Maurits Cornelis Escher

Maurits Cornelis Escher, nado en Leeuwarden o 17 de xuño de 1898 e finado en Laren o 27 de marzo de 1972, foi un artista neerlandés, coñecido polos seus gravados en madeira (xilografías), en pedra (litografías) e a media tinta, que trataban de representar construcións imposibles, a exploración do infinito, e as combinacións de motivos que se transforman gradualmente en formas totalmente diferentes.

Maurits Cornelis Escher
Maurits Cornelis Escher.jpg
Nome completoMaurits Cornelis Escher
Nacemento17 de xuño de 1898 e 1898
Lugar de nacementoLeeuwarden
Falecemento27 de marzo de 1972 e 1972
Lugar de falecementoBaarn e Laren
SoterradoNew general cemetery Baarn
NacionalidadeReino dos Países Baixos
EtniaPobo neerlandés
Alma máterUniversidade Técnica de Delft
Ocupacióngravador, ilustrador, deseñador de selos, pintor, gravador, artista gráfico, ilusionista, fotógrafo, debuxante, litógrafo, xilogravador, wood carver, architectural draftsperson, deseñador, ceramics designer, muralista e escultor
PaiGeorge Arnold Escher
NaiSara Adriana Gleichman
CónxuxeJetta Umiker
IrmánsJohan George Escher
Coñecido porStill Life with Spherical Mirror, Waterfall e Ascending and Descending
PremiosKnight of the Order of Orange-Nassau
Na rede
http://www.mcescher.com/
Musicbrainz: 3b27c80f-bc9b-4a22-825d-21a258f3ed30 Discogs: 2240038 WikiTree: Escher-1 Find a Grave: 8129363 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Museo Escher na Haia.

TraxectoriaEditar

Maurits Cornelis Escher foi o fillo máis novo dun enxeñeiro hidráulico. En 1903, a familia mudouse a Arnhem. O seu profesor F.W. van der Haagen ensinoulle a técnica dos gravados en linóleo e foi unha grande influencia para o mozo Escher.

ObraEditar

Con respecto ás técnicas utilizadas, Escher utilizou case exclusivamente recortes de madeira ata o ano 1929. Logo interesarase moito máis pola litografia e a xilogravura. Fixo gravados en madeira, e tamén uns 2.000 debuxos e borradores. De moitos existen decenas de reproducións, centos e ata miles doutros. Ao final da súa carreira destruíu algunhas das pranchas para que non se realizasen máis reproducións de orixinais. Tamén existen estudos e borradores de moitas das súas obras, en ocasións tamén varias versións dalgunhas delas. Moitas das súas obras vendéronse masivamente pouco despois da súa morte e están esparexidas polo mundo. Un grupo importante está exposto de forma permanente no Museo Escher na Haia (Países Baixos).

A súa obra experimenta con diversos métodos de representar (en debuxos de 2 ó 3 dimensións) espazos paradoxais que desafían aos modos habituais de representación. A obra de Maurits Cornelis Escher interesou a moitos matemáticos.

 
Relevo representando un dos gravados de Escher.

A análise das súas obras, tal e como a definiu Bruno Ernst, un dos seus biógrafos, permite clasificalas basicamente en tres temas e diversas categorías:

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar