Conversa usuario:Xoán Carlos Fraga/Arquivo 4

pergameo do Morrazo

editar

Ola, Xoán Carlos; Veño de ler en chuza! esta nova sobre un pergameo atopado en Moaña; Anímaste a íncluíla nalgures? Se me cadra ben, quizais o venres me poida achegar e tirarlle unha foto.

Un saúdo, e un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:49, 12 de maio de 2010 (UTC)

Si, eu referíame a incluílo no artigo da parroquia onde foi atopado, pois quizais no de historia da lingua galega fose excesivo (supoño que haberá outros testamentos similares anteriores). Con todo, vexo que o foro do burgo de Castro Caldelas ten categorías xenéricas, e xórdeme outra pregunta: sería pertinente crear unha categoría ou un artigo documentación medieval en lingua galega? Falamos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:24, 12 de maio de 2010 (UTC)

Club Baloncesto Breogán

editar

Ola! Para nada me molestan, todo o contrario. Xusto agora iate escribir por aquí para darte as grazas polas corrección e vin que me escribiche ti ;) Polo que respecta o artigo tentarei completalo un pouco máis e agradeceríate moito calquera a axuda, sobre todo coa redacción porque creo que meto moitas veces a pata. Un saúdo e grazas de novo.--Adorian (fálame) 20:31, 12 de maio de 2010 (UTC)

Sexualidade

editar

Moi ben todos eses arranxos que estás a levar a cabo nos artigos relacionados co sexo. É moi importante contar con bos artigos nese eido, porque teñen visitas arreo, quer polo vicio da xente ou polo interese nas ciencias, iso xa non cho sei. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:17, 13 de maio de 2010 (UTC)

RE: Aneis

editar

Nada, ho, mais eu tampouco sei de certo as traducións correctas. Simplemente guieime polo título do propio artigo, Frodo Bulseiro, que indica que non é "Bolsón", como en castelán. O resto de nomes pódense atopar ao longo dos diferentes artigos sobre o tema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:11, 14 de maio de 2010 (UTC)

Categoría

editar

Cóntallo a Toliño. Eu estou igual ca ti. El seguro que nos saca de dúbidas. A miña fe nel para estas cousas é case cega. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:57, 14 de maio de 2010 (UTC)

O vándalo

editar

ola Xoán! A parte de que o tipo este que nos trae polo camiño da amargura crea os artigos con algún tipo de tradutor que fai que non se entendan (ortografía, xénero, concordancia...), está spameando continuamente, creando novos usuarios á vez que se bloquean os vellos, entre os administradores da Galipedia e os administradores globais que tiveron que vir na nosa axuda. Non sei o número de usuarios e ip's que lle bloqueamos, pero máis dun cento seguro. Aquí tes máis información en:Wikipedia:Long-term abuse/Bambifan101. Non podemos caer no seu xogo, porque senón estamos condenados. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 19:13, 15 de maio de 2010 (UTC)

Así é. Pasa do que che diga. Te unha teima persoal e volve tolo a todo quisqui. --Atobar (conversa comigo) 21:53, 15 de maio de 2010 (UTC)

Porco celta

editar

Nada ho, xa sabes Xoán Carlos que a mandar, que para iso estamos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:43, 15 de maio de 2010 (UTC)

Toponimia

editar
  • Xoán Carlos, para a toponimia guiámonos por este manual da UVigo. A partir da páx. 102 tes os topónimos do mundo. De haber algún caso no que choque co criterio RAG (actualizado) pois prima o RAG, claro. --Atobar (conversa comigo) 23:52, 15 de maio de 2010 (UTC)
  • O wikilingue é un tradutor interwikipédico. Non é que exista en galego ese artigo, senón que o wikilingue en cuestión o traduce doutra lingua (castelán ou portugués, creo.), para o caso o castelán. Créao se che apetece, pero ten en conta que é unha tradución e cómpre indicar de onde vén. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:07, 16 de maio de 2010 (UTC)
    • Para mantemento, eu propóñoche varias tarefas: 1)ir desillando os artigos que HombreDHojalata vai marcando. Haino que facer atopando un lugar noutro artigo onde ligar co artigo illado. 2) Facer páxinas de homónimos alí onde fagan falla. Sobre todo en xente con igual nome e en termos con varias acepcións 3) Fuchicar na Categoría:Wikipedia:Atención 4) Ir creando páxinas a partir deste anexo. Non ten por que ser en absoluto da wiki que alí se indica. 5) Crear páxinas segundo o criterio de páxina requeridas. Tarefa non falta. A choiar no que máis che reine. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:26, 16 de maio de 2010 (UTC)
Hello. Can you edit more animated pages please? Thank you. 74.249.96.50 02:00, 17 de maio de 2010 (UTC)

RE: Fichas

editar

Perdón polo atraso, ultimamente ando apartado da Galipedia. Non sei se te lembras da tarefa que me deixaches. Creo que a primeira xa está, referida a {{Anatomía}}; non obstante, para a segunda paréceme que cómpre comezar o modelo de novo, porque a súa sintaxe (refírome á sintaxe wiki) non está ben. Vou ver de amañala se teño tempo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:29, 17 de maio de 2010 (UTC)

Ola Xoán Carlos.

O certo é que "tonada" non sae en moitas páxinas, o problema, se é que o hai, e que "Tonada" está no Modelo:Música latinoamericana, e ese modelo está en moitas ducias de páxinas. Se houbera que modificalo (que eu non o sei) so habería que facelo unha vez, aquí, e listo.

É un problema moi común na lista de páxinas requiridas, estas son chamadas por modelos, e como eses modelos se empregan en moitas páxinas... Por exemplo Modelo:Premios Nobel de Física chama centos de veces a artigos inexistentes. Para min sería unha solución quitar as ligazóns internas nos modelos e ilas poñendo a medida que se van creando as páxinas, mais penso que o resto dos usuarios non estarían pola labor. E por outra banda pode que non sexa malo que algunhas cousas estean moi solicitadas, así temos unha idea do que é mais prioritario.

Un saúdo --. HombreDHojalata.conversa 20:47, 17 de maio de 2010 (UTC)

Galacia > Gallaecia

editar

Ola. Era só para preguntar se o cambio que fixeches no modelo de Mitoloxía celta mudando Galacia por Gallaecia foi porque pensaches que se trataba dun erro. Non faría referencia a forma Galacia ao territorio antigamente habitado polos gálatas? Un saúdo --Servando2 (Dime) 00:14, 20 de maio de 2010 (UTC)

RE: Cita

editar

Molestia ningunha, ho! Proba a limpar a memoria caché do navegador. Eu xa o vexo ben. --Toliño Fala aquí comigo 15:36, 20 de maio de 2010 (UTC)

modelo libro

editar

Ola Xoán Carlos, gracias polo de "experto" pero a verdade é que son bastante trapalleiro facendo modelos. De feito o derradeiro modelo que fixen, Produtos da pesca comerciais, dista bastante do modelo orixinal (en:Template:Commercial fish topics) tirado da Wikipedia inglesa. No caso que me comentaches vexoo un pouco complicado, na Galipedia xa hai un modelo xeitoso, aínda que o da Wikipedia española e moito mellor, eu normalmente fago os modelos a partir da Wikipedia inglesa traducindo só a parte que se ve ao galego. Como ti dis, os da Wikipedia española son máis problemáticos xa que normalmente están traducidos totalmente e é un choio pasalo todo ao galego, polo menos pra min. Sinto non poder ser de moita axuda, poderíasme ensinar o modelo que fixeches?--Hugo22 13:56, 21 de maio de 2010 (UTC)

Moitisimas grazas

editar

Moitisimas grazas polos teus parabéns Xoán Carlos, e desculpa que non che respostara anteriormente, mais estiven daquí e dacolá con historias...non sempre de todo gratas. O que si é grato, é lerte de novo e ver que o arquivo que fixen da coroa de Castela é útil e que che pareceu interesante, grazas unha vez máis. No tema de Silo...xa non sei nin que facer, ninguén respostou a última entrada que fixen, e supoño que será porque o tema pode parecer aburrido e complicado -que o é-, pero con vontade real, e sendo de verdade consecuentes co resto de artigos, e pensando na suma importancia destes artigos na historia galega, penso que todo poderá discorrer ben, a ver. No tema de Sabela a Católica, a verdade é que como estiven vendo, estás a traballar moi duro nesa liña, motivo polo que che dou os meus parabens e prometo serche de axuda. Indo ao gran, o de raíña dos Algarves coido que é un título que reclamou fronte ao rei de Portugal (este si que era rei dos Algarves), logo si que debe de ir no de títulos que reclamou. En canto ao de Xibraltar, non o tiña claro e busquei información, asi pois Sabela a católica foi efectivamente raíña de Xibraltar cando este pequeno marquesado pasou a mans reais en 1501, logo, desde esta data, o título está asociado aos reis da Coroa de Castela. Pouco máis que iso che podo contar. Unha grande aperta Xoán Carlos.--Alexandre Vigo 19:52, 21 de maio de 2010 (UTC)

Modelo:Características anatómicas

editar

Boas Xoán Carlos. Atópolle un problema a este modelo e é que os conceptos que contén non son, sensu estrito, anatomía senón morfoloxía. Sei que o linde entre os dous conceptos é difuso pero para min (non sei se é opinión válida) a morfoloxía estuda as rexións e partes do corpo (externas) mentres que a anatomía estuda os órganos (internos). Existe o artigo morfoloxía (bioloxía) que vai por aí aínda que a min no me queda de todo claro. Temos tamén o artigo anatomía, que semella máis cerca do que digo. Ó gran: se por "características anatómicas" entendemos todo (man e corazón, para entendernos), aquí faltan tódolos órganos habidos e por haber; se diferenciamos uns dos outros, este modelo debería chamarse morfoloxía e facer outro similar (¿non o hai?) para os órganos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:39, 21 de maio de 2010 (UTC)

  • Bota tamén un vistazo á Categoría:Anatomía para ve-la mestura de conceptos que englobamos nela. Pedro --Lameiro (conversa) 21:41, 21 de maio de 2010 (UTC)
    • Os cinco modelos da inglesa son demasiado complicados para min, e probablemente artificialmente complicados, ata o punto de que non vexo en qué van axudar ó lector. Propoño simplificar todo a dous modelos que, ó noso nivel, sería máis que suficientes:
Anatomía (o seu system and organs), que englobe aparatos completos, órganos e tecidos.
Morfoloxía (o seu human regional anatomy), aínda que o nome de Anatomía rexional humana lle vai tamén moi ben e ten a vantaxe de non crear conflito coa morfoloxía lingüística. Se a este segundo grupo lle chamamos anatomía rexional, á anterior non necesitaría apelido diferenciador (abondaría con anatomía, simplemente).
    • Os outros modelos (plans and lines, superficial axial e superficial anatomy) recollen conceptos que poden incluírse nesta anatomía rexional, como termos xerais ou dentro da rexión corporal á que corresponden (Epigastrio e rexión umbilical como parte do abdome, Hipocondrio como parte do peito, etc).
    • Non sei se todo isto che pode axudar pero é que eu tampouco teño moi claras as lindes. Cando ó de categorizar, as cousas poden ser máis fáciles pero habería que meterlle man á árbore de categorías. Xa me contarás, Pedro --Lameiro (conversa) 11:57, 22 de maio de 2010 (UTC)
  • Concretando co actual modelo de Morfoloxía, boto en falta costas, peito e vulva (non sei se caluga dá de si para un artigo). Prefiriría ombreiro a ombro. E sóbranme cranio, columna, costelas vaxina e testículo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:00, 22 de maio de 2010 (UTC)
  • Acabo de descubrir que xa temos unha Categoría:Anatomía rexional, que pode servirnos de precedente para escolle-lo nome do modelo. Pedro --Lameiro (conversa) 12:07, 22 de maio de 2010 (UTC)

Carlos V, o emperador e os Habsburgo

editar

Tal e como fan a wiki polaca, catalá, etc.., xa que realmente eran reis de Coroas diferentes, (Castela, Aragón, Paises Baixos, etc..) e o lector pode entendelos como reis dun Reino Español.O de "de España" si podemos mantelo para os Borbóns que desde o primeiro eliminaron as coroas, e si que con iso comeza a orixe da Coroa de España e finalmente do reino de España. Interesame a opinión de todos, mais a túa en principal importancia porque contribuiches no artigo. Un saúdo.--Alexandre Vigo 11:41, 25 de maio de 2010 (UTC)

Anatomía de Gray

editar

Ola, Xoán Carlos! A tendencia xeral (ou máis ben a política a seguir) é pór os títulos orixinais de obras (libros, películas, series...) cando non existe tradución editada ao galego. No caso de Gray's Anatomy, debería ser este o título. Moi interesante o artigo, por certo! Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:14, 26 de maio de 2010 (UTC)

Fusión

editar

A fusión, efectivamente, ten que facela un administrador. Impórtache pedirllo a Albert galiza? Eu teño pouca experiencia no asunto; prometo que aprenderei, pero para a semana, que esta téñoa ateigada de cousas e o pouco que edito na Galipedia é máis por distraerme que para traballar. Un saúdo, Xoán Carlos. --Atobar (conversa comigo) 21:59, 26 de maio de 2010 (UTC)

Xa fixen esa fusión. Grazas por avisares. Efectivamente a fusión de historiais ten que facela un administrador porque entre as accións a facer están as de borrar artigo e restaurar historial. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 15:27, 27 de maio de 2010 (UTC)

Lingua

editar

Boas Xoán Carlos. Estiven tecendo no artigo lingua, así que mira as correccións por se respectan o que querías dicir. O que eu sei de anatomía humana tampouco me permiten dicir nin ampliar moito máis pero todo se andará. A maiores eliminei o texto que che pego a continuación. Non ten que ver co título da sección e son só frases soltas que non acabo de entender qué queren dicir.

  • freo lingual
    • Están as papilas caliciformes, atrás van estar as amígdalas linguais e na frente estarán as papilas linguais. O alimento pasa pola parte posterior da lingua. A presenza da amígdala nesa rexión é importante. O epitelio das amígdalas linguais pode estar “suxo” de linfocitos. Elas posuen buracos por onde sae unha secreción.

Non sei se valum nos vale ou non. Buscareino. Pasei a nota o caso particular dos coellos porque non cadra moito dentro do texto, pero vou engadir algúns datos sobre a lingua dos animais de abasto (vaca, cabalo, porco, can) e devolverei ese feito ó corpo do artigo. Pensa se esa frase de que "é o único músculo voluntario do corpo humano que non cansa" ten cabida aquí, e máxime na introdución. Será certo pero soa a brincadeira. Saúdos e xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 17:21, 27 de maio de 2010 (UTC)

Supoño que xa viches que rematei as correccións en seo (anatomía). Quedaría máis tranquilo se comprobas os cambios. Coméntoche un problema filosófico: o ubre das femias dos animais domésticos é, estruturalmente, idéntico ó seo da muller. Como moito, por iso de agruparse nun órgano aparentemente único, habería que falar do tabique que separa as catro glándulas dunha vaca, por exemplo, nun ubre único; e o músculo suspensor, que soporta o peso. Vamos, que pouco que engadir, que non dá para artigo propio (ou sería moi breve). Pero incluílo dentro deste artigo, como unha sección á parte, tampouco me parece procedente. E non sei que facer. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:52, 27 de maio de 2010 (UTC)

  • A miña dúbida respecto ó que se afirma de que "o obxectivo real da evolución das mulleres de teren seos é atraer os machos da especie" vai por dous aspectos. Sempre crin (non sei se o lin ou se o invento) que a posición na parte superior do peito viña derivada da posición bípeda dos primates; o manatí, que tamén ten as mamas arriba, dá de mamar á cría en posición vertical na auga, con boa parte do corpo fóra da auga. A segunda dúbida radica en que tódalas femias dos mamíferos teñen este órgano, e os seus mecanismos de atracción sexual van por outros camiños, o que me fai dubidar de que iso teña peso na evolución das especies. Outra cousa é se falamos do tamaño: a muller é a única femia que ten os peitos desenvolvidos en todo momento, dean leite ou non, mentres que nas outras femias hai unha involución clara cando deixar de aleita-las crías. Quizais estea aí ese mecanismo evolutivo pero parece un pouco collido polos pelos: non o feito de teren seos, senón de telos desenvolvidos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:47, 27 de maio de 2010 (UTC)

Aparello/Aparato

editar

Vaiche interesar isto que escribe ao respecto o lingüista Manuel Rodríguez Alonso: [2]. Que che preste e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:54, 28 de maio de 2010 (UTC)

aparato vs aparello... e sistema

editar

Xa lin ese interesante artigo que nos recomendou Atobar. Nós tamén temos nesta casa unha incoherencia semellante: os nomes das categorías son sempre aparato, pero os artigos principais son como aparello (dixestivo e respiratorio); por outra banda tamén temos aparello de Golgi e aparello fonador). Temos como categoría sistema circulatorio, pero como artigo principal aparato circulatorio. Un lío que evidencia a querencia que cada quen temos polas formas dupras segundo a formación e a ideoloxía que cada quen trae consigo. A min gústame aparato, pero recoñezo que é porque o aprendín en castelán e, cando aprendín galego, tamén era aparato. Canto ó de sistema, non sei se está establecido nalgures qué son aparatos e que son sistemas, pero para min, o circulatorio sería un sistema, non un aparato. Non teño razóns lingüísticas para unha cousa ou outra, só eufónicas e moi persoais. Nesta escolla non che podo axudar máis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:24, 28 de maio de 2010 (UTC)

Modelos

editar

Si, xa me fixei. Desfixen a edición no Modelo:Navbox, xa que o propio modelo Navbox comezaba cun Navbox, o que facía un modelo en bucle. Coido que desfacendo a edición quedou arranxado. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 14:23, 30 de maio de 2010 (UTC)


Oe, non me esquezo do modelo:sistemas e órganos, pero polo que podo ver semella que na Wikipedia en inglés usan unha aparencia diferente para o navbox subgroup. Poida que veña da configuración CSS da Galipedia. Vouno comprobar. --Toliño Fala aquí comigo 18:25, 4 de xuño de 2010 (UTC)

  • Creo que dei co quid. Á fin non devanei moito os miolos. En canto se refresque a caché debería ir ben o estilo. Veremos. --Toliño Fala aquí comigo 18:42, 4 de xuño de 2010 (UTC)

Voltar

editar

Moi boas Xoán Carlos! Oes, ti sabes se o verbo voltar está actualmente aceptado na normativa? Podes pasarte pola miña páxina de conversa e pola de Xoacas para veres o por qué da pregunta. Moitas grazas xa por adiantado --Nonso91 19:15, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Aí está o asunto, sendo estritos como o VOLGA e o catálago da RAG non o recollen, ambas as dúas páxinas que se empregan aquí como criterio á hora de determinarmos se unha palabra é válida ou non, debería de se restrinxir o seu uso se as tomamos como únicas fontes válidas. Mais, claro, a min prodúceme moita hilaridade que esas dúas páxinas "oficias" fagan outro tanto do mesmo coa preposición após, que foi admitida na normativa de 2003 (ti mesmo o puxeches na páxina Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos) e aparece recollida no Gran Xerais entre outros). Daquela, se "proscribimos" voltar por non constar nin no VOLGA nin no devandito catálogo, supoño que seguindo esa lóxica haberemos de facer o mesmo con após, e se me poño a cavilar seguro que atopo casos semellantes e que na galipedia gozan de certa popularidade (após aparece unhas 384 e voltar unhas 262, até aí redireccións que se fan eco de voltar). Xa me contarás a túa opinión verbo disto. Un saúdo e grazas pola axuda e información. ;) --Nonso91 10:50, 2 de xuño de 2010 (UTC)

RE: Biografía

editar

  Feito! Cal é o vindeiro modelo? ;P --Toliño Fala aquí comigo 10:06, 6 de xuño de 2010 (UTC)


  • Mira o modelo das marabillas. Cómpre traducir os textos das fotos do inglés. --Toliño Fala aquí comigo 10:48, 6 de xuño de 2010 (UTC)
    • Boas novas! Despois de argallar un chisco, actualicei algúns modelos segundo as versións actuais na Wikipedia en inglés e xa vai todo como desexabamos. Compróbao (poida que precises limpar a caché). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:51, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Categorización desta páxina

editar

Editeiche enriba un comentario de Atobar porque categorizaba a túa páxina de conversa nos artigos con problemas. --Toliño Fala aquí comigo 16:49, 7 de xuño de 2010 (UTC)

Modelos vs Portais

editar

Xoán Carlos, eu non son moi fan dos portais, coido que como Albert galiza. Paréceme que nunha cultura das características da nosa non podemos perdernos neles. Paréceme moitísimo máis importante ir enchendo modelos. Por exemplo, eu fixen Modelo:Música latinoamericana, e o usuario Alfonso Márquez fixo estoutro de Modelo:Presidentes dos EUA. O que si te animo a faceres é completar o de Anatomía, como creo que xa estás facendo canda Lameiro. Para min, insisto, da mesma maneira que as categorías fan inútil a creación de listas, así tamén os modelos fan innecesario a creación de portais (refírome a wikipedias como a nosa e coas características que hoxe ten). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:27, 7 de xuño de 2010 (UTC)

epífise

editar

Boas Xoán Carlos. Ten presente que co nome epífise se designan dúas cousas moi diferentes: as extremidades dos ósos longos e unha glándula onda o cerebro (tamén chamada glándula pineal). No artigo óso marcas coa ligazón a epífise pero leva á glándula. Decide ti se meterlle un paréntese, do tipo epífise (óso) ou se renomear a glándula a glándula pineal, pero cómpre evitar esa remisión a algo que non corresponde. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:31, 12 de xuño de 2010 (UTC)

Modelo: Libros da Biblia

editar

Tamén me parece máis claro que o que temos, o que vai en columna á dereita, e máis completo. Espero telo terminado case todo esta tarde, aínda que hai algún "palabro" que terei que consultar con máis calma. --Angeldomcer 14:06, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Faremos o posible por "azulear" o modelo. Por certo, aínda me quedan un par de palabras que teño que consultar. --Angeldomcer 19:05, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Nordés

editar

Moi boas! Era a idea. Adiantáchesteme ;) Graciñas.

Teño as mesmas dúbidas ca ti respecto aos datos do 'triángulo dos 30' pero preferín manter os datos do orixinal. Supoño que, de estar ben, referiranse a velocidades lixeiramente superiores.

Lingua portuguesa

editar

Ola, Xoán Carlos. Xa non son administrador, hehe. Eu creo que precisamente o que fixo a IP foi retirar unha afirmación que non estaba ben referenciada, e que por outra parte, era unha "trapallada" porque mesturaba allos con bugallos. Probablemente habería que poñer unha demanda de referencia en vez de borrala, pero tamén está ben borrada, se falamos do mesmo. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 19:02, 19 de xuño de 2010 (UTC)

Cancioneiros

editar

Pois non che sei, non coñezo o libro en cuestión. Buscando en google aparece en varias edicións, o mais antigo de 1886. E non te creas que controlo moito do tema :P --Goresquiunha fechiña? 18:37, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Re: Reflexiois persoais

editar

Graciñas, envieiche un correo sobor do tema. Un saúdo --Lala Lugo 14:47, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Consulta

editar

Ola, Xoán Carlos. En Conversa:Homosexualidade deixei unha pregunta sobre lingua que ninguén se animou a contestar (Igrexa Vétero-Católica e donxoanismo). Ti, que estás máis versado ca min nestas cuestións, poderíasme botar unha manciña? Gracias por adiantado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:49, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Graciñas, meu. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:21, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Re: ficha de Galadriel

editar

Eu a única observación que faría sería que, como o Silmarillion aínda non está traducido ao galego, convén deixar os títulos dos capítulos en inglés. Bo traballo :) --Manudosde 13:17, 31 de xullo de 2010 (UTC)

Grazas polo recoñecemento ao meu labor :). Arranxei os títulos d'O Silmarillion mais queríache preguntar se os títulos d'O Señor dos Aneis os traduciches da Wiki castelá. Eu non teño comigo a edición galega, mais sóame estraño o título "O senescal e o rei". Segundo os meus apuntamentos, debería ser "O mordomo e o rei" ou algo similar. Un saúdo.

--Manudosde 11:53, 2 de agosto de 2010 (UTC)

Unha axudiña

editar

Vin que fuche-lo principal editor de xofre, e coma estou facendo un artigos que fala moitas veces do xofre, pois, quería facerche un par de preguntas. Na wiki inglesa aparéceme sulfur dioxide e sulfur, é correcto a tradución a dióxido de sulfuro e sulfuro/s/sos/sas? que diferencias hai entre sulfuroso e xofre? se que sulfuro está permitido! creo que só se pode usar para as sales de xofre pero eu tamén o usei para indicar compostos baseados no xofre, e non sei se esta ben. Se me podes aclarar algo do tema, quedaba agradecido --Xabier Cancela (fálame 13:53, 23 de agosto de 2010 (UTC)

Graciñas pola aclaración!! --Xabier Cancela (fálame 16:11, 25 de agosto de 2010 (UTC)

Apetéceche darlle un repaso lingüístico a este artigo? É moi interesante e o único que me bota para atrás para propoñelo para destacado é que ten a lingua bastante desleixada, e a min non che me presta moito poñerme agora coas correccións. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:21, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Trobadores galego-portugueses

editar

Ola, Xoán Carlos. Traducín da it.wp o {{Modelo:Trobadores galego-portugueses}}, que me parece que vai ser útil aquí. Pódeslle botar unha olladiña a ver se che parece que falta ou que sobra algo? Xa hai algo falado na súa páxina de conversa que se cadra che pode interesar tamén. Graciñas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:45, 6 de setembro de 2010 (UTC)

Terra Eo-Navia

editar

Ola, Xoán Carlos. Como vexo que estás editando Terra Eo-Navia, antes de que sigas traballando comunícoche que deixei un comentario na súa páxina de conversa que se cadra che pode interesar. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:54, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Saúdo

editar

Levabas un mes de relax e a túa ausencia nótase, Xoán Carlos. Benvido. --Atobar (conversa comigo) 22:37, 12 de novembro de 2010 (UTC)

Agricultura ecolóxica

editar

Xa que andas tecendo neste artigo, toma nota de que o Rgto 2092/1991 foi derrogado polo Rgto 834/2007. Non sei realmente en qué se modifica a cuestión, pero non podemos manter no artigo unha norma derrogada. Saúdos e sorte co regulamento. Pedro --Lameiro (conversa) 18:47, 21 de decembro de 2010 (UTC)

  • Pois aquí tes información sobre a agricultura ecolóxica no país; e teño, pero non atopo, datos estatísticos sobre superficies e producións. Sorte. Pedro --Lameiro (conversa) 21:09, 21 de decembro de 2010 (UTC)
Volver á páxina do usuario "Xoán Carlos Fraga/Arquivo 4".