Benvido(a) á Galipedia, José Manuel Veiga Pose!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 10 de outubro de 2016 ás 16:58 (UTC)Responder

Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 10 de outubro de 2016 ás 16:58 (UTC)Responder

Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. Banjo tell me 15 de outubro de 2016 ás 14:31 (UTC)Responder

Por favor, deixa de facer edicións non construtivas na Wikipedia. Semella que as túas edicións poden constituír vandalismo e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 15 de outubro de 2016 ás 14:35 (UTC)Responder

Vandalismo e bloqueo editar

Ola, José Manuel. Non podes eliminar contidos sen motivo. En vista de que xa recibiches múltiples avisos, procedín a bloquearte durante 24 horas. Espero que, pasado ese tempo, regreses con azos renovados e máis construtivos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2016 ás 15:03 (UTC)Responder

Nomenclátor editar

Ola, José Manuel. Para os artigos sobre parroquias e lugares de Galicia, Na Galipedia séguese o criterio do Nomenclátor de Galicia, o corpus oficial da Xunta de Galicia. Se atopas erros nel, é boa cousa que te dirixas ao organismo para que os corrixan, mais na Galipedia debemos cinguirnos ás fontes oficiais. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de outubro de 2016 ás 15:57 (UTC)Responder

Prezado José Manuel: é importante que distingas entre a toponimia oficial e as denominacións populares. A toponimia oficial está á marxe de variedades dialectais (gheada ou seseo, por exemplo) ou outros fenómenos fonéticos, (epéntese ou aférese, por exemplo). É por iso que é Cee e non , ou A Coruña e non A Cruña. As denominacións populares existen, pero o criterio da Galipedia é rexerse polo Nomenclátor oficial, do mesmo modo que existen variedades lingüísticas, mais a Galipedia réxese polas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Se o Dicionario da Real Academia Galega non recolle un termo que usas, podes facer suxestións para que o inclúan. Do mesmo modo, se observas que o Nomenclátor non recolle todos os lugares ou a denominación dos mesmos é incorrecta, ponte en contacto cos administradores do Nomenclátor para que realicen as modificacións oportunas. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de outubro de 2016 ás 14:37 (UTC)Responder

Eliminar contidos editar

Ola, José Manuel. Por favor, non sigas mudando os topónimos, como acabas de facer[1]. Se persistes, pode ser entendido como vandalismo e polo tanto como motivo de expulsión. Se tes dúbidas, pregunta. --Atobar (conversa comigo) 16 de outubro de 2016 ás 09:28 (UTC)Responder