Dámosche a benvida á Galipedia, MMariñas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. MAGHOI (conversa) 29 de outubro de 2022 ás 21:14 (UTC)Responder

Imaxe(s) sen licenza e/ou orixe

editar

Ola MMariñas, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe:

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').

É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña copyright.

Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza:

Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{Cc-by-sa-4.0}}). Tes unha relación de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo clic sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.

En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?

¿Como incluír eses datos cando vas subir unha imaxe? No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon "Resumo". Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
  • Accede á foto.
  • Unha vez que accediches, fai clic na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{Cc-by-sa-4.0}}
  • Garda a páxina

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 29 de outubro de 2022 ás 21:30 (UTC)Responder

Posible conflito de intereses

editar

Ola MMariñas. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 29 de outubro de 2022 ás 21:33 (UTC)Responder

Luísa Crestar

editar

Ola!

Quería facerche unha consulta ligada con Betanzos. Por casualidade saberás a data exacta de nacemento de Luísa Crestar? Moitas grazas pola colaboración. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de febreiro de 2024 ás 21:18 (UTC)Responder

Pois vai ser complicado. Segundo os padróns municipais, hai uns nos que din que nace en 1906 e outros en 1907. Mais non temos a data exacta de nacemento. Teño que mirar con calma a ver se atopo outra documentación no que poida constar a data exacta, senón habería que ir ao Rexistro Civil ou ao parroquial onde fora bautizada..e xa é máis rollo. Saúdos MMariñas (conversa) 9 de febreiro de 2024 ás 08:31 (UTC)Responder

Parque do Pasatempo

editar

Ola MMariñas. Primeiramente agradecer as túas edicións nos artigos relacionados co Parque do Pasatempo que fun bosquexando, agradeceríache se puideses engadir as referencias, por exemplo, no artigo do Estanque da Gruta, citando o libro ou libros dos que sae a información e a páxina na que aparece, para iso podes empregar o formato de cita Harvard (un exemplo pode ser a referencia número 3 do artigo do León Colosal, pero se tes algunha dúbida podes consultarme.

Respecto o artigo do parque en si, está co marcador "en uso", isto quere dicid que outros usuarios non o deben editar para evitar conflitos de edicións, desta volta non pasou iso, pero agradeceríache que non editaras o artigo mentres estea a traballar nel, xa que para min é máis complicado traballar nel se teño que revisar as túas edicións. Por suposto agradezo todas as túas achegas, e podes escribirme sempre que encontres algunha cousa que non sexa correcta ou que se deba matizar. O artigo está polo momento nunha fase inicial, nos próximos días tentarei ir engadindo información dos artigos do Anuario Brigantino e do libro «El Pasatiempo». O capricho dun indiano que teño na casa. A idea é poder presentar o artigo a votación para artigo de calidade ou como mínimo a artigo bo e que saia algún día na portada, así que agradezo o teu seguemento e, se che parece ben pedireiche a túa revisión e opinión cando pense en propoñelo. Graciñas, un saúdo! Piquito (conversa) 13 de xullo de 2024 ás 18:45 (UTC)Responder

Desculpa, non sabía o de "en uso". Eu son Ángel Arcay, un dos autores do libro El Parque del Pasatiempo de Betanzos, que fixen con varios compañeiros da Asociación de Amigos do Parque. Dende 2017 estamos intentando dar a coñecer o xardín, do que só se sabía o que aparecía no Capricho e un par de cousas máis, moi desactualizadas, por iso pensamos que é un erro volver sobre teorías erradas como son as que presenta Crespí no Anuario.
Irei engadindo as citas exactas seguindo o modelo Harvard. No propio libro temos un apartado final no que explicamos unha a unha todas as partes do parque cas súas características, simboloxía, inspiración, historia...pero non teño tempo para volcar todo iso aquí, xa que estamos falando de máis de cen pezas explicadas unha a unha.
Tentarei revisar o que subas, pero diríache que te fiases máis do que aparece no blog do Parque do Pasatempo que en artigos resesos do Anuario. Hai artigos nesa revista de membros da Asociación (Yosune Duo, Sara Fraga, Daniel Lucas Teijeiro ou os meus) que teñen certo sustento e penso que son máis fiables. MMariñas (conversa) 14 de xullo de 2024 ás 08:49 (UTC)Responder
Grazas, como saberás, para facernos unha idea ampla sobre o parque é bo presentar todas as teorías que foron saíndo e que dun xeito ou doutro contribuíron a saber o que hoxe en día se sabe sobre o parque, polo que tamén merecen respecto, de todos os xeitos xa te indiquei que o artigo está nunha fase inicial.
Noutra orde de cousas, debes ler a páxina Wikipedia:Conflito de intereses, xa que incumpriches varios puntos desa política, en especial un moi importante sobre as autobiografías (deberías ler tamén Wikipedia:O que a Wikipedia non é), nestas páxinas atoparás información útil sobre, entre outras cousas, as referencias a partir de obras propias. Debido ao evidente conflito de intereses respecto da creación da túa autobiografía propuxen o borrado do artigo que fala sobre a túa persoa, xa que o feito de que as peroas usuarias da Galipedia realicen edicións que poden ser entendidas como "autobombo" pode ser moi prexudicial para a imaxe do proxecto (aproveito tamén para dicirche que fixen a mesma operación na Wikipedia en lingua castelá).
Calquera pregunta que teñas podes contactar comigo sen problema, un saúdo, Piquito (conversa) 14 de xullo de 2024 ás 21:53 (UTC)Responder
Nunca son partidiario do autobombo porque non teño tanto amor propio jajajja
No caso do Pasatempo é especialmente sangrante porque si que dende uns anos atrás se está intentando estudar o conxunto do xardín e loitar contra "historias oficiais" que xa se demostraron que non tiñan ningún sentido. Un dos moitos exemplos cos que nos atopamos nestes anos: se o Pasatempo se destruíu na Guerra Civil como é que temos fotos de 1947 no que o parque está practicamente completo?
Moito ánimo co traballo, eu dende logo non volverei a editar nada para que non pensedes que é autobombo. Só espero que a información estea a altura.
Saúdos, MMariñas (conversa) 15 de xullo de 2024 ás 10:09 (UTC)Responder
Ola, @MMariñas. Son un dos administradores da Galipedia. Efectivamente, unha das normas relevantes da Galipedia é o do posible "conflito de intereses" no sentido de que non é admisible que un mesmo faga ou edite o seu propio artigo. Entendo que pode parecer algo raro se a información é certa pero é, que nas nosas normas, e secundario que o artigo sexa perfectamente veraz e válido, pois é unha incompatibilidade grande para garantir, na medida do posible a obxectividade do proxecto; e ten razón o usuario @Piquito cando pide que se borre o artigo que fai referencia á túa persoa.
Póren, outra cousa é que, evidentemente, podes seguir editando outros artigos e se estás interesado en mellorar os artigos sobre o parque ou sobre Betanzos, ou mesmo crear outros novos, pois será estupendo. Neste sentido, chámote a que, se segues interesado no proxecto, continues editando naquelas áreas do teu interese. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 15 de xullo de 2024 ás 19:15 (UTC)Responder