Abrir o menú principal
Sedes da Copa América 2011

A Copa América 2011 é a edición número 43 da máxima competición suramericana de fútbol entre seleccións nacionais, organizada pola Conmebol, e disputada na Arxentina. O torneo comezou o 1 de xullo de 2011 e rematou o 24 de xullo coa vitoria final para a Selección de fútbol de Uruguai.

Índice

SedesEditar

Cidade Estadio Capacidade
Buenos Aires Estadio Monumental Antonio Vespucio Liberti 57.921[1]
Córdoba Estadio Mario Alberto Kempes 57.000[2]
La Plata Estadio Ciudad de La Plata 53.000[3]
Santa Fe Estadio Brigadier General Estanislao López 47.000[4]
Mendoza Estadio Malvinas Argentinas 40.268[5]
San Juan Estadio San Juan del Bicentenario 25.000[6]
San Salvador de Jujuy Estadio 23 de Agosto 23.000[7]
Salta Estadio Padre Ernesto Martearena 20.408[8]

ParticipantesEditar

Os equipos participantes nesta edición 2011 da Copa América son as 10 seleccións nacionais que compoñen a Conmebol mais 2 seleccións que foron invitadas, a de México e a de Costa Rica.

Equipos participantes
  Arxentina   Chile   Ecuador   Perú
  Bolivia   Colombia   México   Uruguai
  Brasil   Costa Rica   Paraguai   Venezuela

Inicialmente a Selección de fútbol do Xapón estaba invitada a participar no torneo, pero a federación xaponesa de fútbol tivo que rexeitar a invitación por mor do terremoto que afectou a unha parte do norte do país en marzo de 2011.

Primeira FaseEditar

Grupo AEditar

Grupo BEditar

Grupo CEditar

Segunda FaseEditar

EliminatoriasEditar

As eliminatorias comezaron cos cuartos de final, aos que se clasificaron os 2 primeiros equipos de cada grupo, e os 2 equipos que remataron no 3º posto conseguindo mais puntos, ou en caso de empate a puntos, aquel co mellor índice de goles.

Terceiros clasificados Pts X G E P GF GC Dif
  Perú (Grupo C) 4 3 1 1 1 2 2 0
  Paraguai (Grupo B) 3 3 0 3 0 5 5 0
  Costa Rica (Grupo A) 3 3 1 0 2 2 4 -2
Final
Competición Copa América
Tempada 2011
Estadio Monumental de Núñez (Buenos Aires)
Capacidade 56.654 persoas
Data 24 de xullo de 2011
Resultado 3 · 0
Campión   Uruguai
Finalista   Paraguai
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Cuartos de final Semifinais Final
                   
16 de xullo, Córdoba        
   Colombia   0
19 de xullo, La Plata
   Perú   2  
    Perú   0
16 de xullo, Santa Fe
      Uruguai   2  
   Arxentina   1 4
24 de xullo, Buenos Aires
   Uruguai   1 5  
    Uruguai   3
17 de xullo, La Plata
      Paraguai   0
    Brasil   0 0
20 de xullo, Mendoza
   Paraguai   0 2  
    Paraguai   0 5 Terceiro Posto
17 de xullo, San Juan
      Venezuela   0 3  
   Chile   1     Perú   4
   Venezuela   2       Venezuela   1
23 de xullo, La Plata
 
O Estadio Monumental de Núñez acolleu a final do torneo.

FinalEditar

A final da edición 2011 da Copa América tivo lugar no estadio Monumental de Núñez, en Buenos Aires, o 24 de xullo de 2011. Nela enfrontáronse a Selección de Uruguai e a Selección de Paraguai.

Para chegar a esta final, a Selección de Uruguai tivo que clasificarse no grupo C, cousa que fixo gañando 1 encontro fronte a México e empatando os outros 2 fronte a Perú e Chile. Nos cuartos de final eliminou á selección anfitrioa do campionato, Arxentina, e nas semifinais superou a Perú por 2 tantos a 0.

Pola súa banda, a Selección de Paraguai tivo como compañeiros no grupo B a Brasil, Ecuador e Venezuela, acadando como resultado 3 empates. Nos cuartos de final tivo que enfrontarse de novo a Brasil, co cal empatou novamente, aínda que acadou o pase a semifinais dende o punto de penalti. Nas semifinais repetiuse o enfrontamento con Venezuela, coa que Paraguai acadou o 5º empate seguido. O pase á final foi de novo acadado nos penaltis.

Na final o dominio do xogo pertenceu a Uruguai dende os primeiros minutos. No minuto 2 houbo un posible penalti a prol dos charruas por mans dun defensor guaraní dentro da área. No minuto 11 Uruguai abríu o marcador cun gol do dianteiro Luis Suárez. O segundo gol chegou no minuto 41, da man do tamén dianteiro Diego Forlán. Tralo descanso o encontro foi mais dividido, ainda que no minuto 89 Diego Forlán acadou o 3-0 a prol de Uruguai que pechou o marcador.

Uruguai acadou a súa 15ª Copa América, converténdose na selección mais laureada de Sudamérica.

NotasEditar

  1. ca2011.com (ed.). "Antonio Vespucio Liberti - Buenos Aires". Consultado o 29 de junio de 2011. 
  2. ca2011.com (ed.). "Mario Alberto Kempes - Córdoba". Consultado o 29 de junio de 2011. 
  3. ca2011.com (ed.). "Ciudad de La Plata - La Plata". Consultado o 29 de junio de 2011. 
  4. ca2011.com (ed.). "Brigadier General Estanislao López - Santa Fe". Consultado o 29 de junio de 2011. 
  5. ca2011.com (ed.). "Malvinas Argentinas - Mendoza". Consultado o 29 de junio de 2011. 
  6. ca2011.com (ed.). "Estadio del Bicentenario - San Juan". Consultado o 29 de junio de 2011. 
  7. ca2011.com (ed.). "23 de Agosto - San Salvador de Jujuy". Consultado o 29 de junio de 2011. 
  8. ca2011.com (ed.). "Padre Ernesto Martearena - Salta". Consultado o 29 de junio de 2011. 

Véxase taménEditar