Copa do Rei 2020 de hóckey a patíns

A Copa do Rei de hóckey a patíns 2020 será a 77ª edición da Copa do Rei. A competición, que debía disputarase entre os días 19 e 22 de marzo de 2020 na cidade galega da Coruña, foi aprazada pola epidemia de coronavirus rexistrada en España nos primeiros meses do ano. Será a segunda vez que se disputen de xeito conxunto as copas do Rei e da Raíña logo da edición precedente disputada na cidade catalá de Reus.

Copa do Rei 2020
O Pazo dos Deportes de Riazor acolleu todos os partidos da competición.
Detalles do torneo
CidadeA Coruña, Galicia, España
PavillónPazo dos Deportes de Riazor
DatasPor determinar[a]
Posicións finais
Galardóns e estatísticas

Sede editar

Artigo principal: Pazo dos Deportes de Riazor.

Todos os partidos da fase de grupos e da fase final celebráronse no Pazo dos Deportes de Riazor, pavillón con capacidade para 4 425 espectadores e unha pista de xogo de parquet cunhas dimensións de 20 × 40 metros, e que é o fogar do principal equipo de hóckey a patíns da cidade herculina e de Galiza, o Hockey Club Liceo.[1][2] A construción do pavillón comezou en novembro de 1968, precisamente cun partido de hóckey a patíns entre a selección española e un combinado de xogadores do resto do mundo, sobre unha superficie de 5.840 , baixo a dirección do arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira[3][4] e foi remodelado en 2011 cun investimento de 2,4 millóns de euros.[5]

Esta será a cuarta vez que o Pazo dos Deportes de Riazor acolleu a fase final da Copa do Rei,[6][b] se ben o recinto acolleu en tres ocasións competicións internacionais de seleccións absolutas de hóckey a patíns, logo de ter acollido dúas veces o Campionato do Mundo, en 1972 e 1988,[7] e unha vez o Campionato de Europa en 2018.[1]

Aprazamento da competición editar

O día 10 de marzo de 2020, a Real Federación Española de Patinaxe (RFEP) decidiu aprazar a competición copeira que debía disputarse na cidade galega entre o 19 e o 22 de marzo, seguindo as instrucións do Ministerio de Sanidad de España de celebrar todos os eventos deportivos a porta pechada.[8] Dous días despois, o 12 de marzo, o ente federativo emitiu un comunicado na súa páxina web no que informaba da suspensión cautelar de todas as competicións ata o 3 de abril con motivo da epidemia de coronavirus decretada en España e que motivou a declaración do estado de alarma en todo o territorio español por parte do presidente do goberno español Pedro Sánchez e que entrou en vigor o sábado 14 de marzo. No mesmo comunicado, a RFEP anunciaba como datas provisionais para a disputa da competición copeira, tanto en categoría feminina como masculina, entre o 4 e o 7 de xuño.[9][10]

Participantes e sistema de competición editar

 
O Palacio de María Pita foi o escenario do sorteo da competición copeira.

Nesta edición participarán un total de oito equipos, os oito mellores clasificados logo da primeira volta da OK Liga 2019-20. Os catro primeiros clasificados da primeira volta da OK Liga serán cabezas de serie no sorteo das eliminatorias.[11] Todas as eliminatorias disputaranse a partido único.

O xoves 30 de xaneiro ás 12:00 celebrouse o sorteo dos cuartos de final da competición, tanto en categoría masculina como na feminina. O escenario elixido para o acto foi o Palacio de María Pita e foi presentado polo cómico galego Xosé Antonio Touriñán, ademais contou coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia José Ramon Lete, o concelleiro de Deportes da Coruña Juan Ignacio Borrego, e o presidente da RFEP Carmelo Paniagua, así como xogadoras e xogadores dos equipos clasificados en ambas categorías.[12][13][14]

Os oito equipos participantes finalizaron co seguinte rexistro a primeira volta da OK Liga:[15]

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1   Barça Lassa 36 13 12 0 1 76 25 +51
2   Deportivo Liceo 36 13 12 0 1 63 21 +42
3   Igualada Rigat 25 13 8 1 4 58 47 +11
4   CE Noia Freixenet 23 13 7 2 4 50 34 +16
5   Reus Deportiu Miró 21 13 6  3 4 41 39 +2
6   Garatge Plana Girona 20 13 5 5 3 35  45 -10
7   Recam Làser Caldes 19 13 5 4 4 44 42 +2
8   Calafell Tot l’Any 18 13 5 3 5 39 36 +3

Cadro de competición editar

Cuartos de final Semifinal Final
                   
por determinar        
  Deportivo Liceo  

por determinar

  Reus Deportiu Miró    
   

por determinar

       
  Igualada Rigat  

por determinar

  Calafell Tot l’Any    
   

por determinar

     
  Barça Lassa  

por determinar

  Garatge Plana Girona    
   

por determinar

       
  CE Noia Freixenet  
  Recam Làser Caldes    


Notas editar

  1. Inicialmente a competición foi programada para disputarse entre os días 19 e 22 de marzo de 2020.
  2. O recinto acolleu ademais as finais de Copa disputadas a dobre partido en 1986 e 1989.[6]
Referencias
  1. 1,0 1,1 "A Coruña, sede del Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 27 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  2. "#okcoruna: Informations, Meetings and Media" (en inglés). World Skate Europe. 11 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  3. "Corunha confirmada para o Europeu". hoqueipt.com (en portugués). 27 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  4. "Franco inauguró un Palacio de los Deportes en La Coruña". ABC (en castelán). 2 de agosto de 1970. p. 66. 
  5. "El Ayuntamiento ultima las obras del Palacio de Deportes de Riazor". La Opinión de A Coruña (en castelán). 16 de marzo de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "A Coruña, sede de la próxima edición de la Copa del Rey y de la Reina" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 13 de novembro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  7. Varela, María (7 de febreiro de 2018). "A Coruña opta al Europeo". La Opinión (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  8. "Las Copas del Rey y la Reina, aplazadas por el coronavirus". Mundo Deportivo (en castelán). 10 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  9. "Comunicado oficial de la RFEP" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 12 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  10. "Sánchez decreta el estado de alarma durante 15 días". El País (en castelán). 14 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  11. "La Copa del Rey ya tiene a sus ocho elegidos". Real Federación Española de Patinaxe (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  12. "A Coruña acoge este 30 de enero el sorteo de la Copa de SM El Rey y de SM La Reina" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  13. "Sorteados los cuadros de competición de la Copa de S.M. El Rey y de S.M. La Reina" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  14. "El Liceo se estrenará ante el Reus en la Copa del Rey". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  15. "El Liceo pasa la prueba de Reus" (en castelán). Mundo Deportivo. 18 de decembro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar