José Lois Estévez

xurista galego

José Lois Estévez, nado en Ponte Caldelas o 21 de marzo de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 23 de maio de 2009[1], foi un xurista galego. Catedrático de dereito procesual da Universidade de Santiago de Compostela, foi tamén romanista, civilista e humanista.

José Lois Estévez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento21 de marzo de 1922
 Ponte Caldelas
Falecemento23 de maio de 2009
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista
IrmánsLuciano Lois Estévez
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do avogado Manuel Lois Vidal e de Elisa Estévez Fernández[2]. Estudou cos xesuítas en Portugal e Galiza. Aos 16 anos dirixía a Academia de Declamación e Oratoria do colexio Santiago Apóstolo de Vigo, dos Pais Xesuítas. En 1940 cursou un ano de Dereito en Santiago de Compostela, e o resto fíxoos por libre até se licenciar en 1943. Na súa época de estudante dirixiu a terceira etapa da publicación Abrente. Boletín de la Anunciada.

Laureano López Rodó designouno profesor auxiliar de Dereito procesual e encargado de cátedra en 1946, e en xuño do mesmo ano encargado de cátedra en devandita disciplina. Doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid coa tese Teoría del fraude en el proceso civil, publicada en 1948. Foi nomeado adxunto provisional na Cátedra de Dereito Procesual até 1962. Por concurso de méritos en 1953 foi nomeado encargado da Cátedra de Economía e Facenda Pública e, en 1964, de Dereito Natural e Filosofía do Dereito. Por orde ministerial de 29 de xaneiro de 1964 foi nomeado Adxunto Honorario da Facultade de Dereito, cargo para o que fora proposto en 1951.

No 1967 incorporouse como profesor titular á Universidade de Venezuela[3]. De regreso a Galiza en 1972 foi nomeado por concurso de méritos profesor de Socioloxía no Colexio Universitario de Vigo, ao que se incorporou o 1 de outubro de 1973. Despois acumulaou a Cátedra de Teoría do Estado e, xa para 1980, por Real Decreto 1285/1980, foi nomeado Catedrático Numerario Extraordinario de Epistemoloxía das Ciencias Sociais e Xurídicas na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Falaba con profesores hindús e paquistanís en sánscrito; en alemán con Carl Schmitt, e en italiano con Norberto Bobbio.

En 1950 foi nomeado membro da Asociación Italiana de Dereito Procesual Civil, a proposta dos tres grandes do procesualismo italiano da época: Calamandrei. Carneluttí e Redenti. Máis tarde foi elixido tamén membro da Asociación Internacional de procesualistas. Foi membro fundador da Asociación Española de Filosofía do Dereito. Casado con María del Carmen Puente Araujo[4], foi pai de seis fillos, entre eles o notario José Manuel Lois Puente, o avogado Álvaro Lois Puente e a oftalmóloga Noemi Lois Puente. Foi soterrado na súa vila natal.

PremiosEditar

  • Medalla Castelao da Xunta de Galicia en 1997.
  • Premio Montero Ríos no ano 2004, da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, Iuris Gama.

ObrasEditar

EnsaioEditar

  • Ensayo de valoración filosófica del Derecho según una metodología esencialista. 1945.
  • Proceso y forma (ensayo de una teoría general del proceso). Editorial Porto. Santiago, 1947.
  • La exploración de la capacidad informativa del testigo y su tratamiento jurídico procesal. Editorial Porto. Santiago, 1951.
  • Sobre un programa de política universitaria. Editorial Porto. Santiago, 1952.
  • Grandes Problemas del Derecho Procesal. Editorial Porto. Santiago, 1954.
  • Estudios sobre los fundamentos de una nueva ciencia jurídica. Universidad de Santiago de Compostela. Santiago, 1954.
  • Introducción a la Filosofía del Derecho y a la ciencia de la legislación. Editorial Porto. Santiago, 1959.
  • La lucha por la objetivación del Derecho. Faro de Vigo. Vigo, 1965.
  • El Derecho como ciencia exacta. Faro de Vigo. Vigo, 1965

Obra literariaEditar

  • Un libro sin nombre. Vigo, 1965.
  • Mundo desentrañado. Santiago, 1983.
  • Obra poética selecta. Santiago, 2000.

NotasEditar

  1. S. Cuiña (24 de maio de 2009). "Fallece el profesor José Lois Estévez, que intentó aunar ciencia y derecho". El Correo Gallego. 
  2. "José Lois Estévez. Biografía". Horagar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  3. "José Lois Estévez", Revista Venezolana de Legislación y Jurisprudencia nº 8, 2017.
  4. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Lois Estévez, José". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 321. ISBN 84-8064-113-4. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar