Club Deportivo Bidasoa

(Redirección desde «Bidasoa Irún»)
Bidasoa Irún
Nome do club Club Deportivo Bidasoa
Fundado 1962
Pavillón Polideportivo Artaleku,
Irún
Capacidade 2.200
Presidente España Doroteo Vicente
Adestrador España Juanto Apezetxea
Liga División de Honra B
Equipamentos


Local


Visitante

O Club Deportivo Bidasoa é un equipo de balonmán da localidade de Irún, Guipúscoa (Euskadi), fundado en 1962 e que actualmente compite na División de Honra B do Estado español.

Historia

editar

O CD Bidasoa fundouse en 1962 e o seu primeiro presidente foi José Miguel Arana, mentres que o seu primeiro adestrador foi José Antonio Apezteguia.

A entidade deu os seus primeiros pasos deportivos no frontón Uranzu, logrando rapidamente facerse un sitio na División de Honra primeiro como un equipo modesto e, pouco a pouco, comezando a atuar a algúns dos equipos máis importantes.

Os meirandes éxitos do CD Bidasoa chegaron da man da firma chocolateira Elgorriaga, patrocinador do club irundarra dende a tempada 1983-84 ata a 1996-97. Como excepción podería apuntarse a primeira final da Copa do Rei, na que o Bidasoa perdeu en Málaga ante o FC Barcelona, cando o equipo vasco estaba esponsorizado por Muebles Danona de Azpeitia (Guipúscoa).

O primeiro título colleitado pola entidade foi o campionato de Liga da tempada 1986-87, campionato conseguido con dous xogadores iugoslavos e o resto do conxunto formado por xogadores guipuscoanos.

O Bidasoa comezara a facer historia aínda que tivo que esperar á década dos 90 para engadir, polo momento, sete títulos máis ao seu palmarés. Os máis importantes foron os da Copa de Europa gañada na tempada 1994-95 en Zagreb (Croacia) e que supuxo o primeiro título europeo dun equipo vasco en calquera modalidade deportiva e a Recopa de Europa. A entidade irundarra, que logrou clasificarse entre os mellores clubs de Europa da década, sumou ademais un novo título de Liga na tempada 1994-95 e dúas Copas do Rei nas tempadas 1990-91 e 1995-96. Na tempada 1999-00 gañou ademais a súa primeira Copa de Euskadi, título que repetiría nas tempadas 2000-01 e 2001-02.

Presidentes

editar

O CD Bidasoa tivo ao longo da súa historia un total de sete presidentes:

  • José Miguel Arana.
  • Manolo López.
  • Emilio Visiers.
  • José Antonio Quiñones.
  • Beñardo García e Luis Cuñado.
  • José Ángel Sodupe

Palmarés

editar
  • Campión: 1986-87 1994-95
  • Subcampión: 1993-94
  • Campión: 1990-91 1995-96
  • Subcampión: 1982-83 1987-88 1989-90 1992-93
  • Campión: 1995-96
  • Subcampión: 1987-88 1988-89 1993-94 1996-97
  • Campión: 1992-93
  • Subcampión: 1991-92
  • Campión: 1994-95
  • Subcampión: 1995-96
  • Campión: 1996-97
  • Subcampión: 1990-91
  • Subcampión: 1997-98

Cadro de xogadores 2010/2011

editar
 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar