Nuberu é un grupo musical asturiano creado en 1976 por Chus Pedro e Manolo Peñayos. É habitualmente encadrado como música folk polas súas referencias ás raíces asturianas, aínda que o estilo do grupo está máis próximo da canción de autor de intervención social. Os seus temas teñen unha forte pegada social e están vencellados aos problemas de Asturias e a súa clase obreira. O idioma fundamental empregado polo grupo é a lingua asturiana.

Nuberu
Nuberu.jpg
OrixeEl Entrego, Asturias Flag of Asturias.svg
Período1976 - 2007
Xénero(s)folk, canción de autor
Selo(s) discográfico(s)Discos L'Aguañaz
MembrosChus Pedro, Manolo Peñayos
Páxina webwww.nuberu.com

HistoriaEditar

O grupo xorde dentro do colectivo "Camaretá", no concello de San Martín del Rey Aurelio (El Entrego, Asturias), no ano 1976. Ese mesmo ano debutan no Día da Cultura de Xixón, organizado por colectivos vencellados aos grupos de esquerda.

A súa popularidade aumenta rapidamente. No ano 1977 actúan na festa do Partido Comunista de España en plena campaña electoral, e un ano despois sacan o seu primeiro disco Asturies, ayeri y güei. Nos anos 1980 e 1981 sacan dous traballos consecutivos, pero pouco despois sofren unha crise e deciden separarse temporalmente.

En 1984 volverán co recompilador El glayíu d'un país: Asturies. En 1987 sacan o disco Mineros en apoio aos traballadores da empresa Hunosa, e que presentarán no Teatro Campoamor de Oviedo. Nese mesmo lugar gravaran o seu primeiro disco en directo Como tu yes. Seguirán o disco Agua de la fonte clara e L'árbol de Navidá, unha recompilación de panxoliñas tradicionais asturianas.

No ano 2002 sae o libro Nuberu nel tiempu, a biografía do grupo escrita por Benigno Delmito Coto. O grupo reeditará para a ocasión os seus tres primeiros traballos.

O día 20 de outubro de 2007 o grupo anuncia a súa disolución.

Ao longo da súa carreira, Nuberu ten colaborado con multitude de artistas asturianos e internacionais, como Víctor Manuel, Ana Belén, Rosa León, Quilapayún, a Coral Polifónica de Sotrondio, Ilegales, Dixebra, Llan de Cubel, Tejedor, Luis Eduardo Aute ou Jerónimo Granda.

DiscografíaEditar

  • Asturies, ayeri y güei - 1978
  • Atiendi, Asturies - 1980
  • Cancios d'un país - 1981
  • El glayíu d'un país: Asturies (recompilatorio) - 1984
  • Mineros - 1987
  • Como tu yes (directo) - 1991
  • Agua de la fonte clara - 1993
  • L'árbol de Navidá - 1994
  • Nuberu nel tiempu - 2002

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar