Conversa usuario:Mark Gasoline / Arquivo 1

Último comentário: hai 2 anos de Xabier Cid no tópico Usuarios múltiplos

Día Nacional de Galicia editar

MARC, no artigo Día Nacional de Galicia non debes entrar en guerras de edicións e menos sobre aspectos que están discutidos e aceptados sobradamente na Galipedia. Podes argumenta-los cambios que desexes introducir na páxina de conversa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:12, 9 novembro 2008 (UTC)

Ola MARC. Xa supoño que fixeches eses cambios porque así o cres sinceramente. Se pensara que actuabas doutro xeito eu tería actuado doutro ben distinto. Non teño dúbida da túa boa fe.
Que Galicia sexa país, comunidade, nación, nacionalidade ou calquera outra denominación que se nos ocorra é, sen dúbida, unha expresión ideolóxica, pero o caso é que está amplamente discutida e xa consensuada nos nosos artigos. A pouco que coñezas a historia da Galipedia sabes que este tema e o lingüístico son discusións recorrentes. Admitimos que Galicia é unha nación, é un país, e falamos do "noso país" e utilizamos terminoloxía equivalente. Non se trata tanto dunha declaración política senón dun convenio que representa o punto de vista da maioría. E debemos respectar os convenios que a evolución da Galipedia foi creando.
A denominación (oficial) do noso día nacional é a que dá título ó artigo, Día Nacional de Galicia. Pero todos temos claro que se utilizan tamén eses outros nomes (Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega). ¿Canto "populares" son esoutras denominacións? Imposible sabelo e cada quen dará a súa experiencia persoal pero o que resulta innegable é que se utilizan popularmente. Podemos utilizar calquera das acepcións que nos dá o dicionario para a palabra "popular": do pobo, estendido, comprendido por todos, vulgar, de uso xeneralizado. Sei que non pretendes eliminar esas denominacións, senón o feito de que se califiquen de "populares". Podes crer que non o son (que son raras, pouco estendidas, inusuais), e eu podo crer o contrario (persoalmente, creo que é máis "popular" o nome de Día de Galicia), pero o caso é que non se trata do que ti ou eu creamos. O cambio non está xustificado (sei que tampouco o está o termo inicial) polo que non procede eliminar o de "popularmente".
Non pretendo convencerte de nada, pero creo que debemos evitar cambios que semellan obedecer máis a opinións políticas -respectables, por suposto- que ó fondo da cuestión ou ó erros de contido. Isto si que me gustaría que o entendeses. Un saúdo e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 00:09, 10 novembro 2008 (UTC)

Martelo editar

Ola, Marc. Pídoche desculpas porque metín a pata. E é máis, metín a pata e tampouco che expliquei no seu momento por que facía os cambios. Perdoa. Voume explicar:

  • Revertín a túa edición porque Ao e ó son formas igual de correctas en galego. Iso quere dicir que a norma na wikipedia é que, cando alguén escribe "ó" non se lle pode mudar a "ao" e ao revés. Pero isto tiña que tercho explicado, así que aí metín a pata.
  • O outro cambio... o outro cambio nin o vin. Nin me decatei. Revertín sen ver que tamén engadiras unha ligazón externa. Síntoo. Pero a verdade é que esa é unha web comercial, e que a información, tal e como é, sería mellor trasladala ao artigo en forma de contido. É dicir, sen copiar+pegar, coller as cousas interesantes que aí se din sobre os martelos e engadirllas ao artigo. :)

Perdoa unha vez máis. --Xabier Cid Conversa 09:03, 30 novembro 2008 (UTC)

Independentismo galego editar

Boas Mark, restaurei no artigo Independentismo galego a forma "desde" xa que é correcta e foi a escolla do primeiro editor, e aplicando a norma de Wikipedia:Libro_de_estilo#Variantes_galegas debemos mantela. Se precisas calquera aclaración ou axuda, non dubides en contactar comigo e tentarei axudarche no que poida :) Podes deixar o teu comentario aquí na túa conversa ou na miña, onde che sexa máis doado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2020 ás 07:55 (UTC)Responder

Entendo en parte o teu punto de vista, pero as normas da Galipedia hai que seguilas, podes propor que se modifiquen e melloren e a comunidade fará un debate e unha votación para aceptalas ou non. Se outros editores fixeron ese tipo de cambios habería que revisar se concordan coa primeira edición que se fixo no artigo, se non é así haberá que revertelos e avisar a eses compañeiros para que entendan que non deben facer esas modificacións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2020 ás 08:35 (UTC)Responder
Perfecto, se cres que hai que cambiala eu diríache que fixeras unha prospota na taberna de como debería redactarse esa parte e as razóns para facelo para que a comunidade faga un debate sobre ela. Obviamente, mentres non se modifique a política, non podes seguir facendo ese tipo de edicións... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2020 ás 08:40 (UTC)Responder
Como vexas, non lembro os detalles que levaron a esa modificación, pero o que penso que está ben é que haxa unha norma que aclare que facer nesas situacións para evitar guerras de edición. Agora está así, pero andando o tempo podería cambiar e nese momento si haberá que revisar todos os artigos, cousa que xa se ten feito noutras ocasións, non hai maior problema, e agora que temos un par de bots activos o traballo aínda sería moito máis doado :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2020 ás 10:12 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Mark Gasoline.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de maio de 2020 ás 15:57 (UTC)Responder

Hipopótamo editar

Boas Mark, e primeiro de todo quería agradecerche as túas achegas. Pola cuestión que me preguntas traduciríase por "temperáns" como adxectivo co mesmo significado. Cedo podería valer no caso de "temprano" como adverbio, que non é o caso. Espero terche sido de axuda. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 22 de maio de 2020 ás 16:05 (UTC)Responder

Ola; eu traduciría como "os fósiles máis antigos". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de maio de 2020 ás 16:10 (UTC)Responder
O adxectivo temperáns é incorrecto neste contexto. Sería moi arriscado dicir que os fósiles pertencen "ao inicio ou aos primeiros momentos do transcurso de algo". Simplemente son os máis antigos que se coñecen, o cal non implica que sexan dunha fase nova. --Estevo(aei)fálame aquí 22 de maio de 2020 ás 16:41 (UTC)Responder

Derradeiro/Último editar

Bo día. Derradeiro e último non son sinónimos perfectos. Derradeiro é o último elemento dunha serie, polo que "nos derradeiros anos" significaría que non hai máis anos despois. Si sería o mesmo se dicimos "os derradeiros anos dunha persoa" ou "os últimos anos dunha persoa". Un saúdo e a seguir.--Jglamela (conversa) 30 de maio de 2020 ás 11:47 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Mark Gasoline. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 7 de xuño de 2020 ás 22:04 (UTC)Responder

Conversa:Norn editar

Desculpa, non me fixara ben. Tes toda a razón. Desfixen o meu cambio. Saúdos e a seguir.--Breogan2008 (conversa) 11 de xuño de 2020 ás 12:12 (UTC)Responder

HMS Serpent editar

Estou dacordo contigo pero ti o que modeficaches foi esa data no modelo barco que estaba bén e ademais no corpo do artigo que ai era onde o puxeches mal. De todos modos deixo unha referencia do Ideal Gallego que nos aclara algo esas duvidas. Un saudo--Alfonso mande 14 de xuño de 2020 ás 19:57 (UTC)Responder

A Navalla Suíza editar

Non entendo a reversión no artigo A Navalla Suíza. A empresa pechou hai anos, a súa web non funciona e a súas redes sociais non se actualizan, por iso actualicei o artigo indicando que a empresa pechara. Stoni (conversa) 20 de xuño de 2020 ás 11:19 (UTC)Responder

Pechar unha empresa legalmente é un proceso longo e custoso. Levaralles un tempo pechala legalmente pero trátase dunha empresa "sen actividade". Stoni (conversa) 20 de xuño de 2020 ás 13:14 (UTC)Responder
Esa páxina non é unha web creada por ninguén. Como tódlos directorios de empresas intenta ter unha entrada para cada empresa que existe ou existiu en España nos últimos anos. Obteñen os datos dos boletíns oficiais e cando volten a publicar algo o actualizarán pero cando desapareza a empresa completamente a páxina seguirá aparecendo. Stoni (conversa) 20 de xuño de 2020 ás 13:22 (UTC)Responder

Celsius e Fahrenheit editar

Ola, Mark; non teño moita idea do tema; se acaso deixa unha mensaxe na páxina de conversa do artigo para que a comunidade se pronuncie. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de xullo de 2020 ás 11:03 (UTC)Responder

Jesús Cintora editar

Boas, o artigo Jesús Cintora, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 18 de decembro de 2020 ás 21:18 (UTC)Responder

Usuarios múltiplos editar

Ola, Mark. :) Chámome Xabier, e son admin na Galipedia. Avisáronme dunha cousa que creo que estás facendo mal, e viña aquí a preguntarche primeiro e despois a explicarche o que está mal. Non é nada grave (polo menos de momento), non te inquedes.

O caso é que na Wikipedia, en principio, non está nada ben visto que un mesmo ser humano controle contas de usuario distintas. E ti tes dúas, esta que é a principal, e a outra, City of Rebellion, que moi axeitadamente marcaches como conta alternativa. Digo en principio porque pode haber algunha razón específica para facelo (e por iso veño primeiro a preguntarche, por se a tes). Por exemplo, un caso típico é cando unha persoa participa ademais nun proxecto colectivo, onde para a súa identificación prefire ter os ámbitos diferenciados con dúas contas de usuario (aínda que por experiencia, ás veces iso dá máis traballo cós problemas que resolve). Quizais teñas algunha razón pra facelo así. Se é tal, cóntame.

En xeral, como digo, o seu uso está desaconsellado porque pode levar a erro a terceiras persoas e mesmo poden estas contas chegar a votar dúas veces en procesos de elección. Facelo a mantenta é cousa seria, pero obviamente non estamos nese caso. Dime qué queres facer e miramos cal é a maneira mellor de facelo. Pregúntame todas as dúbidas que teñas.

Saudiños. --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de xaneiro de 2022 ás 17:46 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Mark Gasoline / Arquivo 1".