Benvido(a) á Galipedia, Ravave!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • En primer lugar te doy la bienvenida, que veo que aún no lo había hecho nadie. --Toliño Fala aquí comigo 11:36, 19 marzo 2009 (UTC)

Modelo para temporadas editar

Quizais te refiras a algo así: Modelo:Infobox temporada TV. Equivócome? --Toliño Fala aquí comigo 11:36, 19 marzo 2009 (UTC)

Benvida e pequena corrección editar

Benvido, Ravave. Non sabes canto me gusta ver novos colaboradores roldando pola Galipedia. Para o que necesites, sobre todo lingua, que editar cousas complicadas non é o meu, aquí me tes. Unha cousiña de nada: na túa páxina de usuario, mellor pon O meu nome no canto de meu nome. En galego, cos posesivos, agás (excepto) nos nomes de parentesco, que poden ou non levar o artigo (meu pai/o meu pai - miña irmá/a) miña irmá, no resto de casos sempre é obrigado pór o artigo: o meu coche, a miña vaca, os teus dedos, as súas árbores... Todo isto e moito máis telo neste cursiño ou neste outro.

Xentilicios editar

Non sei se te refires ao xentilicio. Daquela sería igual ca en castelán: valenciano. Aquí tes outras dúas ligazóns. Bótalles unha ollada. Xentilicios galegos e xentilicios galegos, españois e outros. Saúdos.--Atobar 12:59, 19 marzo 2009 (UTC)

Máis correccións: Son de Valencia, cun N. E Benvidos a mia paxina de usuario debería ser Benvidos á miña páxina de usuario. (a preposición + a artigo determinado = á). En castelán, literalmente: Bienvenidos A LA mía página de usuario. Isto todo telo nas normas e nos cursos que che deixeis nas ligazóns (enlaces). Saúdos.--Atobar 12:54, 20 marzo 2009 (UTC)
Ola, Ravave. O que lle dicía a Toliño era no tocante á lingua en si, non dos episodios. Estaba a falarlle de temas lingüísticos; de substituír colexio por escola, afeccionado por seareiro, fácil por doado..., diso falaba cando lle dicía o de galeguizar. Ao respecto dos títulos dos episodios coido que a norma da Galipedia di de deixalos na lingua orixinal a non ser que exista un equivalente referenciado en galego. Mais tampouco non cho sei moi ben. Un saúdo.--Atobar 20:46, 22 marzo 2009 (UTC)

Lingua editar

Ti dá o mellor de ti que nós haberemos corrixirche todo aquilo que poidamos. Veña logo, Ravave, ao choio. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:26, 5 setembro 2009 (UTC)

Nino Bravo editar

Non te preocupes, aínda que tardes máis de trinta días en traducir o artigo ninguén o vai borrar, é so unha marca para saber que hai un traballo pendente. Un saúdo e bo traballo. --HombreDHojalata Conversa comigo. 13:24, 28 decembro 2009 (UTC).

Lobos de Arga editar

Metinlle man. Bótalle un repaso (Lobos de Arga).

Déixoche dúas ferramentas: OpenTradOrtoGal --. HombreDHojalata.conversa 08:17, 8 de agosto de 2012 (UTC)

Tamén podes activar nas preferencias do teu usuario, se non o fixeches xa, o revisor ortográfico que está integrado na Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:33, 8 de agosto de 2012 (UTC)

Uns modelos editar

Boas, non sei se os coñeces por iso cho comento, para indicar que estás traballando nun artigo e que vas a seguir facéndolle modificacións debes poñer o modelo {{En uso}}, cando remates de editar no artigo tes que quitalo e así o resto de usuarios saberán que o artigo xa está libre. Logo para indicar que o artigo precisa unha revisión ortográfica tes que poñer o modelo {{Ortografía}} para avisar de que o artigo precisa unha revisión ortográfica así o resto de usuarios saberán que hai que repasalo, este modelo non o quites a non ser que estes o 200% seguro de que non hai erros de ortografía. Traballa moito! :) e saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:35, 25 de setembro de 2012 (UTC)

Pois cando non atopes algo, pregunta que non cobramos ;): Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:37, 26 de setembro de 2012 (UTC)

Tape 407 editar

Fixen algúns arranxos no artigo.--Sernostri (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 17:36 (UTC)Responder