Quinto de Bamiro
Benvido(a) á Galipedia, Quinto de Bamiro!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.. --Atobar (conversa comigo) 13:27, 8 de marzo de 2012 (UTC)
Saúdo editar
Ola, Quinto de Bamiro. Para o que necesites, aquí nos tes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:27, 8 de marzo de 2012 (UTC)
- Quinto, pasa todo o que escribiches na zona de probas a Juan Antonio Posse. Faise premendo aí mesmo, no vermello. Non ten perda. A partir de aí xa axudamos os editores máis experimentados a que lle deas o formato debido. Un saúdo --Atobar (conversa comigo) 20:21, 8 de marzo de 2012 (UTC)
- Acabo de crear Juan Antonio Posse, e deille formato no comezo e algo no final, Bótalle un ollo, mira como vai o das ligazóns internas, que non hai sangrados nos comezos de parágrafo, que se evitan as fórmulas digamos que Posse foi un relixioso..., poñamos que..., ten en conta que se evita en todo momento a opinión e en xeral vai argallando onde vexas. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto con calquera dos editores que andamos por aquí. Cando lle deas o resto do formato tal cal llo dei eu no comezo, seguimos limpando e pasamos a colocar ben as notas e referencias e a lle dar un carácter máis enciclopédico e menos ensaístico. Máis cousas: os artigos non se asinan, pois non son de ninguén (ou son de todos). O que si se asina son as páxinas de conversa, é dicir, mensaxes coma esta que che estou a deixar. Por certo, para responderme tes que ir á miña, e aí é onde metes a contestación. Sobre subir fotografías, esperemos até solucionar primeiro estes temas do formato. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:22, 9 de marzo de 2012 (UTC)
Imaxes no artigo Juan Antonio Posse editar
Ola Quinto de Bamiro. Como vin que tiñas dificultades insirindo as imaxes no artigo incluínas eu. Se non teñen que ir nesa posición ou se a descrición ten que ser outra abonda con que movas estes códigos de posición na páxina ou escribas outro texto despois do separador (|) que hai máis a dereita de right:
- [[Ficheiro:1. Casa Vella ou Casa de Mariana, de Soesto, onde naceu Posse (foto X.M.Lema).JPG|thumb|right|Casa Vella ou Casa de Mariana, en Soesto (Laxe), onde naceu J.A. Posse en 1766. ]]
- [[Ficheiro:Juan Antonio Posse.jpeg|thumb|right|]]
Un cordial saúdo e grazas polo artigo. --Prevertgl 17:49, 15 de marzo de 2012 (UTC)
- Déixoche en mans de Prevert, Quinto, que é moito mellor explicador ca min. En todo caso, seguirei atentamente os teus progresos. E ten sempre presente que ninguén nace aprendido e que, pola miña experiencia, a inmensa maioría dos usuarios novos requiren un tempiño de adaptación. Ora ben, unha vez que collen soltura, editan a fume de carozo. Non desesperes neste inicio, compañeiro. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:51, 15 de marzo de 2012 (UTC)
Referencias en contribucións recentes editar
Ola, Quinto de Bamiro. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref>
despois da información, poñendo no lugar de referencia
a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}}
ou {{Cita web}}
. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2018 ás 14:42 (UTC)