Abrir o menú principal

Conversa usuario:Loischantada

Benvido á Galipedia, Loischantada!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 08:16, 9 de setembro de 2011 (UTC)

Lois, tes WLM2011 dispoñible en galego en http://www.wikilm.es/gl/
Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 14:38, 9 de setembro de 2011 (UTC)

RebenvidoEditar

Boas, eu tamén quero darche a benvida á Galipedia, e agradecerche o teu traballo coa lista de monumentos de Lugo. Si tes calquera dúbida co proxecto WLM podes contactar comigo na miña páxina de usuario.

Por certo, como es un usuario novo ó mellor non te enteraches de mañá, sábado 17, imos facer un encontro para falar de cousas relacionadas coa Galipedia e unha Xornada aberta cun obradoiro de edición para toda a xente interesada en Santiago, na Cidade da Cultura. Se che interesa tes máis información en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Galencontro_2011. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:59, 16 de setembro de 2011 (UTC)

Moitas grazas pola rebenvidaEditar

Xa teño me fixara no aviso do encontro, pero creo que aínda estou un pouco verde e quédame bastante por ler. Tamén me coincide con outros proxectos nos que participo, a ver se na próxima.

O dito, moitas grazas e un saúdo

--Loischantada 10:10, 16 de setembro de 2011 (UTC)

Moi ben, perfecto. Só un detalle, para responder ás cousas que che poñen na túa páxina de conversa tes que escribila na páxina de conversa do usuario que che deixou a mensaxe. É un pequeno lío mentras non te afás :), pero é a forma que ten o sistema wiki para que lle aparezan os avisos de Tes unha nova mensaxe ós usuarios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:33, 16 de setembro de 2011 (UTC)
A mandar!, e pouco a pouco :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:48, 16 de setembro de 2011 (UTC)

Arriba!Editar

Ola, Lois! Acabo de mirar que creaches o artigo de homónimos Arriba; anímaste a completar con outros artigos (xa sexan topónimos ou non) que inclúen ese termo? Aquí podes atopar outros artigos existentes que poden ser mencionados.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de decembro de 2012 ás 16:47 (UTC)

PropostaEditar

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:26 (UTC)

Fotos de parroquiasEditar

Boas Lois! Mira, viña facerche unha petición se che é posible. Resulta que temos unha páxina para conseguir fotos de todas as parroquias de Galicia, aquí, e como podes ver a provincia de Lugo, xunto coa de Ourense, está bastante deixada. O que quería saber é se ti terías fotos das parroquias do concello de Chantada que faltan, ou se terías posibilidade de achegarte ata elas e tirarlles algunhas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 10:17 (UTC)

WikiEncontro Porto, PortugalEditar

Bos días excelentísimo usuario Loischantada. No día 7/14 de agosto de 2016 na cidade do Porto (Portugal) vai haber unha reunión de Wikipedistas e queriache convidar e saber se gústariache participar; se coñeces outros colaboradores da Galipedia tamén son benvid@s! Se estiveres interesado dín na miña conversa na Wikipedia en Portugués. Se estiveres interesado manifesta a túa opinión aqui. Grazas pola súa atención, Defensor da Língua   (Fala!) 26 de xullo de 2016 ás 08:55 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Loischantada".