Benvido á Galipedia Goresqui, podes contar coa nosa axuda no lugar de discusión da comunidade A Taberna. En Wikipedia:Axuda ou no Portal da comunidade dispós de información sobre o funcionamento desta wikipedia. Polo que vexo, neste caso a colaboración ven por partida dobre, todas a colaboracións novas son tomadas pola comunidade como unha posibilidade máis de mellorar na cantidade e calidade dos materiais aquí presentes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:00, 24 Xan 2005 (UTC)

Gracias pola benvida. Aínda non coñezo como funciona todo esto, así que respóndoche aquí mesmo. Non dispoño de moito tempo, pero de cando en cando irei facendo algún artigo relacionado cos ordenadores. Tamén fanme gracia as efemérides, non sei porqué. Non teño un bó nivel de galego, pero procurarei esforzarme. Un saúdo. --Goresqui 22:36, 24 Xan 2005 (UTC)

  • Goresqui na wikipedia unha das cousas chamativas ao principio e o modo en que funcionan as discusións, intuitivamente un ten a impresión de que as diversas intervencións deberían estar na mesma páxina, non obstante están divididas nas distintas páxinas dos usuarios. Iso serve para que ao conectarse apareza unha mensaxe que dí: Ten mensaxes novas. Polo tanto, o mellor e ir a páxina do usuario e deixar alí a resposta, no meu caso modifiquei a sinatura (pode facerse nas preferencias) para que haxa un enlace directo á páxina de discusión sen necesidade de pasar pola páxina de usuario. No caso das discusións colectivas está A Taberna onde a comunidade debate.
Supoño que xa o viches: hai un artigo Informática desde o que se accede a moitos dos temas tratados con esa disciplina na Galipedia. En canto ás efemérides aínda queda moito por facer, hai páxinas moi completas e outras que faltan ou apenas teñen unha liña. Todo o que poidas facer será benvido.Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:21, 24 Xan 2005 (UTC)

Ramón Verea editar

Un pequeno comentario sobre o artigo de Ramón Verea: non é preciso poñer o nome das cidades bilingüe, pódese escribir a ligazón deste xeito [[Nova Iorque - New York|Nova Iorque]] resulta mellor para a lectura do artigo e garante que apunta ao lugar correcto (o que se visualiza no enlace e o que está despois do signo |, outra cousa antes e despois do guión deixase un espazo). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:41, 31 Xan 2005 (UTC)

sigue ti editar

Ernest Shackelton

  • Ola Goresqui cando o título dunha páxina está trabucado úsase a lapela mover da parte superior e móvese a páxina á nova localización (todo isto estando rexistrado) -isto é unha redirección-. Ás veces hai que comprobar no lateral esquerdo a ligazón: Páxinas que ligan con esta e corrixir os enlaces dos artigos que apuntan a este. Logo engádese o marcador {{Lixo}} ou {{Lixoporque|Título trabucado, movida á nova localización.}} na páxina antiga ou avísase a un administrador para que a borre. Saúdos. --Prevert(talk) 11:18, 3 Feb 2005 (UTC)

como se especifica categoría e algunhas cousas máis editar

Polo que vexo de pandeireta:

  • para especificar a categoría non se usa [[categoría:XXX]] senón [[category:XXX]];
  • Non esquezas poñer ligazóns de vez en cando (anos, séculos, lugares).
  • biblia>>Biblia; aparición da virxe>>Aparición da Virxe
  • aunque>>inda que/aínda que
  • seculo XIX>>século XIX con til
  • cuia>>cuxa
  • membráfono>>membranófono??

--Sobreira 05:42, 2 Mar 2005 (UTC)

Festas e celebracións editar

Hai dous xeitos de cambialo: manualmente ou cun bot (os que hai están escritos en Python). Como non temos ningún bot na Galipedia haberá que facelo manualmente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:01, 18 Mar 2005 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Goresqui. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:42, 6 decembro 2006 (UTC)

Iste son eu, como xa saberás: [1]. Resulta que xa estaba rexistrado e non o lembraba. --Amadís 16:46, 9 decembro 2006 (UTC)

Música editar

Saudos Goresqui. Vin o teu anuncio sobre música da Galiza na Taberna e era para dicirte que me interesa a idea. Actualmente ando a facer artigos sobre bandas galegas, pero estoume centrando máis ben no rock. Para calquera cousa conta comigo. --Beninho 21:07, 18 maio 2007 (UTC)

  • Acabo de crear o Portal da Historia no meu espazo de usuarios, que é unha idea que teño desde hai tempo, pero ao que me animou ver que ti tamén querias crear outro portal. Por certo, para podermos chegar a ter un espazo de nomes reservado para os portais conviña botar para adiante a discusión sobre espazos de nomes que está aberta na Taberna. Para o teu portal podes utilizar o que eu teño feito ou comezar cunha páxina en branco, sen máis nada: o aspecto non é tan importante e xa mellorará co tempo. Un saúdo. --Xosé (✉) 14:26, 19 maio 2007 (UTC)

Portais editar

Escríboche por teres creado un prototipo de portal (Usuario:Goresqui/Portal:Música_Galega). Xa está creado o espazo de nomes Portal e hai unha discusión acerca dos portais na que posibelmente queiras opinar. Un saúdo. --Xosé (✉) 20:35, 19 novembro 2007 (UTC)

Sobre o modelo Album musical editar

Ola Goresqui, me achegaba por aquí para avisarte que vou marcar o modelo Album musical como lixo para que sea eliminado. Xa me ocupei de cambialo en aquelos artigos que usaban polo modelo Álbum musical. Un saudiño --Jordav 15:12, 4 xaneiro 2009 (UTC)

Cancioneiro editar

  • Ola Goresquei. Estiven moi contento de ver como mellorache en calidade e cantidade o artigo Música tradicional galega. Gustaríame que vises o artigo Cancioneiro, porque igual precisar reformas e tamén engadidos de cancioneiros galegos. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 10:41, 6 abril 2010 (UTC)
  • Verei se podo darlle unha olladiña, aínda que tiña pensado limitarme os temas de música galega. Pero xa que estamos... :D Saúdos. --Goresquiunha fechiña? 11:05, 6 abril 2010 (UTC)
  • ¿Feito?--Goresquiunha fechiña? 22:22, 6 abril 2010 (UTC)
  • Está moi ben, parabéns. Saúdos e moita saúde. --Xoán Carlos Fraga 22:37, 6 abril 2010 (UTC)
    • Benvido de novo, agora que eu non podo estar tanto. (Sobreira dende a biblioteca.)

Resumo editar

Goresqui, cómpre que indiques no cadro de resumo de onde tiras o artigo novo. Neste último caso, é unha tradución da wiki en castelán. Poderías poñer, por exemplo, traduzo de es.wiki. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19:54, 19 de abril de 2010 (UTC)

artigos solicitados editar

Ola, Goresqui! En primeiro lugar, mil gracias por identificar a foto de San Clemente de Cesar. Respecto aos artigos solicitados, podes engadir os que consideres oportunos (cun mínimo de criterio e sentidiño, pero isto é válido para a wikipedia en xeral, vaia). Retirei os xa creados porque esa páxina obedece a criterios cualitativos (ou está creado ou non está) e non cuantitativos, amais os dous artigos eses (Estrella Galicia (cervexa) e demo) teñen cadanseu marcador indicando que necesitan ser mellorados.

En último lugar, déixame agradecerche a túa labor de creación e corrección de artigos. Fixéronme especial ilusión o de Celestino Pichel Bouzas (teño un certo chauvinismo con Cotobade) e o d'Os Areeiras de Catoira (debín ler unhas tres veces o libro de Xosé Ameneiro sobre Agustín Lorenzo Loroño, que por certo aínda non ten artigo).

Un saúdo. Seghimos en contacto! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:18, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Cancioneiro editar

  • Ola, Goresqui. Paréceche conveniente poñer en cancioneiros contemporáneos galegos a PÉREZ BALLESTEROS, J. (1979): Cancionero popular gallego. Madrid: Akal? E que tu sabes máis do tema. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 11:55, 20 de xuño de 2010 (UTC)
  • Si, é antigo, mais unha vez pareceume verlle un cacho (varias páxinas) e traía máis explicacións que cantigas (ou foi esa a impresión que recibín), e desde logo a música non a traía (do pouco que lembro). En principio deixámolo estar así, se a alguén lle parece oportuno, xa o poñerá. --Xoán Carlos Fraga 19:05, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Wikiproxecto Música editar

Boas Goresqui, deixei un comentario na conversa do wikiproxecto Música, se podes miralo para ver se estás interesado no asunto que expoño. Moitas grazas, unha aperta Piquitoconversa

Benvida editar

Rebenvido! Goresqui. --. HombreDHojalata.conversa 19 de setembro de 2013 ás 19:24 (UTC)Responder

parasito, e non *parásito editar

Ola Goresqui. É pararasito. → parasito no dicionario da RAG. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 12 de outubro de 2013 ás 01:02 (UTC)Responder

Opinión editar

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)Responder