Benvido(a) á Galipedia, Tetractismonelos!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:02, 24 de outubro de 2010 (UTC)

Tetractis editar

Ola, Tetractismonelos. Parabéns polo teu traballo. Fixen uns cantos cambios en Tetractis para adecuar o artigo ao formato que se emprega na Galipedia. Aquí tes os cambios, para que poidas ver como se fai. Se tes algunha dúbida pregunta sen medo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:02, 24 de outubro de 2010 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Image:Tetractis1.jpg




Ola Tetractismonelos, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:12, 16 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Acabo de reverter outra vez a túa edición. Por favor, non insistas en meter o ficheiro. Xa sabes as razóns. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:10, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ficheiro:Tetractis1.jpg editar

Ola, Tetractismonelos. Se non estou errado, o ficheiro Tetractis1.jpg é a portada dun ha revista publicada nun instituto coruñés. O problema é que esta revista foi publicada sen especificar ningunha licencia, polo cal legalmente se sobreentende que está publicada baixo a licencia xenérica, isto é: todos os dereitos reservados. Sendo así ningún dos contidos desta publicación pode ser subido á Wikipedia, que por motivos legais só admite contidos que teñan sido publicados baixo unha licencia que admita obra derivada e uso comercial e esixa atribución da autoría. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:13, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, Tetractismonelos. Ben, direiche ao primeiro que o asunto das imaxes é dos máis espiñentos de toda a wiki, e por se isto fose pouco hai que engadirlle dous puntos: un, que somos moi rigorosos nesta wiki en concreto; e dous, que a lexislación española, que territorialmente nos toca soportar como primeira, é restritiva que non te fas idea (por exemplo, esquécete xa de fairuse e outras cuestións similares). En fin, que hai o que hai, e a partir de aí nós facemos o que podemos. Xa entrado ao caso da imaxe que cargaches, a licenza ten unha forma moi concreta de darse, e implica achegar unha serie de datos imprescindíbeis, todos eles. O cadro viría sendo este: {{Information |Description= |Source= |Date= |Author= |Permission= |other_versions= }}. Con todo e iso, para o caso da imaxe que subiches a cousa é moito máis complexa; xa che digo agora que eu non son dos que domina este ámbito (diríxete mellor aos usuarios Xoacas, Xabier Cid ou HombreDHojalata, por exemplo). Trátase dunha imaxe dunha publicación conxunta da que non sabemos os dereitos nin temos doado acceso a comprobar o que se di, e que á súa vez contén unha outra imaxe dunha escultura clásica que en si mesma ten uns dereitos distintos. É dicir, que non está nada claro, mesmo para min que non teño grandes coñecementos de licenzas de imaxe nas wikis, que poida quedar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:18, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, Tetractis. Se insistes nesa teimosía túa de cargar imaxes que non son admisibles nunha wikipedia corres o risco de ser bloqueado. Advírtocho para que non haxa que lamentalo logo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:13, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, Tetractismonelos. Tes a explicaicón arriba, no meu primeiro comentario: o ficheiro Tetractis1.jpg é a portada dun ha revista que foi publicada baixo a licencia xenérica, isto é: todos os dereitos reservados. Por ese motivo non se pode publicar na Wikipedia, pois a política da Wikipedia respecto do uso de imaxes esixe unha licencia que permita uso comercial e obra derivada. Síntoo, pero non vas poder publicar esa imaxe aquí. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:06, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Todo iso está claro, pero o que conta non é que fagas cesión dos dereitos agora, senón a licencia baixo a cal publicaches esa imaxe no seu momento. E como no seu momento esa imaxe foi publicada con todos os dereitos reservados, agora non se pode usar aquí. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:27, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Imaxe(s) sen licenza e/ou orixe editar

Ola Tetractismonelos, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe:

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').

É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña copyright.

Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza:

Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{Cc-by-sa-4.0}}). Tes unha relación de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo clic sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.

En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?

¿Como incluír eses datos cando vas subir unha imaxe? No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon "Resumo". Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
  • Accede á foto.
  • Unha vez que accediches, fai clic na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{Cc-by-sa-4.0}}
  • Garda a páxina

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.

Datos dos ficheiros editar

Ola Tetractismonelos, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
Garda a páxina

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).

Graciñas, un saúdo e a seguir.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 19:51, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

Esopía editar

Borrouna outro administrador a proposta dun terceiro usuario (e concordo plenamente con eles) por irrelevante e interesada.

Basicamente, inventaches un concepto e a continuación intentaches incluílo como contido dunha enciclopedia... a resposta foi completamente lóxica.

Ten en consideración, por favor, que a Wikipedia non é un espazo de aloxamento gratuíto. Tes máis información en Wikipedia:O que a Wikipedia non é.

Un saúdo para ti tamén. --. HombreDHojalata.conversa 20:04, 13 de febreiro de 2012 (UTC)