Benvido(a) á Galipedia, Rejenja!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 18:48, 8 decembro 2006 (UTC)

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Mirandairexe.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

En conclusión o que se che solicita é que aclares (Como incorporar aclaracións nas imaxes?) de onde procede a imaxe. Se ti es o fotógrafo/a debes indicalo.


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:48, 8 decembro 2006 (UTC)

Coma a da anterior mensaxe, esta imaxe está marcada para borrar por falta de orixe. Agradeceríache que engadises ese dato. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:25, 8 decembro 2006 (UTC) Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Camiñoagueiras.jpg, Image:Parramiranda.jpg, Image:Mirandaigrexa2.jpg, Image:Mirandavenida.jpg, Image:Fontedospollos.jpg, Image:Camiñodoagro.jpg, Image:Ponteagueira.jpg cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:27, 8 decembro 2006 (UTC)

Re:autorías editar

En primeiro lugar, tras agradecerche que subas imaxes, indicarche que se as fotos foron realizadas por ti, non vai haber problemas con elas tan pronto como lles incorporemos os datos.

Incorporeille os datos a unha delas, fíxeno engadindo unha caixa de datos (o ideal), aínda que os únicos datos obrigados son a licenza (escolliches {{GFDL}}, pero se son feitas por ti, mellor que poñas {{GFDL-propia}}) e a orixe (ou source). Se queres vela, e ver como se escriben os datos, podes acceder a esa foto e editala: Image:Camiñoagueiras.jpg.

Agradeceríache que foses ti mesmo o que lle engadises os datos ás outras fotos. Terías, se son fotos feitas por ti que engadir o seguinte (tal e como aquí se che presenta, sen editar esta páxina):

{{Information|
|Description= Comentario sobre o motivo da foto que facilite o seu emprego na Galipedia
|Source= '''Autoría propia''' (self made)
|Date= engade a data de subida, quizais 5 de decembro de 2006
|Author= http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Rejenja
|Permission= [http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html GFDL]
|other_versions=
}}
{{GFDL-propia}}

Fágoche un listado das fotos que faltan por etiquetar con eses datos:

Non dubides contactar comigo se tes algunha dúbida, un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:08, 12 decembro 2006 (UTC)

Grazas por colaborar subindo imaxes. O ficheiro Enriqueta Otero.pdf foi borrado por ser unha violación dos dereitos de autor. Subir imaxes ou calquera outro ficheiro multimedia require unha comprobación rigorosa dos dereitos. A reprodución dun artigo de 2005 dun xornal ten copyright, a non ser que o propio autor envie unha autorización á Fundación Wikimedia para a súa reprodución baixo unha licenza libre. Poñer unha licenza libre a algo que non o é supón unha falsificación e non debe facerse. Valoramos moito as contribucións dos usuarios deste proxecto, intentamos axudar aos novos colaboradores en todo o que necesiten, pero antes de cargar outra imaxe ou ficheiro na Galipedia é preferible que pregunte na páxina de axuda se dito ficheiro é compatible coas licenzas da Wikipedia. --Prevert(talk) 22:12, 13 decembro 2006 (UTC)

En resposta a túa mensaxe dicir que para cada imaxe que se cargue na Galipedia é preciso coñecer a súa orixe e a súa licenza. Iso significa indicar quen o autor e que usos permite para esa imaxe. Se a información non se inclúe é preciso aclarala. Os administradores do wiki e o resto dos usuarios poden intuir (por diversos datos e indicios) se unha imaxe pode ser libre ou non, pero non poden substituír ao autor na decisión de axudicar autoría e licenza. É preciso preguntar as persoas que cargan as imaxes esa información para evitar posibles problemas legais ao proxecto. Nun exemplo un pouco esaxerado para que sexa moi gráfico: se alguén atopa un coche novo, que nunca viu coas chaves postas, no garaxe da súa casa non debe chegar á conclusión de que o coche é seu. Primeiro haberá que saber quen o puxo aí, porque motivo e se o cohe non é roubado. Coas imaxes pasa o mesmo, cómpre saber de onde proceden e que uso se pode facer delas. Que teñamos a obriga de preguntar non significa que non valoremos todas as contribucións que se fan de boa fe nin que prexulguemos o caso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:17, 31 decembro 2006 (UTC)

Imaxe:Servando en Bolivia.jpg foi proposta para ser borrada editar

A proposta está a votarse en Wikipedia:Imaxes para borrar/Imaxe:Servando en Bolivia.jpg. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:58, 12 setembro 2008 (UTC)

Outras fotos túas propostas para borrar editar

A discusión está presente en Wikipedia:Imaxes para borrar/Imaxes de User:Rejenja--Lmbuga Commons - Galipedia 23:10, 12 setembro 2008 (UTC)


  • A situación das imaxes é correcta. Reviseinas e tireille a etiqueta de que podían ser borradas. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 11:10, 25 outubro 2008 (UTC)

Ola Rejenja, pois vai ser que non, non creo ser parente teu, eu vivo en Narón. Cambiei un pouco a páxina de Miranda, Castroverde xa que tiña a sensación de ser algo caótico. Agardo que che guste.--PepedoCouto 11:15, 26 setembro 2008 (UTC)Estás movendo todo, que non che gusta ou que?--PepedoCouto 11:46, 26 setembro 2008 (UTC)

non oh, ando probando pero como non teño puta idea...
queda unha raia debaixo da foto do equipofubol saes como quitala? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rejenja (conversacontribucións) ás 11:47 e ás 11:51 do 26 de setembro de 2008 (UTC)

Foto repetida editar

Ola, Rejenja. Acabo de borrar unha foto titulada "Salvador en Bolivia" porque xa foi votada no seu día e borrada pola comunidade. Se as circunstancias da foto mudaron, podes propor a súa publicación, pero ten en conta que debes explicar con claridade eses cambios que fan que agora a imaxe sexa válida e antes non. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 08:59, 27 xaneiro 2009 (UTC)