Osarsan
Benvido(a) á Galipedia, Osarsan!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 22 de febreiro de 2014 ás 11:37 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
editarOla Osarsan.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.
Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2014 ás 12:50 (UTC)
Blandín de Cornualla
editarOla, Osarsan! Xa retirei o marcador ao quedar o artigo ben. Sería interesante achegar algunha referencia en lingua galega para o título da obra, de existir. Vou procurar nos volumes galegos que falan da Materia de Bretaña. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de decembro de 2015 ás 23:27 (UTC)
títulos de artigos
editarOla, Osarsan!
Movín o artigo que creaches a El Libro del cavallero Zifar, porque o criterio seguido na Galipedia é deixar o título orixinal se non existe unha tradución da obra ao galego. Por este motivo che preguntaba se existe edición en galego do Blandín de Cornualla, porque de non habela cumpriría mover o artigo ao título orixinal. De paso aquelei tamén as categorías.
Alégrame moito que contribúas con artigos sobre literatura medieval, xénero no que a Galipedia anda aínda algo fraco :)
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de decembro de 2015 ás 00:08 (UTC)
Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos
editarOla Osarsan.
É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:
Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 5 de decembro de 2015 ás 12:21 (UTC)
RE: Otón
editarBoas Osarsan, mira como o deixei eu. O problema que tiña era sobre todo nas seccións e ao comezo do artigo, aquí na versión galega non poñemos os datos de nacemento entre paréntese, senón que usamos este formato: "Fulano de Tal nado en Tal o 31 de decembro de 1900 e finado en Viena o 1 de xaneiro de 1950, foi duque de Tal...". Polo xeral, o resto do artigo está ben, ao mellor sería interesante engadirlle algunha imaxe (engadín a ligazón a commons onde seguro as hai) e unha caixa de información ao comezo do artigo (podes usar esta ao tratarse dun bispo, podes ver como queda no artigo de Álvaro del Portillo). Se tes algunha dúbida preguntame! Un saúdo e bo aninovo!--AMPERIO (conversa) 31 de decembro de 2015 ás 16:18 (UTC)
Grazas!--Osarsan (conversa) 31 de decembro de 2015 ás 19:44 (UTC)
Cruzados
editarOla, Osarsan!
Buscando categorías para o artigo Raimundo de Poitiers dei co artigo de Guillerme X, duque de Aquitania, que era o seu (medio?) irmán. Non sei se xa liches o artigo, pero sería interesante que lle botases un ollo ao estar relacionado cos artigos que estás a crear.
Por certo: a Raimundo de Poitiers deille as categorías Cruzadas, Nobres de Francia, Finados en 1149 e Nados en Tolosa, Francia; pensas que lle acae algunha máis?
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xaneiro de 2016 ás 06:20 (UTC)
Ola, Estevo(aei).
Non podo pensar en ningunha outra categoría ... esas están ben sen dúbida! Vou a ler o artigo sobre Guillerme de Aquitania. Moitas grazas!--Osarsan (conversa) 10 de xaneiro de 2016 ás 07:12 (UTC)
Wikiproxecto dos 1000 artigos que toda wikipedia debería ter
editarBoas Osarsan, ante todo parabéns polo teu traballo. Quería comentarche que temos un wikiproxecto cuxo obxectivo é ampliar os 1000 artigos que a comunidade considera que deberían ter todas as wikipedias. Por suposto que estás convidado a participar nel. Usamos o marcador {{1000}} para que se recoñezan eses artigos dun xeito rápido. O caso é que desde hai máis ou menos un mes había dous artigos de máis. Propúxenme dar con eles e levoume unha semana facelo. Os dous artigos "intrusos" eran Irineo de Lión e Papías de Hierápolis que ti creaches e aos que lle puxeches o marcador dos 1000. Pregaríache que tiveses un pouco máis de coidado para evitar traballo extra. Graciñas e a seguir, un saúdo, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de febreiro de 2016 ás 21:43 (UTC)
- Aclaro un pouco máis. Ese marcador, o Modelo:1000, só se pode engadir nos artigos que están na Lista dos artigos que toda Wikipedia debería ter, que é unha lista centralizada para todas as wikis e que ten os 1000 artigos que se considera que non deberían faltar en ningún dos proxectos. Con ese marcador temos controlados a eses 1000 artigos para así facer diferentes estatísticas do avance do wikiproxecto e outras tarefas de control. Por iso é moi importante que non se engada nos artigos que non están na lista porque se non despois non nos cadran as contas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2016 ás 02:17 (UTC)
Boas Xosé Antonio, grazas por retirar o marcador, e tamén grazas a Elisardojm pola explicación sobre o wikiproxecto dos mil artigos. Desculpade o traballo extra que dei, simplemente copiei a estrutura da "caixa" doutro artigo e non retirei o marcador 1000, pois no me decatei del. Pordoa Xosé Antonio a semana perdida por mor do meu descoido.Saúdos. --Osarsan (conversa) 9 de febreiro de 2016 ás 08:21 (UTC)
- Non te amoles, non pasa nada. Ademais, repasando os 1.000 artigos atopei outros erros que había na listaxe. Non hai mal que por ben non veña. Saúdos--Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de febreiro de 2016 ás 19:56 (UTC)
Hereward o Proscrito
editarBoas Osarsan, o artigo Hereward o Proscrito, que fixeches ti, ten o marcador de problemas coas referencias, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 01:32 (UTC)
- Boas de novo, algo semellante pasa co artigo Cristiáns de Santo Tomé. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de agosto de 2017 ás 07:41 (UTC)