Moinante
Benvido(a) á Galipedia, Moinante!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 09:06, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
topónimos
editarOla, Moinante! En galego, cando un topónimo vai precedido por un nome común (río Lérez, monte da Fracha, rúa da Azibacharía...), non se considera parte do mesmo, polo que debe ir en minúscula. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de decembro de 2012 ás 16:16 (UTC)
- Xa o sei, mais o caso de "Ría" é distinto, pois o accidente xeográfico cando foi descrito xa formaba parte do topónimo. o tóponimo referente ás distintas rías é formando esta parte do mesmo, isto é, "Ría de Aldán, Ría de Ferrol, etc..
Un cordial saúdo.--Moinante (conversa) 31 de decembro de 2012 ás 16:18 (UTC)
- Estou con Estevo, e creo que así o pon na maioría dos manuais (ollo, non todos). Si é certo non obstante que hai certos lugares que van en maiúscula por formar parte do topónimo. Exemplo: Península Ibérica. Cómpre deixar as cousas como, polo xeral, xa están. --Atobar (conversa comigo) 4 de xaneiro de 2013 ás 12:19 (UTC)
- Deixar as cousas como polo xeral xa están? pois iso en si mesmo é contradictorio posto que nuns artigos sobre as rías aparecían co topónimo correctamente escrito e noutras mal escrito, coma dicides vós.
- O unico quen fixen foi colocalas todas por igual, en maiúscula.
- Ca toponimia sempre houve, hai e haberá conflictos. Malia todo teñovos que dicir que sei a ciencia certa que a forma correcta é con maíuscula. Non importa a de veces que se cite algo se isto está mal escrito, o que importa é cando a fonte de onde se estrae é a correcta, e sei que estades de acordo comigo niso.
- Coma exemplo temos a nosa propia toponimia que a pesares de que hai unha lei estatal que di que a única língua correcta é a propia, Continúase escribindo mal (véxase wikipedia en castelán) baseándose en que a RAE di que están ben escritos...
- Un cordial saúdo, --Moinante (conversa) 10 de xaneiro de 2013 ás 04:00 (UTC)