Narón TV

televisión local de Narón

Narón TV foi unha canle de televisión galega, a primeira[1] de ámbito local en emitir con normalidade. A súa programación estaba orientada á vila de Narón e á comarca de Ferrolterra e era emitida pola canle 28[1] de UHF.

Narón TV
Tipotelevisión local
Data de fundación1988
SedeNarón
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Foi creada en xaneiro de 1988 por Fernando Masafret, profesional audiovisual que traballaba para a empresa Retina[1], aínda que xa en setembro de 1988 se formalizaría a súa relación co Concello de Narón converténdoa nunha empresa mixta, que mesturaba capital privado e investimento público. Narón TV existiu como tal até o ano 1992, no que se convertería en Canal 4[1] de Ferrol, empresa que á súa vez pasaría a chamarse Ferrolvisión Canal 29 para anos máis tarde acabar integrada na rede de emisoras locais Localia como Localia-Ferrol[1].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Consello da Cultura Galega. Sección de Comunicación, ed. (2005). "Tres décadas de televisión en Galicia. Cronoloxía e posicións perante o desafío dun novo modelo audiovisual" (pdf) (en en galego). pp. páx. 242 e 244. Consultado o 23 de outubro de 2009. ...a primeira televisión local «estable» de Galicia (antes houbera outras experiencias en lugares tan dispares como o Barco de Valdeorras, Caldas de Reis, Cuntis, Vilanova de Arousa ou Monterroso...