Benvido(a) á Galipedia, Urco65!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 25 de marzo de 2020 ás 21:46 (UTC)Responder

Probas de edición editar

  Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 30 de marzo de 2020 ás 10:33 (UTC)Responder

Dialnet editar

Ola, Urco!

As ligazóns a páxinas de autoridades, como Dialnet, IMDb, AELG ou BNE, aparecen xa no marcador de seu do Control de autoridades. Engádense no elemento correspondente de Wikidata, e xa aparecen de forma automática. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de marzo de 2020 ás 12:31 (UTC)Responder

Ola, Urco! Mira por exemplo no artigo de José Lois Estévez; á esquerda aparece unha columna onde pon "Ferramentas"; se clicas en "Elemento de Wikidata" lévache a d:Q89029890, que é a ficha de Wikidata correspondente a dita persoa. Alí aparecen os datos relativos a el, así como os enlaces a diferentes autoridades (Dialnet, BNE, VIAF, BNF...). Proba a editar sen medo. Non sei se che aparece en galego, quizais tes que axustar as preferencias (arriba de todo á dereita). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de marzo de 2020 ás 14:25 (UTC)Responder

Control de autoridades editar

Ola Urco.

Quizais che resulte de utilidade a páxina: Axuda:Control de autoridades.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 30 de marzo de 2020 ás 22:20 (UTC)Responder

Libro de estilo editar

Boas Urco65. Recoméndolle botar unha ollada á páxina Axuda:Como editar unha páxina, para coñecer máis información sobre como editar na Galipedia.

Un saúdo cordial,.--Maria zaos (conversa) 1 de abril de 2020 ás 10:14 (UTC)Responder

Boas, Urco. O último artigo que editaches non sigue o libro de estilo da Galipedia, ao que podes entrar seguindo as ligazóns de "Como editar unha páxina" ou directamente aquí. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 1 de abril de 2020 ás 10:31 (UTC)Responder

Dúbida sobre Fernández Arruti editar

Ola, Urco65. Teño unha serie de preguntiñas sobre Fernández Arruti. Pola redacción do artigo semella que fose fillo de solteira de Josefina Arruti. É isto certo? Despois, sabes onde naceu? E finalmente, ten algunha obra publicada? Moitas grazas! Estou aquí para axudarte, así que se tes calquera dúbida só tes que preguntar. Un saudiño --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2020 ás 11:05 (UTC)Responder

@Xabier Cid:: xa puxen unha referencia; non era fillo de solteira, naceu en Pontevedra (non atopo o día concreto), e non ten ficha en BNE nin en Dialnet, creo que non ten nada publicado. --Estevo(aei)fálame aquí 3 de abril de 2020 ás 11:33 (UTC)Responder
oquei, maquei. :) moitas grazas!--Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2020 ás 11:37 (UTC)Responder

Ola Xabier! Se cadra non redactei ben, pero pensei que quedaba claro. É fillo de Josefina e Bibiano. Non, non atopei ningunha información que indique o lugar de nacemento. Non, tampouco atopei ningunha obra publicada por el, si pola súa irmá, pero del nada de nada. Un sáudo e grazas --Urco65 (conversa) 3 de abril de 2020 ás 12:30 (UTC)Urco65Responder

formato dos artigos editar

Ola, Urco!

Grazas polas túas chegas sobre xuristas da Universidade de Santiago de Compostela. Sería bo que seguises o libro de estilo usado na Wikipedia. Por exemplo: en vez de poñer as noticias coa defunción como ligazón externa, é útil metelas como referencia para a propia data da morte. Anímote tamén a asignarlles ás personalidades as correspondentes categorías.

Se tes calquera dúbida, escríbeme na miña páxina de conversa ou na de calquera outra usuario/a. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de abril de 2020 ás 10:53 (UTC)Responder