Conversa usuario:Zumbi
Benvida editar
Benvido(a) á Galipedia, Zumbi!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--BaNjO talk 13:59, 16 febreiro 2007 (UTC)
Seriedade editar
En absoluto é unha expresión pouco seria. 'Morrer de morte matada' ou 'de morte morrida' é unha expresión normal e non coloquial, ao igual ca 'falecido'. Pero iso son detalles, ;) Bo traballo. --Xabier Cid 11:33, 4 xullo 2007 (UTC)
Traducións editar
Ola Zumbi. Por favor inclúe no campo resumo, o que hai xusto debaixo da caixa de edición, un texto semellante a este "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua..." cando se trate dunha tradución doutra Wikipedia. Por exemplo para José Mário Branco sería "tradución do artigo pt:José Mário Branco da Wikipedia en portugués". A licenza da Wikipedia (GFDL) require atribución, ademais indicar a orixe permite que calquera usuario poida verificar o artigo con maior facilidade. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:26, 11 xullo 2007 (UTC)
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Suspiros de kaña.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. A indicación como orixe do texto A Regueifa Platadorma é insuficiente para que se poida comprobar a licenza. Para poder poñer unha licenza Creative Commons, na páxina de orixe, ou no lugar do que se pille a imaxe, ten que aparecer dita licenza
Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.
Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.
Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
- Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.
Lmbuga Commons - Galipedia 11:06, 9 agosto 2007 (UTC)
- Ola de novo. Síntoo pero as imaxes de http://www.aregueifa.net/ non son válidas nin para a Wikipedia nin para Commons. Certo é que pon ó fondo licenza Creative Commons, pero, se fas click onde pon Creative Commons, aparécenche os datos da licenza e verás que se prohibe o uso comercial. Tódalas imaxes da Galipedia teñen que permitir o uso comercial. A licenza que ti colocaches non é a mesma cá que hai na páxina pois indica que se permite o uso comercial, como tódalas licenzas que temos.
- Síntoo, pero non se me ocorre máis alternativa que borrala, pois é unha violación do copyright. Cando teñas algunha dúbida sobre imaxes non dubides en recorrer a min. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:29, 10 agosto 2007 (UTC)
- Ola, estiven buscando en libros de demografía afroaestadounidense e non atopei ningunha referencia, si aparece abondo afroamericano (e nos máis antigos negro) e estás seguro que a un negro chileno, arxentino aparece nalgures como afroamericano, podes dicir que son de orixe africana e americana pero un americano de orixe marroquí ou exipcia que son tamén de orixe africana xamais aparecen baixo o epígrafe de afroamericano, en teoría o que expós é certo pero os termos teñen os seus usos fixados e aínda que non sexan sempre precisos non os podemos cambiar se a comunidade científica non o fai primeiro, saúdos.--André 09:54, 12 agosto 2007 (UTC)
- Para afroestadounidenses atopei 9100 entradas e parte son de páxinas moi mal traducidas do inglés onde na versión inglesa aparece afroamericano, podes ver na páxina en castelán afroestadounidense [1] e na orixinal en inglés african american por exemplo [2], o mesmo pasa con páxinas da administración americana, afroestadounidense en castelán [3],
African-American en inglés [4], e afro-américains en francés [5], non atopei ningún traballo científico onde apareza afroestadounidense xa que afroamericano é un termo oficial nos Estados Unidos para referirse a un grupo demográfico, tan só informes do goberno dos Estados Unidos pero o castelán que adoita empregar non é precisamente un exemplo académico con estruturas gramaticais cuspidiñas do inglés.
É certo que nalgúns países como Colombia se emprega afroamericano, en relación ao amefricano que pon na wikipedia en castelán é a primeira vez que o vexo e non teño idea. O que quero dicir é que aínda que adoptemos afroamericano para referirnos a todos os americanos de orixe africana subsahariana non vexo que podamos adoptar afroestadounidenses para referirnos especificamente á poboación negra dos Estados Unidos por que as referencias que vin son de baixo nivel: traducións (rápidas) ao castelán de documentos, informes ou webs. Pero a miña é só unha opinión e non é nin mellor nin peor que outras.--André 14:08, 12 agosto 2007 (UTC)
- Por min paréceme ben, é razoable.--André 18:27, 12 agosto 2007 (UTC)
Si, existen varios tipos de 2.5. Un exemplo é o da imaxe (que non permite o uso comercial, motivo polo cal non pode estar na Galipedia) outro, o da licenza que temos na Galipedia: Se fas click en Template:Cc-by-sa-2.5-es e despois en "Attribution-ShareAlike 2.5 Spain" verás que na Galipedia non se prohibe o uso comercial. Insisto, tódalas imaxes da Galipedia e de Commons deben permitir a realización de obras drivadas e o uso comercial. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:54, 14 agosto 2007 (UTC)
- As imaxes doutras wikipedias deben ser subidas á Galipedia ou a Commons para que poidan estar activas e funcionar.
- Tódalas imaxes subidas a Commons están activas en tódalas wikipedias, pero non ocorre o mesmo coas imaxes subidas a unha wikipedia concreta. O motivo é que a lexislación que atinxe ás wikipedias, dependendo do país de orixe, é diferente; por exemlo, moitas das imaxes cargadas na wikipedia inglesa, por mor da lexislación, son inadmisibles na Galipedia e en Commons. Iso si, as licenzas GFDL (é o que entendo, pois non o sei todo) son admisibles en tódalas wikipedias--Lmbuga Commons - Galipedia 02:17, 14 agosto 2007 (UTC)
#REDIRECT Espiral Maior Edicións editar
Xa corrixín cara a este reenvío, que debería ser o correcto segundo a opinión de XCid na páxina de discusión e o propio logotipo. Pregunta sen dobre intención: Ti non tés botón de "mover"? Enjoy life. --Sobreira (parlez) 11:51, 18 agosto 2007 (UTC)
Aniversario editar
Ola Zumbi. Felicitacións polo teu primeiro aniversario na Galipedia. Aínda que o teu contador sinala o día 24 de febreiro de 2007 a túa primeira contribución está rexistrada uns días antes o 16 de febreiro. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:26, 18 febreiro 2008 (UTC)
encima del armario editar
Boa tarde!
como ben me comentou Beninho hai un tempo, coméntoche agora sobre o libro de estilo. Adóitase usar a cursiva para os títulos de cd's, ep's, películas e libros, e as aspas para as cancións, poemas...
outra recomendación é que cando traduzas ou crees un artigo que existe noutra wiki, engadas neses artigos unha ligazón ó artigo na wiki:gl (caso de Nuberu, estaría ben engadir a ligazón nos artigos en asturianu e en castelán).
como non hai dous sen tres: ó actualizar o modelo de artigos solicitados, está ben pór no resumo da edición os artigos que retiras e os que engades.
Saudiños, e ata máis ler.
--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:22, 4 marzo 2008 (UTC)
Azores editar
Ola, Zumbi, si, en galego é Os Azores. Xa corrixo eu o que sinalas. Se hai algo máis, avisa, ok? Saudiños. --Xabier Cid Conversa 12:57, 20 novembro 2008 (UTC)
Ola Zumbi. Púxenlle o marcador {{SenReferencias}} ao artigo Narón TV porque aparecen moitos datos e afirmacións que cómpre referencialos con citas de fontes fiables acreditadas (por exemplo que foi "a primeira de ámbito local en emitir con normalidade e un referente dentro das emisoras locais"). Como ti es o creador do artigo supoño que terás información para localizar esas referencias, se necesitas axuda en canto ao xeito de incluílas no artigo ou sobre cales son válidas e cales non aquí estamos para botar unha man. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:26, 23 outubro 2009 (UTC)
- Grazas por engadir a fonte tan rápido, vou descargar o documento e lelo e en función do que diga dareille formato a referencia co modelo {{Cita Web}}, se vexo que queda algo pendente xa cho digo. Fareino máis tarde porque agora mesmo teño que marchar. Outra vez grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:10, 23 outubro 2009 (UTC)
- Ola outra vez. Xa puxen as referencias no formato da Galipedia. Revisei o documento 'Tres décadas de televisión en Galicia' e efectivamente hai un erro coas datas de comezo das emisións na páxina 155 di 1984 e na 244 1988, comprobei noutras fontes e recollen 1988. Retirei a frase "un referente dentro das emisoras locais" por ser valorativa e non atopar en que sustentala, mudei o nome Ferrolvisión-Canal 29 por Ferrolvisión Canal 29, polo que puiden comprobar semella ser un erro. Por último engadín o marcador {{Cómpre referencia}} á frase "acabar integrada na rede de emisoras locais Localia como Localia-Ferrol" porque no documento non recolle ese dato, polo tanto cómpre atopar outra referencia para ese dato concreto. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:45, 23 outubro 2009 (UTC)
- Tes razón pasouseme, quitei {{Cómpre referencia}}. Semella que esa información en realidade parte dunha tese doutoral chamada Diarios nas televisións locais de Galicia. A información televisiva no espazo local de Rodríguez Váquez e prestei máis atención ao documento que falaba dela e ese detalle pasouseme, desculpa. En canto ao valorativo de 'referente' retireino porque remite a modelo, a experiencia fundadora a seguir, iso implica unha valoración da que non temos datos polo menos no artigo (tendo en conta tamén que houbo outras experiencias tal e como se sinala no texto do Consello da Cultura Galega. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:30, 23 outubro 2009 (UTC)
- Ola outra vez. Xa puxen as referencias no formato da Galipedia. Revisei o documento 'Tres décadas de televisión en Galicia' e efectivamente hai un erro coas datas de comezo das emisións na páxina 155 di 1984 e na 244 1988, comprobei noutras fontes e recollen 1988. Retirei a frase "un referente dentro das emisoras locais" por ser valorativa e non atopar en que sustentala, mudei o nome Ferrolvisión-Canal 29 por Ferrolvisión Canal 29, polo que puiden comprobar semella ser un erro. Por último engadín o marcador {{Cómpre referencia}} á frase "acabar integrada na rede de emisoras locais Localia como Localia-Ferrol" porque no documento non recolle ese dato, polo tanto cómpre atopar outra referencia para ese dato concreto. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:45, 23 outubro 2009 (UTC)