Copa do Rei de balonmán

A Copa do Rei de balonmán é unha competición española de balonmán entre clubs, organizada desde 1991 pola ASOBAL (Asociación de Clubs Españois de Balonmán), e que se disputa cada ano desde 1957. É a segunda competición máis importante do balonmán español, tras a Liga ASOBAL.

Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de balonmán
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor en Wikidata
OrganizadorASOBAL Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1957 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadadecembromarzo Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Número de edición66 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoFC Barcelona (28º)
(2024)
Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialasobal.es… Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A Copa do Rei recibe este nome desde 1975 na honra ao Xefe de Estado de España. Entre 1957 e 1975 a competición recibiu a denominación de Copa do Xeneralísimo e nalgunhas edicións non enfrontou a clubs senón a seleccións provinciais. Con anterioridade, disputábase anualmente o Campionato de España de Balonmán a sete, torneo en formato copeiro que comezou a celebrarse en 1952 e que nalgunhas edicións tamén recibía o subtítulo de Copa do Xeneralísimo.[1]

Outra modalidade de balonmán, denominado "de campo" ou "a once", disputou de xeito descontinuo e en formato copeiro os Campionatos de España[2] da especialidade entre 1942 e 1959, en ocasións baixo o nome de Copa do Xeneralísimo.[3]

Sistema de competición

editar

O sistema de competición da Copa do Rei variou ao longo dos anos. Actualmente, dispútase durante catro días nunha soa cidade. Participan oito equipos: un equipo anfitrión-organizador, e os sete primeiros clasificados da Liga ASOBAL á finzalización da primeira volta. Un sorteo establece os emparellamentos dos equipos no cadro de competición. Dispútanse catro partidos de cuartos de final; os gañadores clasifícanse para as dúas semifinais. Os vencedores das semifinais enfróntanse na final, que se disputa a partido único. Cabe dicir que os dous primeiros clasificados da Liga ASOBAL á finalización da primeira volta son considerados "cabezas de serie" no sorteo inicial, de maneira que non poden ser emparellados entre eles e só poden atoparse na final, en caso que gañen os seus partidos de cuartos e semifinais.

Historial

editar
Tempada Sede Campión Subcampión Resultado da final
2019-2020
2018-2019 Alacant FC Barcelona Liberbank Cuenca 34-18
2017-2018 Madrid FC Barcelona BM Logroño La Rioja 35-28
2016-2017 León FC Barcelona Naturhouse La Rioja 34-29
2015-2016 Pamplona FC Barcelona Helvetia Anaitasuna 33-30
2014-2015 Xixón FC Barcelona Fraikin BM Granollers 27-26
2013-2014 Pamplona FC Barcelona Fraikin BM Granollers 42-32
2012-2013 Logroño BM Atlético de Madrid Naturhouse La Rioja 38-28
2011-2012 Torrevieja BM Atlético de Madrid FC Barcelona 37-31
2010-2011 Vigo Renovalia Ciudad Real Cuatro Rayas Valladolid 31-22
2009-2010 Antequera FC Barcelona Reale Ademar León 38-35
2008-2009 Granollers FC Barcelona BM Ciudad Real 29-26
2007-2008 Zaragoza BM Ciudad Real FC Barcelona 31-30
2006-2007 Altea FC Barcelona Ademar León 33-27
2005-2006 Almería BM Valladolid BM Ciudad Real 35-30
2004-2005 Pontevedra BM Valladolid FC Barcelona 27-25
2003-2004 Pamplona FC Barcelona BM Ciudad Real 27-25
2002-2003 Santander BM Ciudad Real FC Barcelona 34-31
2001-2002 Torrevieja Ademar León BM Ciudad Real 31-28
2000-2001 Cidade Real Portland San Antonio BM Ciudad Real 22-20
1999-2000 Zaragoza FC Barcelona BM Valladolid 34-28
1998-1999 Valladolid Portland San Antonio FC Barcelona 32-29
1997-1998 Palencia FC Barcelona Portland San Antonio 31-26
1996-1997 Castelló FC Barcelona Caja Cantabria 30-29
1995-1996 León Elgorriaga Bidasoa FC Barcelona 21-20
1994-1995 Cidade Real Teka Santander Pilotes Posada 27-25
1993-1994 Granollers FC Barcelona Juventud Alcalá 29-23
1992-1993 Pontevedra FC Barcelona Elgorriaga Bidasoa 17-13
1991-1992 Pamplona CB Avidesa FC Barcelona 26-25
1990-1991 Alzira Elgorriaga Bidasoa At. Madrid 21-18
1989-1990 Pontevedra FC Barcelona Elgorriaga Bidasoa 22-20
1988-1989 Bilbao Teka Santander FC Barcelona 25-21
1987-1988 Xirona FC Barcelona Elgorriaga Bidasoa 22-20
1986-1987 Badaxoz At. Madrid BM Granollers 20-19
1985-1986[4] Barcelona CB Tecnisan FC Barcelona 28-26
1984-1985 Oviedo FC Barcelona At. Madrid 15-14
1983-1984 Ferrol FC Barcelona At. Madrid 21-17
1982-1983 Málaga FC Barcelona Elgorriaga Bidasoa 36-16
1981-1982 Santander At. Madrid BM Granollers 19-14
1980-1981 Almería At. Madrid FC Barcelona 21-18
1979-1980 Xirona CB Calpisa At. Madrid 20-18
1978-1979 A Coruña At. Madrid CB Calpisa 26-22
1977-1978 As Palmas At. Madrid BM Granollers 29-23
1976-1977 Cartaxena CB Calpisa FC Barcelona 15-14
1975-1976 Lugo CB Calpisa At. Madrid 15-10
1974-1975 Martorell CB Calpisa BM Granollers 16-13
1973-1974 Granada BM Granollers FC Barcelona 19-15
1972-1973 Vigo FC Barcelona At. Madrid 18-15
1971-1972 León FC Barcelona Marcol 15-9
1970-1971 Pamplona Marcol FC Barcelona 17-15
1969-1970 Cádiz BM Granollers At. Madrid 15-12
1968-1969 Madrid FC Barcelona Eguía 20-14
1967-1968 Bilbao At. Madrid Eguía 17-14
1966-1967 Madrid At. Madrid BM Granollers 18-14
1965-1966[5] Madrid At. Madrid BM Granollers 17-16
1964-1965[6] Madrid Selección de Barcelona Selección de Guipúscoa 15-14
1963-1964[7] Madrid Selección de Guipúscoa Selección de Barcelona 21-11
1962-1963 Vigo Selección de Madrid Selección de Pontevedra 17-9
1961-1962 Madrid At. Madrid BM Granollers 15-9
1960-1961 Zaragoza Selección de Madrid Selección de Barcelona 24-22
1959-1960[8] Madrid Selección de Madrid Selección de Guipúscoa 22-17
1958-1959 Bilbao Arrahona Sabadell OAR Gracia Sabadell 9-8
1957-1958[9] Barcelona BM Granollers FC Barcelona 12-6

Palmarés

editar
Equipo Campión Subcampión
FC Barcelona 23 14
Atlético de Madrid 10 7
CB Calpisa 5 1
BM Granollers 3 7
BM Ciudad Real 3 5
Bidasoa Irún 2 4
BM Valladolid 2 2
Teka Cantabria 2 1
SDC San Antonio 2 1
Selección de Madrid 2 0
Selección de Guipúscoa 1 2
Selección de Barcelona 1 2
Reale Ademar León 1 2
Marcol 1 1
CF Arrahona 1 0
CB Alzira Avidesa 1 0
BM Atlético de Madrid 2 0

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar