Benvido á Galipedia, Waka!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 21:27, 14 novembro 2009 (UTC)

Xosé Ramón Gómez BesteiroEditar

Boa noite, Xurxo. Pois é ben raro que non che saia. Escribiríalo ben? Proba de novo. Pon o nome tal cal cho deixo (Xosé Ramón Gómez Besteiro) no cadro de procura e a ver que pasa. A min xa che digo que si me vai. Se non o dás feito, daquela fálao co usuario:Toliño que é un experto nestes enguedellos da informático. Eu pouco máis che podo dicir. Canto á ligazón coa nova esa, sonche eu, si. Un saúdo e a seguir choiando na Galipedia, que falla nos fai aos galegofalantes contar con ferramentas de calidade, e esta está a se converter nunha delas. --Atobar (conversa comigo) 23:50, 14 novembro 2009 (UTC)

Liches mal, Xurxo. Di: Foi un dos homes fortes do Partido Popular de Galicia na provincia de Lugo durante boa parte do Fraguismo. Iso non é ser fraguista, senón ter exercido a actividade política durante un período que decote se denomina fraguismo. Para que nos entendemos, co Franquismo pasa unha cousa semellante: pode estar referido aos 'valores' e 'ideoloxía' da ditadura ou ben referirse ao período que vai de 1939 a 1975. Cambiando de terzo, velaí che vai unha comparación entre a túa derradeira edición e o meu arranxo, para que vaias aprendendo a engadir as notas das referencias. Calquera dúbida non temas en preguntar. E adiante coas Cifras e Letras, que é un programa caralludo, de Jordi Hurtado a Paco Lodeiro. --Atobar (conversa comigo) 11:27, 15 novembro 2009 (UTC)
Oíches, vexo que Cifras e letras xa está, e bastante decente. O que non está é Saber y ganar. E outra cousa que non me acordou dicirte: para asinar cómpre que premas no cuarto botón, de dereita a esquerda, enriba do cadro da escrita, o que ten a traza dun garabato. Máis nada. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:30, 15 novembro 2009 (UTC)
Ando aparvado. Acabo de me caer na conta que Cifras e letras é un artigo creado por ti. Pois nada, parabén. Bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 11:42, 15 novembro 2009 (UTC)

María Isabel Salazar BelloEditar

Boas, Waka. Fíxome graza que fixeras este artigo e subinlle unha foto. Eu son o fillo. E ti, xornalista por casualidade? Un saúdo e bo traballo con todo o que estás facendo. --Atobar (conversa comigo) 00:50, 29 novembro 2009 (UTC)

Levas toda a razón co de Valedor, Xurxo. Un lapsus. Con todo, aproveito para comentarche unha cousa: non se poden meter as ligazóns a outros proxectos wiki dentro do corpo base do texto. Se non hai un artigo denominado Defensor del Pueblo daquela tes que crealo ou deixalo estar en vermello para que alguén o cree no futuro, pero non enlazalo con outros proxectos wiki. Non é difícil de entender por que. Máis nada. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 01:09, 29 novembro 2009 (UTC)

Festas de san FroilánEditar

Bos días Xurxo Lois Waka. Xa non lembro exactamente por que lle puxen a marca de atención pero, repasando o historial, supoño que foi porque daquela o artigo só tiña 4 liñas que non dicían nada. Agora, xa completiño, fixeches ben en sacarlle a marca. Digamos que o habitual é avisarlle a quen a puxo para que sexa el quen a retire (se o usuario segue activo), pero non te preocupes: está ben quitada. A lista pola que preguntas (os artigos que a Galipedia debería ter) creouse hai tempo cos artigos que, máis ou menos consensuados, deberiamos escribir para que estivesen cubertos os aspectos básicos da cultura galega. Agora contén temas que algún usuario foi engadindo porque lle pareceron "necesarios" pero obedece cada vez máis a opinións persoais (o que a cada quen lle parece que "debería ter"). Aproveito a ocasión para facerche unha encarga: no artigo sobre a muralla de Lugo temos problemas co número de cubos actuais (e pasados). Bótalle un vistazo e compróbao, por favor. Ata sempre, Pedro --Lameiro (conversa) 12:13, 27 decembro 2009 (UTC)

Estatísticas.Editar

Sobre O Monteiro, Caldelas de Tui, Tui, os datos sobre poboación máis accesibles son os proporcionados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que o Instituto Galego de Estatística (IGE) reelabora para o caso galego. Os padróns de habitantes son anuais e os censos de poboación son decenais. Se buscas datos moi antigos hai un apartado de series históricas. Polo que eu coñezo non che hai outra que buscar ano por ano as táboas e elaborar ti mesmo os datos. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 18:58, 24 xaneiro 2010 (UTC)

ImaxeEditar

Así, Waka. É moi simple. Diríxeste á páxina onde está a foto, premes nela, e quedas co nome do ficheiro. --Atobar (conversa comigo) 00:04, 21 febreiro 2010 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuarioEditar

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)

RenomeadoEditar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)