San Salvador de Jujuy
San Salvador de Jujuy é unha cidade do noroeste da Arxentina, capital da provincia de Jujuy. Atópase no sur da provincia, na confluencia dos ríos Grande e Xibi Xibi (Río Chico). Ten unha poboación de 265.249 habitantes (2010), e é chamada afectuosamente «La Tacita de Plata».
O centro histórico da cidade de San Salvador de Jujuy atópase no medio de elevadas montañas, producindo un dos seus contrafortes unha especie de península limitada polo norte e polo leste co río Grande de Jujuy e polo sur co río Chico ou Xibi Xibi.
Durante o século XX, a cidade espallouse principalmente cara ao sur e sueste do río Xibi Xibi, e en menor grao, pola banda norte do Río Grande.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | Provincia de Jujuy | |||
Departamento da Argentina (pt) | Doctor Manuel Belgrano (departamento) (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 321.789 (2018) (12.871,56 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 25 km² | |||
Altitude | 1.201 m | |||
Creación | 1593 | |||
Organización política | ||||
Órgano executivo | Cabinet of San Salvador de Jujuy (en) | |||
Órgano lexislativo | Deliberative Council of San Salvador de Jujuy (en) , (Escano: 12) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | Y4600 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 0388 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | municipiodejujuy.gov.ar |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Salvador de Jujuy |