistrado foi de 1,0 kg.[10]

Hábitat e distribución editar

O corégono branco é un peixe marino, dulciacuícola e de augas salobres, bentopeláxico, anádromo,[11] que habita en augas temperadas a pofundidades de até os 30 m, entre os 66° N e os 59° N, e os 16° L e os 31° L.[8]

Encóntrase en ríos e lagos das concas do mar Báltico, do Branco e do Norte, ao leste do río Elba, e nos afluentes norteños do río Volga. Anádromo no golfo de Finlandia e mariño na parte máis ao norte do golfo de Botnia. Existen grandes poboacións en lagos e encoros de Alemaña e Polonia.[8]

Bioloxía editar

Hábitos editar

Coregonus albula é unha especie lacustre e mariña de augas abertas. No mar, aliméntase preto da costa).[12] Forma cardumes peláxicos nos lagos máis profundos.[13] É anádromo no Báltico.[8]

Nutrición editar

Aliméntase de crustáceos planctónicos[13]

Reprodución editar

Coregonus albula desova ao longo das costas, a 3-10 m de profundidade, raramente até os 22 m de profundidade ou xusto debaixo da superficie. Desova máis profundamente en lagos claros e máis preto da superficie en lagos con augas húmicas.[12] A desova efectúase sobre substratos pouco profundos de area ou de grava.[8]

Reprodúcese xeralmente no outono, pero en varios lagos do norte de Europa existen poboacións distintas de corégonos que desovan na primavera, algunhas das cales foron descritas como especies separadas: en Suecia, como Coregonus trybomi, e en dous lagos do norte de Alemaña, como Coregonus fontanae e Coregonus lucinensis. Estas poboacións son simpátricas con corégonos que se reproducen no outono e parecen ter evolucionado posglacialmente a partir delas de forma independente en cada lago.[Cómpre referencia]

Relacións cos humanos editar

A especie é obxecto de pesca comercial. Figura nos escudos de armas de moitas cidades e pobos onde se pesca.

No arquipélago sueco da baía de Botnia prodúcese o famoso "Kalix löjrom" (caviar de Kalix), que adoita servirse nos banquetes reais, e é común nos dos premios Nobel.

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que é unha especie que está moi estendida e que non se coñecen grandes ameazas sobre ela, cualifuica o seu status como LC (pouco opreocuopante). Poeén, cómpre confirmar as identidades dalgunhas poboacións lacustres.[1]

Figura no Apéndice III da Convención de Berna.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Freyhof, J. {2011): Coregonus albula na Lista vermella da UICN. Verisón 2021-3. Consultada o 30 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Coregonus albula (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 30 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 Coregonus albula (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 30 de marzo de 2022.
  4. 4,0 4,1 Coregonus albula (Linnaeus, 1758) na BioLib. Consultada o 30 de marzo de 2022.
  5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, páx. 59.
  6. albula no Merriam-Webster Dictionary.
  7. 7,0 7,1 Verdace. Coregonus albula, en NatureGate. Consultada o 31 de marzo de 2022.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Froese & Pauly 2022.
  9. Winfield, Ian J.; Fletcher, Janis M. & James, J. Ben (2004): "Conservation ecology of the vendace (Coregonus albula) in Bassenthwaite Lake and Derwent Water, U.K.". Annales Zoologici Fennici. 41: 155–164.
  10. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  11. Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña.
  12. 12,0 12,1 Kottelat & Freyhof 2007.
  13. 13,0 13,1 Svetovidov 1984.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar