Copa do Mundo de Rugby

(Redirección desde «Copa Mundial de Rugby»)

A Copa do Mundo de Rugby é a competición internacional máis importante do rugby. O evento está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, a World Rugby, e nel participan seleccións nacionais masculinas. O primeiro mundial foi celebrado en 1987, e dende entón se ven repetindo cada catro anos. O campión recibe a Copa Webb Ellis, bautizada co nome do lendario inventor do deporte do rugby William Webb Ellis.

Copa do Mundo de Rugby
Copa Webb Ellis
Fundación1987
RexiónWorld Rugby
Equipos20 (na fase final)
Actual campiónSelección de rugby de Suráfrica Suráfrica (4º título)
Máis laureadoSelección de rugby de Suráfrica Suráfrica (4 títulos)
Sitio webwww.rugbyworldcup.com
Vindeira edición Francia 2023

Catro seleccións acadaron o campionato nas dez edicións disputadas, Suráfrica catro veces, Nova Zelandia tres veces, Australia dúas veces e Inglaterra unha vez. A vixente campioa é Suráfrica, que derrotou a Nova Zelandia na final de 2023.

A Copa do Mundo de Rugby está considerada o terceiro evento deportivo máis importante a nivel internacional despois dos Xogos Olímpicos e da Copa do Mundo de Fútbol[1][2].

Formato editar

As vinte seleccións que participan na Copa do Mundo están divididas en catro grupos de cinco equipos. Cada selección xoga un partido contra o resto dos equipos do seu grupo. As dúas seleccións que acadan máis puntos en cada grupo ó remate desta fase se clasifican para os cuartos de final.

As eliminatorias constan de cuartos de final, semifinais e final, e consisten en encontros únicos de eliminación directa. Nos cuartos de final o equipo gañador pasa a semifinais, e o perdedor queda eliminado. Nas semifinais o equipo gañador pasa á final, e o perdedor pasa a disputar o encontro polo terceiro e cuarto posto.

As edicións de 1987, 1991 e 1995 contaron con dezaseis equipos participantes. Dende 1999 foron vinte os equipos participantes. Está programado que dende a edición de 2027 a cifra de equipos participantes sexa de vinte e catro.

Resultados editar

Foron vinte e seis as seleccións que participaron nas dez edicións disputadas da Copa do Mundo de Rugby entre 1987 e 2023. Das vinte e seis seleccións, trece acadaron a clasificación para os cuartos de final cando menos unha vez, tan só oito disputaron as semifinais, e unicamente cinco teñen xogado a gran final. Nova Zelandia estivo presente na metade das finais, gañando tres das cinco que disputou. Suráfrica tamén estivo presente na final da metade dos campionatos que disputou, que neste caso son oito, gañando as catro finais que disputou. Australia disputou catro finais gañando dúas, Inglaterra disputou catro finais gañando unha e Francia disputou tres finais sendo derrotada nas tres ocasións.

Edición Campión Resultado Subcampión Terceiro Resultado Cuarto
Mundial
2023
 
Suráfrica
12 - 11
Stade de France
París
 
Nova Zelandia
 
Inglaterra
26 - 23
Stade de France
París
 
Arxentina
Mundial
2019
 
Suráfrica
32 - 12
International Stadium
Iocoama
 
Inglaterra
 
Nova Zelandia
40 - 17
Ajinomoto Stadium
Toquio
 
Gales
Mundial
2015
 
Nova Zelandia
34 - 17
Twickenham Stadium
Londres
 
Australia
 
Suráfrica
24 - 13
London Stadium
Londres
 
Arxentina
Mundial
2011
 
Nova Zelandia
8 - 7
Eden Park
Auckland
 
Francia
 
Australia
21 - 18
Eden Park
Auckland
 
Gales
Mundial
2007
 
Suráfrica
15 - 6
Stade de France
París
 
Inglaterra
 
Arxentina
34 - 10
Parc des Princes
París
 
Francia
Mundial
2003
 
Inglaterra
20 - 17
Stadium Australia
Sydney
 
Australia
 
Nova Zelandia
40 - 13
Stadium Australia
Sydney
 
Francia
Mundial
1999
 
Australia
35 - 12
Millennium Stadium
Cardiff
 
Francia
 
Suráfrica
22 - 18
Millennium Stadium
Cardiff
 
Nova Zelandia
Mundial
1995
 
Suráfrica
15 - 12
Ellis Park
Xohanesburgo
 
Nova Zelandia
 
Francia
19 - 9
Loftus Versfeld
Pretoria
 
Inglaterra
Mundial
1991
 
Australia
12 - 6
Twickenham Stadium
Londres
 
Inglaterra
 
Nova Zelandia
13 - 6
Arms Park
Cardiff
 
Escocia
Mundial
1987
 
Nova Zelandia
29 - 9
Eden Park
Auckland
 
Francia
 
Gales
22 - 21
International Stadium
Rotorua
 
Australia

Estatísticas editar

Máximos anotadores editar

Notas editar

Edicións da Copa do Mundo de Rugby
1987 - 1991 - 1995 - 1999 - 2003 - 2007 - 2011 - 2015 - 2019 - 2023