Tetractis é un boletín de divulgación matemática do Departamento de Matemáticas do IES Monelos (A Coruña), coordinado e editado polo profesor de matemáticas Gonzalo Temperán Becerra. Naceu en outubro de 2006, ten periodicidade mensual e cada curso publícanse unha media de dez números. Cada un edítase en papel e formato electrónico e envíase por correo electrónico ao alumnado, ao profesorado e aos subscritores. Tamén se pode baixar da páxina web do IES Monelos.

Tetractis
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Desde o mes de novembro de 2009 Tetractis converteuse nun blog.[1]

Antecedentes editar

No ano 1999, ás portas do Ano Mundial das Matemáticas (2000), os profesores de matemáticas do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña, Santiago López Arca e Gonzalo Temperán Becerra, fundaron o Club Matemático Durán Loriga e editaron o boletín de divulgación matemática Douspierre, do que chegaron a publicar 54 números. No ano 2006 Temperán trasladouse ao IES Monelos e acordaron desdobrar a publicación: naceron Mathesis (no IES Ramón Otero Pedrayo) e Tetractis (no IES Monelos).

Logotipo e cabeceira editar

No primeiro número de Tetractis apareceron dous artigos nos que se explicaba o significado do logotipo e o nome do boletín.

Os pitagóricos denominaban Tetractis ao número triangular cuarto (o número 10, o número do universo), pois nel vían resumidas todas as dimensións: punto, recta, plano e espazo (1+2+3+4=10). Arredor do concepto de número xiraron moitos dos seus estudos e artellaron moitas das súas ensinanzas; tal era a importancia que para eles tiña que os membros da escola pitagórica prometían obediencia ao mestre e cumprimento das regras que rexían a vida dentro da academia facendo xuramento pola Sagrada Tetractis.

Por outra banda, as letras da cabeceira están formadas por unhas pezas chamadas pentaminós, que forman parte dunha familia xenérica chamada poliminós. Poliminó é un grupo de cadrados unidos polos seus lados, de tal maneira que cada dous deles teñen polo menos un lado común.

Seccións editar

Os contidos de Tetractis están constituídos por:

  • Artigos do alumnado, resultado das actividades das clases de matemáticas.
  • Xeometría de papel, unha sección de papiroflexia da profesora Alicia Pedreira Mengotti.
  • O caixón dos problemas, resultado dos numerosos concursos de resolución de problemas nos que participa o alumnado do centro: Open matemático, Canguro matemático, Rally matemático sen fronteiras, Olimpíada de 2º ESO, Olimpíada de bacharelato...
  • Novas e actividades no ámbito matemático: Feira Matemática, EsTalMat, Chocomates, Congresos de AGAPEMA, actividades e exposicións organizadas polo departamento.
  • Arte e xeometría: con exposicións, fotografías ou obras de Tobia Ravà, Rob Gonsalves, Chema Madoz, José María de Labra, Anatoly Fomenko, Istrán Orosz...
  • Materiais diversos de creación propia: fichas de uso de calculadoras, carteis...

Actividades, proxectos e exposicións editar

Desde o seu nacemento Tetractis promove a participación en:

  • Eventos: Día da Muller traballadora, o Día da Ciencia na rúa, Feira Matemática [2], as Semanas Matemáticas...
  • Exposicións: Maurits Cornelis Escher, Juan Jacobo Durán Loriga, Matemáticas no Quixote, Puntos de vista, Poliedros de Escher, A sección áurea nos peixes, O rostro humano das matemáticas, Matemáticos Galegos, A Muller innovadora na ciencia, Mulleres matemáticas, Matemáticas e narrativa, Matemáticos no Euroencontro, Mosaicos nazarís, Xeometría 3D...
  • Seminarios permanentes: Arte, xeometría, Matemáticas e narrativa.
  • Proxectos de investigación: A que estatura pode chegar unha persoa?
  • Elaboracións de carteis: Cartel de María Wonenburger para a exposición A Muller innovadora na ciencia, O rostro humano das matemáticas, Mulleres matemáticas, Matemáticos Galegos, Monte de San Pedro: pura xeometría, Xeometría na cidade con Google Earth...

Ademais Tetractis convoca o Certame de Matmonólogos, do que xa leva celebradas tres edicións. Os guións que se clasificaron para as finais dos diferentes certames pódense ver no blog de Tetractis.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar