Benvido(a) á Galipedia, Paavoerbau!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 08:33, 4 de abril de 2012 (UTC)


Ola.

Por favor cita as referencias das túas achegas. En que te baseas para dicir que Amado Garra foi fusilado?

Un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 17:08, 2 de xullo de 2012 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Paavoerbau. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 8 de outubro de 2013 ás 14:15 (UTC)Responder

dereitos de autoría editar

Ola, Paavoerbau. Borrei Ficheiro:Faustino Ande Vigo en 1927.PNG porque ten dereitos de autoría. O autor, José Cao Moure, faleceu en 1960, polo que ata o 1 de xaneiro de 2040 a súa obra non estará en dominio público. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de febreiro de 2023 ás 18:45 (UTC)Responder

De acordo. Como está dispoñible en Galiciana pensei que estaba libre de dereitos. A foto, polo que eu sei, foi feita por Jaime Pacheco.
Hai outra foto no arquivo Pacheco pero entendo que tamén está suxeita a dereitos. Paavoerbau (conversa) 23 de febreiro de 2023 ás 11:32 (UTC)Responder
Cando cargaches a foto, en autoría puxeches "PPKO", por iso supuxen que o autor era José Cao Moure. De todos xeitos se fose algúns dos Pacheco tampouco serviría, pois o pai, Jaime Pacheco, faleceu en 1954. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de febreiro de 2023 ás 11:37 (UTC)Responder
Ola! De novo: a foto do Ficheiro:Jane Paniagua.png é de 1957, hai 65 anos, polo que ten dereitos de autoría, aínda que non se coñeza o nome da persoa que sacou a foto, e cómpre eliminala. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de marzo de 2023 ás 23:19 (UTC)Responder

María Luisa Sanjurjo de Oza editar

Ola! Como vai todo?

Quería facerche unha suxestión. Anímaste a facer o artigo da compositora María Luisa Sanjurjo de Oza? Polo que vin, foi sobriña de José Sanjurjo Sacanell, e foi tía da escritora María do Carme Kruckenberg. Sen ningún compromiso, vaia; só se apetece! :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de marzo de 2023 ás 08:30 (UTC)Responder

Penso que o dato de que foi sobriña de José Sanjurjo Sacanell non é exacto. Só topei unha referencia en Roberto González Pastoriza, un xurista de lei
"Un paso adiante na ascensión e respecto sociais que se reforzaron tras o casamento no ano 1927 (ou 1928?) coa pianista María Luisa Sanjurjo Oza8 , procedente dunha familia de tradición militar dende os tempos da francesada e de parentesco co General José Sanjurjo."
Ah, xa a fixen.
Saúdos Paavoerbau (conversa) 9 de marzo de 2023 ás 11:47 (UTC)Responder